Antonio Iglesias (político)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 ![]() Lobeira, España ![]() |
![]() | |
2015 – ← Emilio Higuero Cardoso ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Antonio Iglesias Álvarez, nado en Lobeira en 1958[1], é un político e empresario galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro do PPdeG en Lobeira dende 1999[2], foi primeiro tenente de alcalde con Emilio Higuero Cardoso. Foi designado candidato á alcaldía para as eleccións municipais de 2015 pola dirección provincial do partido en detrimento de Higuero Cardoso[3], o cal encabezou unha candidatura independente. Finalmente, foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2019 e 2023 revalidou a alcaldía, novamente con maioría absoluta.
Predecesor: Emilio Higuero Cardoso |
![]() Alcalde de Lobeira 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |