Antonio Platas Tasende
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1939 (84/85 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Familia | |
Pai | Antonio Platas Reinoso |
Antonio Platas Tasende, nado en Santiago de Compostela en 1939, é un avogado galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Platas Reinoso, un mestre represaliado despois da Guerra Civil e de Consuelo Tasende Fachal, unha practicante e comadroa,[1] criouse en Baio e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a traballar como avogado ambulante en Baio en 1963 e na década dos setenta mudouse á Coruña, onde se estableceu profesionalmente. En 2010 foi elixido decano do Colexio Provincial de Avogados da Coruña.
É académico da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación desde 2012.
Foi elixido polos seus propios compañeiros Presidente do Consello da Avogacía Galega.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Cruz de San Reimundo de Peñafort.
- Medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega en 2012.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Una vida dedicada a la abogacía, La Opinión de A Coruña, 28/4/2013.
- ↑ "Antonio Platas Tasende, medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega", La Voz de Galicia, Carballo, 29-6-2012, p. L14.