Saltar ao contido

Antonio Gómez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Santiago Gómez Fernández»)
Antonio Gómez
Información persoal
Nome Antonio Santiago Gómez Fernández
Nacemento 13 de xullo de 1957
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,81 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Areosa
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1976 Gran Peña
1976–1984 Celta de Vigo 142 (4)
1978–1979Zaragoza (cedido) 2 (0)
1984–1985 Cartagena 10 (0)
1985–1986 Arousa 5 (0)
Selección nacional
1976 España sub-21 1 (0)
Adestrador
1986–1987 Areosa
1987–1988 Xuvenil de Ponteareas
1988–1993 Celta de Vigo B
1993–1996 Pontevedra
1996–1998 Numancia
1998–1999 Valladolid B
2000–2001 Cultural Leonesa
2002–2003 Ourense
2004 Benidorm
2006–2007 Cultural Leonesa
2007–2009 Choco
2010 Céltiga
2010–2011 Murcia B
2011–2012 Porriño Industrial
2012–2013 Coruxo
2015 Al Wahda
2015–2016 Mérida
2017–2018 Gran Peña
2019– Gondomar
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Santiago Gómez Fernández, máis coñecido como Antonio Gómez, nado en Vigo o 13 de xullo de, 1957, é un adestrador e exfutbolista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Tras comezar no Areosa e xogar no Gran Peña,[1] subiu ao Celta de Vigo en 1976 xunto co gardameta Alemany. Debutou en Primeira División o 17 de outubro contra o Real Betis no Benito Villamarín. Disputou 27 partidos co Celta esa tempada, na que o equipo acabou baixando a Segunda, e formou parte do equipo que logrou o ascenso na campaña seguinte. Ao remate desta foi facer o servizo militar a Barbastro e mentres, foi cedido ao Zaragoza para a tempada 1978/79, máis só disputou dous partidos co club aragonés.[2] A continuación regresou a Vigo, permanecendo nas filas celestes ata 1984 e vivindo varios descensos e ascensos entre Primeira e Segunda B.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional nunha ocasión coa selección española sub-21, coa que disputou un encontro fronte a Iugoslavia no estadio Maksimir de Zagreb en 1976.[3]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Unha vez que colgou as botas, deu o salto aos bancos, aínda que xa levaba adestrando equipos infantís e xuvenís dende antes de debutar como futbolista profesional.[4] Adestrou o Areosa e en 1987 pasou ao Xuvenil de Ponteareas,[5] co que logrou o ascenso á Terceira División, e quedou subcampión da Copa Galicia.[6]

En 1988 volveu ao Celta para coller as rendas do filial, o Turista, co que acabou campión da Rexional Preferente, ascendendo tamén a este equipo a Terceira, por primeira vez na historia do equipo. Continuou tres campañas máis no filial céltico, logrando ascender a Segunda B na tempada 1992/93.

No verán de 1993 asinou co Pontevedra CF, de Segunda B, onde permaneceu dúas tempadas e media, clasificando o equipo para unha promoción de ascenso na segunda delas.

En decembro de 1996 substituíu a Javier Yepes no CD Numancia, conseguindo ascender o equipo soriano ata a Segunda división, máis foi cesado en febreiro de 1998. A continuación adestrou a catro equipos da Segunda B: Valladolid Promesas, Cultural Leonesa (dúas veces), Ourense e Benidorm.

Entre 2007 e 2010 adestrou en Rexional Preferente, primeiro no Choco e despois no Céltiga. En 2010 foi contratado polo Real Murcia para dirixir o filial en Terceira. En 2011 converteuse no adestrador do Porriño Industrial, na Primeira Autonómica.

En xuño de 2012, os dirixentes do Coruxo oficializaron a contratación como novo adestrador do equipo verde para a tempada 2012/13 de Segunda B, sucedendo a Josiño Abalde.[7][8] O 23 de outubro de 2013 foi destituído, sendo substituído por Rafa Sáez.[9] O 26 de decembro de 2015 uniuse á AD Mérida como novo adestrador tras a destitución de Ángel Luis Alcázar.

O 22 de xuño de 2017 pasou a adestrar o Gran Peña, que durante a tempada 2017/18 competiu na primeira autonómica.[10] O 6 de novembro de 2019, o Gondomar CF anunciou a súa fichaxe.[11]

  1. "Celta y Turista saldrán a escena el sábado en el campo municipal de Balaidos". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 22 de xullo de 1988. p. 57. 
  2. "Gómez, del Celta, cedido al Zaragoza". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 1978. p. 41. 
  3. "Los sub-21, goleados en Zagreb". El País (en castelán). 10 de outubro de 1976. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  4. "Habla el céltico Gómez". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 1977. p. 34. 
  5. "Antonio Gómez, al Xuvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 26 de xullo de 1987. p. 39. 
  6. "Tomiño-Xuvenil, primer partido de la final de la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 17 de xuño de 1988. p. 56. 
  7. "Antonio Gómez entrenará al Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xuño de 2012. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  8. "CORUXO OFICIALIZA CONTRATACIÓN DE GÓMEZ" (en castelán). 7 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  9. "Antonio Gómez, destituido como técnico del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 22 de outubro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  10. "Antonio Gómez entrenará al Gran Peña el próximo curso". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2017. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  11. "Antonio Gómez, nuevo entrenador del Gondomar CF" (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]