Pedro Gost Sastre
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1946 (79 anos) Sa Pobla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1966 - 1983 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Pedro Gost Sastre, nado en Sa Pobla (Illas Baleares) o 18 de xaneiro de 1946 foi un futbolista balear que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Albanel de profesión debutou con 17 anos no primeiro equipo do Poblense. Fichou polo RCD Mallorca na tempada 1967/68, converténdose en titular ao ano seguinte cando o equipo conseguiu o ascenso a Primeira División
Xogou na máxima categoría unha tempada e fichou polo Celta de Vigo antes de comezar a tempada 1970/71 xunto ao centrocampista Robles.
Debutou en Balaídos ante o Sporting de Gijón no primeiro encontro da tempada e xogou os 30 encontros de Liga, sendo o porteiro menos goleado despois de Abelardo, do Valencia CF. O equipo coñecido no momento coma o Tumbaxigantes rematou 6º, clasificándose por primeira vez na súa historia para a Copa da UEFA.
Nesta época foi convocado dúas veces pola Selección española de fútbol, porén non chegou a debutar ao ser o suplente de Iríbar (Athletic de Bilbao) e Miguel Reina (FC Barcelona).
Ao ano seguinte foi o porteiro titular do debut do Celta en competición europea, fronte o Aberdeen escocés, o 15 de setembro de 1971, converténdose no primeiro futbolista mallorquino en participar en competición europea. Porén nin o Celta nin Gost tiveron sorte, xa que o equipo perdeu 2-0 e o gardameta lesionouse de gravidade, co que quedou sen xogar no que restaba de tempada.
A tempada 1972/73 foi a última de Gost no Celta. So xogou dous encontros xa que o adestrador arxentino do equipo, Pedro Dellacha preferiu confiar en Alarcia. Ao rematar a competición volve a Mallorca e ficha polo Club Esportiu Constància d'Inca.
Finalmente retirouse xogando no Poblense aos trinta e oito anos de idade.