José Fernández Bermúdez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1892 ![]() Rois, España ![]() |
Morte | 6 de febreiro de 1961 ![]() Ribeira, España ![]() |
![]() | |
1933 – 1936 (destitución) ← Ramón Baltar Cardona – Antonio Fernández Salcedo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político ![]() |
![]() |
José Fernández Bermúdez, nado en Rois cara a 1892 e finado en Ribeira o 6 de febreiro de 1961,[1] foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado en Ribeira, era propietario dun almacén de sal. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro e posteriormente primeiro tenente de alcalde. En 1933 foi elixido alcalde de Ribeira, permanecendo no cargo até 1936. Foi nomeado membro da xestora da Deputación da Coruña en decembro de 1935.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi deposto como alcalde, detido polo capitán Saavedra e trasladado a Boisaca, onde estivo unha semana. O apoio das súas amizades permitiulle lograr un permiso que aproveitou para marchar a Portugal onde permaneceu durante un ano, ata que as autoridades franquistas decretaron unha amnistía para os republicanos sen delitos de sangue. Inculpado na Causa militar instruída en Santiago de Compostela por rebelión que finalmente foi sobresida. Marchou ao exilio. Retornou a Ribeira, onde seguiu cos seus negocios nos anos cincuenta.
Predecesor: Ramón Baltar Cardona |
![]() Alcalde de Ribeira 1933 - 1936 |
Sucesor: Antonio Fernández Salcedo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Juana Sampedro Vidal e foi pai de Juana, José, Cándido, María Luz, María Teresa e Ángel Fernández Sampedro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Noche, 6-2-1961, p. 2
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-12-1935, p. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bravo Cores, Daniel M. (2000). Riveira, alcaldes para un siglo (1860-1975). A Pobra do Caramiñal. ISBN 84-607-1245-1.