Antonio Manuel Chaves Cuiñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1959 ![]() Cambados, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() ![]() |
Antonio Manuel Chaves Cuiñas, nado en Cambados o 10 de xullo de 1959, é un escritor galego residente en Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado como Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela, publicou traballos e ilustracións de contido diverso, como Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra. Ademais foi secretario e colaborador da Revista Universitaria de Cultura Coordenadas, en Santiago de Compostela, e colaborador e membro da redacción da Revista de Ciencia, Arte y Pensamiento Congostra, editada en Vigo pola Asociación Cultural Zeca Afonso.
Tamén participou en recitais poéticos e encontros literarios con figuras coma Rafael Alberti, Carlos Oroza, Arturo Cuadrado, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Manuel Cuña Novás, Xulio Valcárcel e Manuel Lueiro Rey.
En 1990 realizou as ilustracións e escribiu o epílogo do libro Vigo en tres paisajes, o derradeiro de Manuel Lueiro Rey en vida.
No 1996 promoveu o premio xornalístico Enrique H. Botana, que na súa primeira edición foille concedido coma título póstumo a Segundo Mariño Vázquez.
Chaves está especializado no mundo da infancia, a xuventude, o xogo e o xoguete. É presidente da Fundación Raquel Chaves. Entre 1997 e 2006 foi director e coordinador do Museo Castellano-Manchego del Juguete, situado na localidade toledana de Mohedas de la Jara. Desde o 2006 coordina o MuGaIn (Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete) en Vigo.
Obra
[editar | editar a fonte]- Reliquias del Vaciamiento (1978)
- La UGT de Vigo. Una aproximación histórica (1ª edición en 1998, 2ª no 2006)
- Resol de ensueños para Arturo Cuadrado (2004)
- Mar azul, Cielo azul, Blanca vela (2007)
Colaborou en
[editar | editar a fonte]- Poesía Galega Actual (1980)
- Concurso Nacional de Poesía “O FACHO” (1978-1989) (1990)
- Vigo en tres paisajes (1990)
- Arturo Cuadrado. A fantasía dun pobo (1999)
- Los Museos del Juguete y la Infancia a finales del siglo XX (1999)
- Homenaxe a Luis Seoane. O Grove, Abril 1980 (2001)
- El Juguete Español del Siglo XX. 100 años de Entretenimiento y Aprendizaje (2001)
- El Exilio de los Niños (2003)
- Payá. 1905-2005. Cien años de juguetes en la Comunidad Valenciana (2005)