Antonio Puerta
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Antonio José Puerta Pérez 25 de novembro de 1984 Sevilla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 28 de agosto de 2007 (22 anos) Sevilla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | cemiterio de San Fernando en Sevilla | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Puerta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 16 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Antonio José Puerta Pérez, nado o 26 de novembro de 1984 en Sevilla e finado o 28 de agosto de 2007 na mesma cidade, foi un xogador de fútbol español. Xogaba de defensa e o seu primeiro e único equipo foi o Sevilla FC. Foi internacional coa selección española.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Formado nas categorías inferiores do Sevilla FC, coincidiu na canteira sevilllista con futbolistas como Sergio Ramos, Jesús Navas ou Kepa Blanco. Debutou na primeira división española o 24 de marzo de 2004, nun encontro entre o Sevilla FC e o Málaga CF. Con todo, non se afianzou no primeiro equipo sevillista ata a tempada 2005/06. Ese ano converteu un gol na prórroga das semifinais da Copa da UEFA contra o Schalke 04, que meteu o seu equipo na primeira final desta competición e que acabaría gañando ao imporse ao Middlesbrough FC por 4-0. Convocado como suplente, disputou os últimos catro minutos da final.
Á seguinte tempada conquistou co Sevilla a Supercopa de Europa, a Copa do Rei e novamente a Copa da UEFA. Puerta xogou nas tres finais e, na UEFA marcou o último lanzamento da quenda de penaltis, que lle deu o título ao seu equipo. Puerta chegou a ser internacional absoluto coa selección española nunha ocasión, o 7 de outubro de 2006 nun partido contra Suecia, clasificatorio para a Eurocopa de 2008. Antes de debutar coa selección absoluta, Puerta era asiduo nas convocatorias das categorías inferiores da selección de España.
En agosto de 2007 conseguiu o seu último título co Sevilla FC, ao obter a Supercopa vencendo ao Real Madrid nun dobre partido. Só unha semana despois, o 25 de agosto de 2007, no transcurso do partido entre Sevilla e o Xetafe, na primeira xornada de liga española, Puerta sufriu un desmaio como consecuencia dunha parada cardiorrespiratoria. Aos tres días, o 28 de agosto, falecía no Hospital Virgen del Rocío de Sevilla. A súa capela ardente instalouse no estadio do club, o Sánchez Pizjuán. Con carácter póstumo o Goberno de España concedeulle a Medalla ao Mérito Deportivo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa do Rei de fútbol | Sevilla Fútbol Club | España | 2007 |
Supercopa de España de Fútbol | Sevilla Fútbol Club | España | 2007 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Trofeo Antonio Puerta
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Trofeo Antonio Puerta.
En agosto de 2008, o Sevilla FC creou o Trofeo Antonio Puerta, obra do escultor Roberto Echevarría e o ourive Juan Borrero Campos. É unha peza no medio relevo e en prata de lei que representa o equipamento nervionense coa anatomía de Antonio Puerta e o seu dorsal ás costas. As cores utilizadas son o vermello veludo para o fondo e a prata simbolizando o branco da camiseta sevillista. Este trofeo dispútase antes do comezo da tempada, a finais de agosto, e substitúe ao tradicional partido de presentación que disputaba o Sevilla FC no seu estadio antes de comezar a tempada.
O 23 de agosto de 2008 disputouse o seu I edición no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, onde se enfrontaron o Sevilla FC e o Málaga CF, os equipos que disputaron o partido no que debutara Antonio Puerta en Primeira división. Antes do comezo do partido realizáronse unha serie de actos nos que se lle entregou a Aitor Puerta, fillo do xogador, o seu carné de socio e unha camiseta do Sevilla co seu nome. Tamén se proxectaron no videomarcador imaxes do xogador e xusto antes do partido gardouse un minuto de silencio.