Antonio Fernández Salcedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1880 ![]() Lambayeque, Perú ![]() |
Morte | 3 de agosto de 1968 ![]() Ribeira, España ![]() |
![]() | |
1936 – 1936 ← José Fernández Bermúdez – José Pérez Martínez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Ramón Fernández Sarasquete ![]() |
Antonio Fernández Salcedo, nado en Lambayeque (Perú) o 1 de febreiro de 1880 e finado en Ribeira o 3 de agosto de 1968,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes galegos no Perú que retornaron e instaláronse en Ribeira. Foi comerciante en Ribeira. Nos anos vinte era presidente da sociedade La Necesaria.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde Pública, e permaneceu uns meses no cargo ata o nomeamento de José Pérez Martínez como alcalde.
Predecesor: José Fernández Bermúdez |
![]() Alcalde de Ribeira 1936 |
Sucesor: José Pérez Martínez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Fernández Fernández e Cristina Salcedo Rodríguez, ambos da localidade pontevedresa das Vides e emigrantes no Perú. Casou en 1904 en Ribeira con Manuela Sarasquete Otero, e tiveron catro fillos: Antonio, Lucrecio, Ramón (xogador do Deportivo da Coruña) e María Dolores Fernández Sarasquete.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Genealogía Sarasquete
- ↑ El Orzán, 17-3-1920, p. 1.