Saltar ao contido

Antonio Rodríguez Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Rodríguez Salvador

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Sancti Spíritus, Cuba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, economista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticopoesia, narrativa, ensaio


Antonio Rodríguez Salvador, nado en Taguasco (Sancti Spíritus) o 22 de decembro de 1960, é un poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta cubano.

Economista de formación universitaria, profesor adxunto de Redacción e Estilo na Universidade José Martí, e de Dramaturxia na Universidade Pedagóxica Silverio Branco, de Sancti Spíritus. É considerado unha das voces sobresaientes da actual narrativa latinoamericana[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, Joaquín Antonio Rodríguez Castro, tamén foi escritor, e a súa obra, que mereceu o recoñecemento da crítica, foi recollida no libro de poemas Flor de campanillas, publicado en 1950, e en diversas antoloxías, entre estas a de 200 anos do soneto en Cuba.

Cursou os seus estudos secundarios e preuniversitarios nunha escola militar, e en 1983 graduouse de Licenciado en Economía pola Universidade Central de Las Villas. Destacouse no deporte: foi campión nacional universitario de xadrez en 1979, e obtivo o mellor resultado para un primeiro taboleiro no campionato nacional de primeira categoría de xadrez postal en 1985.

Desde 1987 ata 1995, foi director económico do máis importante combinado papeleiro de Cuba, e en 1990 realizou tarefas comerciais na Unión Soviética. De 1995 ata 1997 exerceu importantes funcións no primeiro nivel de dirección da Unión do Papel en Cuba, ata que nese último ano a súa novela Rolandos foi premiada en dous concursos convocados en España e entón decidiu abandonar a carreira de economía e dedicarse de maneira total á literatura. É membro da Unión de Escritores e Artistas de Cuba desde o ano 1993. De 1999 ata o ano 2002 foi director da Editorial Luminaria No ano 2000 foi distinguido coa condición de Personalidade da Cultura, e no ano 2005 foi recoñecido como Membro Ilustre da Asociación Irmáns Saiz, organización que agrupa aos escritores e artistas novos de Cuba. En 1997 recibiu o escudo da cidade de Rojales (provincia de Alacant).

Actualmente reside en Jatibonico (Sancti Spíritus).

Dono dunha limpeza lingüística que resume no ámbito da prosa as súas conquistas poéticas e un hálito mítico ao incursionar (valorativa, incisivamente) na realidade, a súa narrativa propón variantes interesantes dentro da tendencia da fabulación, maduras en tanto significan a consolidación dun “modus operandi” ben personalizado en torno a certas zonas temáticas abordadas por outros creadores desta tendencia. O absurdo é visto como un detalle máis da vida “real” que transcorre dentro da obra, en estreita interdependencia cun modo filosófico-burlesco de asumir esa vida; non aparece como un dato de asombro ou estupefacción ou medo (característica bastante común noutros cultivadores desta modalidade) senón como parte dese todo que se narra en igualdade de condicións [3]

Publicou os seguintes libros:

  • Oficio de caminante (poesía) Editorial Capitán San Luís, A Habana, 1991.
  • Quiero que me dasanudes (poesía) Editorial Luminaria, Sancti Spíritus, 1992
  • En un sombrero de mago (poesía) Editorial Luminaria, Sancti Spíritus, 1993.
  • Hágase un solitario (conto) Premio Fundación de la Ciudad de Santa Clara. Editorial Capiro, Santa Clara, 1996
  • Rolandos (novela) (Premio Internacional de Novela “Salvador García Aguilar”, Rojales, Alacant. Olalla Ediciones, Madrid, 1997; Editorial Letras Cubanas, A Habana, 1998; Editorial Caminho]][1], Lisboa, 2000.
  • Sueño a cuatro manos (novela) Editorial Globo, Tenerife, 2002.
  • Espejo del solitario (poesía) Editorial Luminaria, Sancti Spíritus, 2002.
  • Pato de bodas (teatro para nenos) Editorial Luminaria, Sancti Spíritus, 2005.

Obras súas aparecen recollidas en numerosas antoloxías publicadas en diversos países. As máis representativas son:

  • Líneas aéreas. Narradores latinoamericanos. Editorial Lengua de Trapo, Madrid, 1999.
  • De Cuba te cuento. Narradores cubanos. Editorial Plaza Mayor, Porto Rico, 2002.
  • Que caí bajo la noche (poesía). 200 anos de décima erótica en Cuba. Editorial Ávila, Cego de Ávila, 2004.

As súas crónicas e ensaios, algúns deles premiados en importantes concursos, aparecen publicados regularmente na súa Columna de Autor "Fe de erratas" de CubaLiteraria, o Portal da Literatura Cubana.

  1. Líneas Aéreas. Antología del cuento Latinoamericano. Editorial Lengua de Trapo, Madrid, España, 1998. En: Prólogo do Dr. Eduardo Becerra, Universidade Autónoma de Madrid.
  2. Le monde caraïbe: défis et dynamiques. Visions identitaires, diasporas, configurations culturelles. Actes du colloque international. Publications de la Maison des Sciences de l'Homme d'Aquitaine, Francia, 2005. Sous la direction de Christian Lerat. Université Michel de Montaigne Bordeos 3.
  3. Amir Valle, Brevísimas demencias. Ensayo sobre la narrativa cubana de los 90. Editorial Extramuros, A Habana, Cuba, 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]