Saltar ao contido

La Unión del Magisterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Unión del Magisterio
Remata1926
Lingualingua castelá
LocalidadeSarria
editar datos en Wikidata ]

La Unión del Magisterio foi un periódico publicado en Sarria entre 1907 e 1926.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Semanario profesional órgano da Asociación do Maxisterio da provincia de Lugo, apareceu en 1907. Fundado e dirixido por Antonio Gómez Requejo ata 1917. Despois foron directores Carlos Varela López, substituído por Leopoldo Rivas en 1918.[1] En 1924 pasou a dirixilo o presidente da asociación Manuel López Gutiérrez.[2] Entre os seus colaboradores figurou Luís Soto Menor. Suspendeu provisionalmente a súa publicación en abril de 1917.[3] A Asociación provincial do Maxisterio acordou a sua suspensión "por non responder ás necesidades societarias" en xullo de 1926.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP Lugo, 8-1-1920, p 1-2.
  2. La Voz de la Verdad, 23-12-1924, p. 3.
  3. La Voz de la Verdad, 17-4-1917, p. 2.
  4. El Regional, 20-7-1926, p. 4.