Antonio Fernández Pombo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1942 ![]() Guillén, España ![]() |
![]() | |
1981 – 2007 ← Gerardo Pardo de Vera – Manuel Martínez Núñez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político, construtor ![]() |
Antonio Fernández Pombo, nado en Guillén (Becerreá) o 25 de abril de 1942, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 13 anos foi vivir a Becerreá para aprender o oficio de carpinteiro, e de novo tamén traballou de albanel. Foi capataz nunha empresa da familia Rosón e de 1976 a 1991 tivo a súa propia empresa de construción. Nas primeiras eleccións democráticas foi na candidatura de Coalición Democrática encabezada por Gerardo Pardo de Vera e foi elixido concelleiro. Logo da dimisión de Pardo de Vera, foi elixido alcalde de Becerreá en 1981. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde en 1987 por Alianza Popular, 1991 polo Partido Popular e novamente por este partido en 1995, 1999 e 2003. Foi deputado provincial.
Predecesor: Gerardo Pardo de Vera |
![]() Alcalde de Becerreá 1981 - 2007 |
Sucesor: Manuel Martínez Núñez |