Antonio Prieto Puga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Xunqueira de Ambía, España |
Morte | 12 de febreiro de 1886 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Antonio Prieto Puga, nado en Xunqueira de Ambía e finado na Coruña o 12 de febreiro de 1886, foi un comerciante e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Emeterio Prieto Rivas. Republicano e masón. Foi nomeado secretario do goberno civil da Coruña en 1873[2] e gobernador civil da Coruña en 1874. Foi concelleiro da Coruña. Canda Juan Fernández Latorre e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-2-1886, p. 1.
- ↑ La Gacetilla de Santiago, 19-3-1873, p. 2.