Saltar ao contido

Antonio Manuel García Yáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Manuel García Yáñez
Biografía
Nacemento9 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Ares, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Valladolid
  Celta de Vigo

Antonio Manuel García Yáñez, nado en Ares o 9 de maio de 1948, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras xogar na SD Compostela ficha polo Celta de Vigo na tempada 1971/72 recentemente clasificado para disputar a Copa da UEFA, dado o bo momento do equipo vigués e a xuventude do defensa non contou con oportunidades no primeiro ano.

Ao ano seguinte co cambio de adestrador contou con algún minuto co primeiro equipo pero non pasou de convocatorias esporádicas. Ao rematar esa tempada fichou polo Real Valladolid da Segunda División, onde tampouco contou con moitas oportunidades.