Saltar ao contido

Antonio Gómez Requejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Gómez Requejo
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista Editar o valor en Wikidata

Antonio Gómez Requejo, nado en Ourense o 14 de decembro de 1870[1] e finado en Madrid en febreiro de 1965, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do encadernador de Ourense Eduardo Gómez e Dominga Requejo de Mirayo. Foi mestre en Becerreá dende 1897 e foi elixido presidente da comisión promotora da asociación de mestres de Becerreá en 1900.[2] Despois pasou a Láncara, e dende 1910 de Sarria.[3] Foi presidente da asociación de mestres da provincia de Lugo e fundou e dirixiu o periódico profesional La Unión del Magisterio. Trasladouse a Madrid en 1930, e foi mestre do Grupo escolar Concepción Arenal.[4] Finou en Madrid en febreiro de 1965.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Pilar Amparo Rodríguez Iglesias en 1894,[6] e foi pai de Maria de la Epifanía, María Gloría, Eduardo Antonio, María Raquel, José e María del Carmen Gómez Rodríguez.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 34. 
  2. La Idea Moderna, 15-9-1900, p. 2.
  3. La Región, 8-3-1910, p. 3.
  4. La Voz de la Verdad, 9-9-1930, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 28-2-1965, p. 12.
  6. La Tierra Gallega, 2-9-1894, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]