Gerardo Pardo de Vera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1942 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
1979 – 1981 ← Manuel Rodríguez Valiño – Antonio Fernández Pombo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político ![]() |
Partido político | Alianza Popular ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Luisa Posada ![]() |
Fillos | Ana Pardo de Vera, Isabel Pardo de Vera ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un avogado, escritor e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde seu pai Manuel exerceu de notario, e pasaba os veráns na Casa de Ribas, en Cadoalla (Becerreá).[2] Fixo cursos de dereito en Madrid e Valladolid, onde chegou a tocar a batería no grupo Hamstrong.[3] Colaborou en La Noche e El Correo Gallego. Instalouse en Lugo no ano 1971.
Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Becerreá por Coalición Democrática. Foi tamén deputado provincial. En 1981 tivo un enfrontamento con Manuel Fraga e foi expedientado, deixando o cargo de alcalde.[4] Foi o primeiro presidente da Asociación do Camiño Primitivo. Colaborou en El Progreso e La Voz de Galicia, onde exerceu como cronista parlamentario.
Obra
[editar | editar a fonte]É autor das obras (inéditas):
- Valle-Inclán: o home e o mito.
- Voltaire, la razón pertinaz.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ana Luisa Posada e foron pais de Ana e Isabel Pardo de Vera.
Predecesor: Manuel Rodríguez Valiño |
![]() Alcalde de Becerreá 1979 - 1981 |
Sucesor: Antonio Fernández Pombo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Lázare (6 de febreiro de 2010). "«A figura humana de Valle Inclán é tamén, para min, xigantesca pola súa honradez»". La Voz de Galicia.
- ↑ Suso Varela (25 de novembro de 2021). "Esta es la casa del señor de Ribas". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Antón Grande (12 de maio de 2019). "«En la Plaza de Santo Domingo inicié mi afición a la bicicleta»". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Ernesto Sánchez Pombo (21 de novembro de 1981). "AP expulsa a un alcalde por favorecer a UCD". El País (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Pardo de Vera y Díaz, Xerardo Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, ficha en galegos.info