Copa Galicia de fútbol
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Real Federación Galega de Fútbol |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1936 – 1989 |
A Copa Galicia de fútbol foi unha competición deportiva oficial organizada pola Federación Galega de Fútbol que enfrontaba os clubs de fútbol galegos. Foi xogada por primeira vez en 1936 e disputouse irregularmente ao longo do século XX con diferentes composicións, aínda que na maioría das edicións non participaron os equipos galegos que militaban nas divisións estatais máis altas (1ª e 2ª). En certas tempadas tamén se organizou a Copa Federación Galega de Fútbol.
Historia
[editar | editar a fonte]O precedente: o Campionato de Galicia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Campionato de Galicia de fútbol.
A comezos do século XX o Campionato de Galicia era a competición de maior importancia en Galiza. Neste torneo, ademais de estar en xogo o propio título de campión galego, tamén se pelexaba pola clasificación para a Copa de España. En 1929 inaugurouse a Liga española, mais os equipos que xogaban en divisións estatais continuaron a xogar tamén nesta competición, que dende a tempada 1919/20 contaba con dúas divisións (Serie A e Serie B) e dende 1923 cunha terceira (Serie C), habendo ascensos e descensos entre cada categoría. Ese campionato tivo a súa derradeira edición en 1939/40.
Copa Galicia
[editar | editar a fonte]Na tempada 1935/36, disputouse o Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, participando nel os equipos galegos do Celta, o Deportivo e mailo Unión Sporting. Tamén se disputou o Campionato de Galicia, sen a presenza dos tres equipos anteriores e situado xerarquicamente por debaixo do campionato interrexional, resultando gañador o Club Lemos.[1] Nese contexto, a Federación Galega de Fútbol decide organizar, tamén nesa mesma tempada, un torneo máis, a Copa Galicia,[2] na que toman parte tódolos equipos galegos de primeiro nivel, incluídos os tres do campionato interrexional. A final foi xogada polo Eiriña de Pontevedra e o Deportivo da Coruña. Gañaron os coruñeses 4–2 no partido de ida,[3] pero o cadro pontevedrés remontou cun 4–0 no partido de volta,[4] adxudicándose dese xeito o campionato. Na seguinte tempada, xa coa guerra civil iniciada, desaparece o campionato mancomunado e vólvese disputa-lo Campionato de Galicia con tódolos clubs galegos de maior nivel.
Coa volta do Campionato de Galicia no seu formato tradicional, a Copa Galicia non se volve disputar ata 1940, ano no que a FGF organiza con este nome un torneo de segunda categoría e reservas no que participan equipos da Serie B (que ao mesmo tempo tamén disputan dentro desta competición o Campionato de Galicia da súa clase), os equipos da Serie A que non participan na Liga —agás o Eiriña, que refusou participar[5]— e os equipos de reserva do Deportivo, Celta e Racing de Ferrol,[6][7] proclamándose campión o Compostela Sporting Club tras gaña-la final aos reservas do Celta.[8][9] Ese mesmo ano, a Real Federación Española de Fútbol decide suprimir tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia. Dende aquela, vanse organizar diversas edicións da Copa Galicia irregularmente ata os anos oitenta.
A FGF decide organizar unha nova edición da Copa Galicia en 1944, na que participan os equipos da Terceira División eliminados da competición oficial,[10] na que se proclama campioa a Ximnástica Lucense.[11] Dous anos despois, en 1946, convócase outra nova edición[12] na que si participan os equipos das divisións superiores, resultando campión o Deportivo da Coruña, que xogou a final contra o Celta. Os dous derbis da final remataron con idéntico resultado, empate 1–1.[13][14] Por causa disto, tivéronse que xogar outros dous partidos máis para saber cal sería o equipo campión. O primeiro deles foi gañado polo Deportivo cun contundente 4–0.[15] No partido de volta o Celta gañou por 4–3,[16][17] mais non foi suficiente para evita-la vitoria branquiazul no torneo.
En 1948, anúnciase unha nova edición,[18] pero finalmente é suspendida porque varios equipos renuncian a xogala.[19] Dous anos despois, en 1950, organízase outra nova edición do torneo.[20] O Deportivo da Coruña decidiu inscribirse co nome do seu equipo filial, o Deportivo Xuvenil,[21][22] aínda que realmente tamén participan xogadores do primeiro equipo —coma Tino, Franco ou Moll[21]—. Clasifícanse para a final o Deportivo Xuvenil, gañador da zona norte,[23][24] e mailo Celta de Vigo, gañador da zona sur.[25][24] Tras diversas renuncias do Celta, a FGF proclama campión ao Deportivo Xuvenil tres anos despois.[26]
Tamén en 1953, convócase unha nova edición da Copa Galicia, na que só participan o Pontevedra, o Marín, o Arousa e o Club Santiago—, xa que outros equipos non poden tomar parte dela[27] —no caso do Deportivo e do Celta, por estaren a disputa-la promoción pola permanencia na Primeira División—. O torneo é xogado en formato de liga, resultando campión o Arousa.[28]
A seguinte edición xógase en 1958, e nela participan equipos da Terceira División e da Serie A[29] —fórmula que se manterá durante as seguintes tempadas, agás en 1965—, chegando á final o Gran Peña e o Lugo. No primeiro partido gañan os vigueses por 2–0,[30] mais os lucenses dan remontado o resultado no partido de volta cun 4–2, facéndose preciso a disputa dun partido de desempate nun campo neutral.[31] O lugar escollido foi o estadio do Couto, en Ourense,[32] obtendo a vitoria o Gran Peña por 2–0.[33] En 1959 proclámase campión o Coruxo,[34] tras manter na súa casa a vantaxe que obtivera no primeiro encontro da final contra o Alondras.[35] No ano 1961, gaña o Marín e o subcampión é o Foz.[36] Ao ano seguinte, gaña a final o Couto ante o Turista nun partido de volta polémico,[37] despois de empataren primeiro no encontro de ida en Vigo.[38] Na edición de 1963, proclámase campión Bueu SD[39] despois de remontar ao Fabril a diferenza que colleitaran os coruñeses no partido de ida.[40] Na seguinte tempada, gañou o torneo o Club Lemos e rematou subcampión o Club Turista, tendo que xoga-la prórroga no partido de volta.[41]
En 1965, non poden tomar parte da competición os equipos da Serie A porque aínda están a disputa-lo campionato de liga da súa categoría, polo que a FGF decide invitar no seu lugar os equipos que militan na Primeira e Segunda División.[42] Chegan á final o Pontevedra e o Deportivo, gañando os herculinos 2–1 na ida e perdendo en Pasarón por un inapelable 5–0, nun partido de volta que fora adiado varias veces e finalmente se xogou en maio de 1966.[43]
Na edición de 1966, proclámase campioa a Sociedade Deportiva Compostela[44] fronte ao Coruxo, que gañara no partido de ida da final,[45] pero non puido evita-la remontada compostelá no partido de volta. En 1967, repite título o Compostela, desta volta gañando a final fronte ao Rápido de Bouzas, empatando na ida en Bouzas[46] e gañando no encontro de volta en Santiago.[47] Na seguinte tempada, o Rápido acada novamente a final, onde se encontra co Calvo Sotelo —nome do Club Deportivo As Pontes naquela altura, debido ó patrocinio da empresa homónima—, proclamándose campión o equipo pontés.[48] No torneo de 1969, o Bergantiños fíxose co campionato fronte ao Turista tras gañar fortemente no partido de ida da final[49] e impedi-la remontada viguesa no encontro de volta.[50]
En 1970 a competición non se chegou a disputar por non acadarse o número mínimo de participantes.[51] Ao ano seguinte a competición foi substituída por trofeos provinciais.[52]
En 1983, a FGF volve organiza-la Copa Galicia oficial cos equipos de Preferente[53] —estrutura que manterá durante as seguintes edicións—, proclamandose campión o San Tirso tras gañar por 3-2 ao Sporting Sada na final disputada en Riazor.[54] Na edición de 1984, recupérase a final a dobre partido, clasificándose gañador o Galicia de Mugardos tras vencer ao Sporting Sada por 1–0 na casa[55] e empatar fóra 0–0.[56] En 1985, proclámase campión o Bergantiños fronte ao Meirás CF de Ferrol.[57] No torneo de 1986 resulta gañador da final o Puebla CF da Pobra do Caramiñal tras vencer ao CD Baio por 2–1 na ida[58] e 0–2 na volta.[59][60] En 1987, gaña a final o Racing Vilalbés fronte á SD Juvenil de Ponteareas, con resultados de 5–0 na ida en Vilalba[61] e 2–0 na volta en Ponteareas.[62] As dúas edicións seguintes gañounas o Tomiño. Na de 1988 o equipo tomiñés remonta a final vencendo 1–3 na casa da SD Juvenil de Ponteareas[63] tras perde-lo partido de ida 2–3.[64] Na tempada seguinte acada a vitoria fronte ao CD Baio, empatando 2–2 na ida da final[65] e gañando 6–1 na volta.[66]
Copa Federación Galega de Fútbol
[editar | editar a fonte]No ano 1947 organízase a Copa Federación Galega de Fútbol na que tan só participan catro equipos: o Pontevedra, o Deportivo, a Ximnástica e o Racing de Ferrol. O cambio de nome do torneo débese a que, pola falta de datas dispoñibles, é imposible que poidan disputa-la competición o resto dos equipos galegos.[67] A competición xogouse en formato de liga e o gañador foi o Racing de Ferrol.[68]
En 1953, a FGF anunciou outra nova Copa Federación[27][69] cos equipos da Serie A. O grupo sur do campionato foi suspendido antes de principiar.[70] O Betanzos —daquela chamado Brigantium— proclamouse campión,[71][72] remantando subcampioa a SD Eumesa.[71] Ao ano seguinte xógase outra nova edición na que volven particiar os equipos da Serie A,[73] gañando a final o Racing Vilalbés[74] fronte á SD Juvenil de Ponteareas, logo de perder 3–1 na ida,[75] pero remontar 3–0 no partido de volta.[76]
Outra nova edición foi organizada en 1962, empregando o sistema de liga e participando nela os equipos que xogaban na Segunda División: o Celta, o Ourense e o Pontevedra.[77] O Ourense foi o campión.[78]
Historial
[editar | editar a fonte]- En letra grosa o resultado no campo do campión.
Copa Galicia
[editar | editar a fonte]Tempada | Campión | Subcampión | Global | Ida | Volta | Incidencias |
1936 | Eiriña | Deportivo da Coruña | 6–4 | 4–2 | 4–0 | |
1940 | Compostela SC | Celta de Vigo (reservas) | 2–1 | Final a un só partido | ||
1944 | SX Lucense | Club Berbés | 4–3 | 2–1 | 3–1 | |
1946 | Deportivo da Coruña | Celta de Vigo | 7–4 | 4–0 | 4–3 | Empate nos partidos anteriores (1–1 e 1–1) |
1948 | Suspendeuse o torneo | |||||
1950 | Deportivo Xuvenil | Celta de Vigo | — | — | — | Non se xogou a final polas renuncias do Celta |
1953 | Arousa | Club Santiago | Xogado en forma de liga | |||
1958 | Gran Peña | CD Lugo | 4–4 | 2–0 | 4–2 | 2–0 no partido de desempate disputado en Ourense |
1959 | Coruxo | Alondras | 5–3 | 2–4 | 1–1 | |
1961 | Marín | Foz | 3–0 | 0–0 | 3–0 | |
1962 | Couto | Club Turista | 4–3 | 2–2 | 2–1 | |
1963 | Bueu SD | Fabril | 4–2 | 1–0 | 4–1 | |
1964 | Club Lemos | Club Turista | 3–2 | 1–2 | 1–1 | 0–1 antes da prórroga |
1965 | Pontevedra CF | Deportivo da Coruña | 6–2 | 2–1 | 5–0 | |
1966 | SD Compostela | Coruxo | 8–4 | 3–2 | 6–1 | |
1967 | SD Compostela | Rápido de Bouzas | 6–1 | 1–1 | 5–0 | |
1968 | As Pontes | Rápido de Bouzas | 5–1 | 3–0 | 1–2 | |
1969 | Bergantiños | Club Turista | 7–6 | 4–0 | 6–3 | |
1970 | Suspendeuse o torneo | |||||
1983 | San Tirso | Sporting Sada | 3–2 | Final a un só partido | ||
1984 | Galicia de Mugardos | Sporting Sada | 1–0 | 1–0 | 0–0 | |
1985 | Bergantiños | Meirás CF | 3–1 | 3–0 | 1–0 | |
1986 | Puebla CF | CD Baio | 4–1 | 2–1 | 0–2 | |
1987 | Vilalbés | SD Juvenil | 5–2 | 5–0 | 2–0 | |
1988 | Tomiño | SD Juvenil | 5–4 | 2–3 | 1–3 | |
1989 | Tomiño | CD Baio | 8–3 | 2–2 | 6–1 |
Copa Federación Galega de Fútbol
[editar | editar a fonte]Tempada | Campión | Subcampión | Global | Ida | Volta | Incidencias |
1947 | Racing de Ferrol | Deportivo da Coruña | Xogado en forma de liga | |||
1953 | Betanzos | SD Eumesa | O grupo sur foi suspendido | |||
1954 | Vilalbés | SD Juvenil | 4–3 | 3-1 | 3-0 | |
1962 | CD Ourense | Celta de Vigo | Xogado en forma de liga |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Copa Galicia
[editar | editar a fonte]Club | Campión | Subcampión | Títulos (tempadas) |
---|---|---|---|
SD Compostela | 2 | 0 | 1966, 1967 |
Bergantiños FC | 2 | 0 | 1969, 1985 |
Tomiño FC | 2 | 0 | 1988, 1989 |
Deportivo da Coruña | 1 | 2 | 1946 |
Coruxo FC | 1 | 1 | 1959 |
Eiriña CF | 1 | 0 | 1936 |
Compostela SC | 1 | 0 | 1940 |
SX Lucense | 1 | 0 | 1944 |
CD Xuvenil | 1 | 0 | 1950 |
Arousa SC | 1 | 0 | 1953 |
Gran Peña FC | 1 | 0 | 1958 |
Marín CF | 1 | 0 | 1961 |
AD Couto | 1 | 0 | 1962 |
Bueu SD | 1 | 0 | 1963 |
Club Lemos | 1 | 0 | 1964 |
Pontevedra CF | 1 | 0 | 1965 |
CD As Pontes | 1 | 0 | 1968 |
San Tirso SD | 1 | 0 | 1983 |
SDC Galicia | 1 | 0 | 1984 |
Puebla CF | 1 | 0 | 1986 |
RC Vilalbés | 1 | 0 | 1987 |
Celta de Vigo | 0 | 3 | |
Club Turista | 0 | 3 | |
Rápido de Bouzas | 0 | 2 | |
SD Sporting Sada | 0 | 2 | |
SD Juvenil | 0 | 2 | |
CD Baio | 0 | 2 | |
Club Berbés | 0 | 1 | |
Club Santiago | 0 | 1 | |
CD Lugo | 0 | 1 | |
Alondras CF | 0 | 1 | |
CD Foz | 0 | 1 | |
Fabril | 0 | 1 | |
Meirás CF | 0 | 1 |
Copa Federación Galega de Fútbol
[editar | editar a fonte]Club | Campión | Subcampión | Títulos (tempadas) |
---|---|---|---|
Racing de Ferrol | 1 | 0 | 1947 |
Betanzos CF | 1 | 0 | 1953 |
RC Vilalbés | 1 | 0 | 1954 |
CD Ourense | 1 | 0 | 1962 |
Deportivo da Coruña | 0 | 1 | |
SD Eumesa | 0 | 1 | |
SD Juvenil | 0 | 1 | |
Celta de Vigo | 0 | 1 |
Fútbol feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Copa Galicia de fútbol feminino.
A primeira Copa Galicia de fútbol feminino disputouse en 1984.[79] Ao longo do tempo ten recibido outros nomes como Copa Federación Galega de Fútbol[80] ou Copa Galiza[81] e dende 2012 o torneo dividiuse en varias categorías en función da división á que pertencen os equipos participantes.
Torneos homónimos
[editar | editar a fonte]- A principios do século XXI creouse un novo torneo de equipos galegos de fútbol por iniciativa da Xunta de Galicia en coordinación coa Federación Galega de Fútbol denominado inicialmente Copa Xunta de Galicia[82] e posteriormente Copa Galiza,[83] do cal foron disputadas tres edicións nos anos 2006, 2008 e 2009.
- En 1982 xogouse un torneo amigable chamado Copa Galicia[84] organizado pola «Peña de exdirectivos da S.D. Compostela»,[84][85][86] que foi gañado polo Celta de Vigo.[86][87]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Lemos, campeón". El Pueblo Gallego nº 3.805 (en castelán). 19 de novembro de 1935. p. 5.
- ↑ "¡Otra Copa! El día 14 dará comienzo un torneo entre primeros equipos regionales.". El Pueblo Gallego nº 3.955 (en castelán). 11 de abril de 1936. p. 4.
- ↑ "Copa de Galicia. El primer match de final fue ganado por los blanquiazules (4 a 2)". El Pueblo Gallego nº 4.014 (en castelán). 23 de xuño de 1936. p. 3.
- ↑ "Desenlace en la Copa Galicia. El Eiriña ganó ayer en su campo clasificándose campeón del torneo". El Pueblo Gallego nº 4.020 (en castelán). 30 de xuño de 1936. p. 5.
- ↑ "La Copa, el Vigués, el Celta y una actitud graciosa". El Pueblo Gallego nº 5.164 (en castelán). 12 de abril de 1940. p. 2.
- ↑ "Deportes. Ante el partido de mañana en la Residencia". El Compostelano nº 6.086 (en castelán). 15 de xuño de 1940. p. 2.
- ↑ "Deportes. Bases del campeonato de segunda categoría-reservas "Copa Galicia"". El Pueblo Gallego nº 5.124 (en castelán). 23 de febreiro de 1940. p. 2.
- ↑ "Crónica deportiva del domingo". El Compostelano nº 6.087 (en castelán). 17 de xuño de 1940. p. 1.
- ↑ "Deportes. El Compostela ha ganado la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 5.219 (en castelán). 18 de xuño de 1940. p. 2.
- ↑ "La Copa Galicia". Hoja de los lunes nº 462 (en castelán). Vigo. 24 de abril de 1944. p. 3.
- ↑ "El Lugo se proclama campeón de la Copa Galicia al vencer al Berbés por tres tantos a uno". Hoja de los lunes nº 473 (en castelán). Vigo. 10 de xullo de 1944. p. 2.
- ↑ "Calendario de la Copa Galicia de fútbol". La Noche nº 7.866 (en castelán). 30 de abril de 1946. p. 5.
- ↑ "Las finales de la Copa Galicia. Celta, 1; Deportivo, 1". El Pueblo Gallego nº 7.131 (en castelán). 25 de xuño de 1946. p. 4.
- ↑ "Final de la Copa Galicia. Deportivo, 1. Celta, 1". El Pueblo Gallego nº 7.136 (en castelán). 30 de xuño de 1946. p. 4.
- ↑ "Copa Galicia. En partido homenaje a Reboredo, el Deportivo vence al Celta por 4 goles a 0". La Noche nº 7.970 (en castelán). 9 de setembro de 1946. p. 4.
- ↑ "El Celta venció por cuatro a tres, pero la Copa Galicia se fue para La Coruña". El Pueblo Gallego nº 7.287 (en castelán). 24 de decembro de 1946. p. 3.
- ↑ "Tras un partido suave, el Celta vence en el último minuto (4-3). El Deportivo se adjudica la Copa Galicia". La Noche nº 8.000 (en castelán). 23 de decembro de 1946. p. 3.
- ↑ "La Copa Galicia comenzará el próximo día 16". La Noche nº 8.424 (en castelán). 7 de maio de 1948. p. 3.
- ↑ "Ya no se juega la Copa Galicia". La Región nº 10.593 (en castelán). 15 de maio de 1948. p. 4.
- ↑ "Calendario de la Copa Galicia. La Orensana jugará su primer partido en La Coruña.". La Región nº 10.216 (en castelán). 16 de maio de 1950. p. 4.
- ↑ 21,0 21,1 "Comenzó el domingo el torneo Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 3.888 (en castelán). 23 de maio de 1950. p. 3.
- ↑ "Orensana y Deportivo empataron en el Couto (2–2)". La Región nº 10.240 (en castelán). 13 de xuño de 1950. p. 3.
- ↑ "Ayer también hubo Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 3.921 (en castelán). 30 de xuño de 1950. p. 3.
- ↑ 24,0 24,1 Real Federación Española de Fútbol (1951). "Federación Gallega. Clasificación de los clubs en las competiciones oficiales — Temporada 1949-50". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1951. pp. 197–198.
Copa Galicia—Finalistas: Zona Norte, C.D. Juvenil; Zona Sur, Real Club Celta. Al terminar la temporada 1949-50 queda por jugar el partido final entre los clubs D. Juvenil y R.C. Celta.
- ↑ "La Copa de Galicia. El Celta, campeón del Sur, jugará la final.". El Pueblo Gallego nº 3.923 (en castelán). 2 de xullo de 1950. p. 3.
- ↑ "Gran expectación alrededor del partido de mañana. Se hará entrega al Juvenil del trofeo Copa Galicia.". La Noche nº 9.958 (en castelán). 24 de xaneiro de 1953. p. 3.
- ↑ 27,0 27,1 "La Copa Galicia y la Copa Federación empezará a jugarse el domingo". La Noche nº 10.045 (en castelán). 6 de maio de 1953. p. 5.
- ↑ "Copa Galicia. Por incomparecencia del Marín, no hubo partido en Santa Isabel". La Noche del lunes (suplemento deportivo) (en castelán). 15 de xuño de 1953. p. 7.
- ↑ "La última jornada fue pródiga en sorpresas". El Pueblo Gallego nº 11.249 (en castelán). 23 de abril de 1958. p. 7.
[...] en el próximo campeonato de la Copa Galicia, entre los equipos de la Serie A y los de Tercera División, que va a dar comienzo.
- ↑ "El Gran Peña venció al Lugo (2–0) en el primer encuentro de la final de la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 11.293 (en castelán). 17 de xuño de 1958. p. 7.
- ↑ "La Copa Galicia aún no tiene propietario. Gran Peña y Lugo habrá de jugar un tercer partido. El equipo vigués perdió por 4–2". El Pueblo Gallego nº 11.298 (en castelán). 24 de xuño de 1958. p. 10.
- ↑ "La final de la Copa Galicia se jugará en Orense". El Pueblo Gallego nº 11.298 (en castelán). 25 de xuño de 1958. p. 7.
- ↑ "El Gran Peña se adjudicó la Copa Galicia, al vencer al Lugo en Orense (2–0)". El Pueblo Gallego nº 11.303 (en castelán). 1 de xullo de 1958. p. 11.
- ↑ "El Corujo ganador de la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 11.698 (en castelán). 14 de xullo de 1959. p. 9.
- ↑ "El Corujo virtual ganador de la Copa Galicia al vencer al Alondras en Cagas (4–2)". El Pueblo Gallego nº 11.692 (en castelán). 7 de xullo de 1959. p. 7.
- ↑ "El Marín se proclama campeón de la Copa Galicia de fútbol". El Pueblo Gallego nº 12.397 (en castelán). 1 de agosto de 1961. p. 8.
- ↑ "La Copa Galicia. En la final venció el Couto al Turista (2–1)". El Pueblo Gallego nº 12.680 (en castelán). 26 de xuño de 1962. p. 9.
- ↑ "La Copa Galicia. Turista y Couto empataron en el primer encuentro de la final (2–2)". El Pueblo Gallego nº 12.973 (en castelán). 17 de xuño de 1962. p. 20.
- ↑ "El Bueu S.D. campeón de la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 13.977 (en castelán). 16 de xullo de 1963. p. 11.
- ↑ "En el primer encuentro de la final de la Copa Galicia, el Fabril venció al Bueu 1–0". El Pueblo Gallego nº 13.971 (en castelán). 9 de xuño de 1963. p. 11.
- ↑ "Copa Galicia. El Lemos se proclamó campeón en la prorroga". El Pueblo Gallego nº 14.287 (en castelán). 14 de xuño de 1964. p. 11.
- ↑ "La Federación Gallega organiza la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 14.519 (en castelán). 13 de abril de 1965. p. 17.
- ↑ "El Pontevedra goleó al Deportivo en Pasarón (5–0). Con este resultado los granates se adjudicaron la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 14.861 (en castelán). 20 de mayo de 1966. p. 13.
- ↑ "Copa Galicia. El Compostela campeón, al vencer al Corujo en el segundo encuentro (6–1)". El Pueblo Gallego nº 14.998 (en castelán). 2 de xullo de 1966. p. 14.
- ↑ "Copa Galicia. Merecido, aunque corto, el triunfo del Corujo sobre el Compostela (3–2)". El Pueblo Gallego nº 14.994 (en castelán). 28 de xuño de 1966. p. 16.
- ↑ "Notas Deportivas. Se espera que el Compostela gane la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 15.305 (en castelán). 27 de xuño de 1967. p. 13.
- ↑ "El Compostela se adjudica la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 15.310 (en castelán). 2 de xullo de 1967. p. 21.
- ↑ "Copa Galicia. El Calvo Sotelo campeón. En un flojo encuentro volvió a vencer al Rápido: 1–2 (3–0)". El Pueblo Gallego nº 15.600 (en castelán). 30 de xuño de 1968. p. 21.
- ↑ "Copa Galicia. El Turista, fuertemente derrotado por el Bergantiños: 4–0". El Pueblo Gallego nº 16.904 (en castelán). 24 de xuño de 1969. p. 16.
- ↑ "Copa Galicia. El Bergatiños campeón, a pesar de ser vencido por el Turista: 6–3". El Pueblo Gallego nº 16.910 (en castelán). 1 de xullo de 1969. p. 15.
- ↑ "No habrá Copa Galicia de fútbol". El Pueblo Gallego nº 17.162 (en castelán). 24 de abril de 1970. p. 17.
- ↑ "I Copa Provincial". El Pueblo Gallego nº 17.506 (en castelán). 5 de xuño de 1971. p. 13.
- ↑ "La Voz de Galicia". 10 de xullo de 1983: 50.
- ↑ "La Voz de Galicia". 23 de xullo de 1983: 46.
- ↑ "La Voz de Galicia". 18 de xuño de 1984: 22.
- ↑ "La Voz de Galicia". 22 de xuño de 1984: 45.
- ↑ "Homenaje al Bergantiños de la Copa Galicia 1968–1969". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 2010.
Después de este éxito, esperó hasta la campaña 1984–85 para conseguir su segunda y última Copa Galicia. En esa ocasión, ante el Meirás de Ferrol. Venció en Carballo (3–0, tantos de Pibe, Toni Pérez y Alfredo) y cayó en la vuelta (1–0).
- ↑ "La Voz de Galicia". 23 de xuño de 1986: 46.
- ↑ "La Voz de Galicia". 30 de xuño de 1986: 35.
- ↑ "La Voz de Galicia". 1 de xullo de 1986: 39.
- ↑ "La Voz de Galicia". 22 de xuño de 1987: 18.
- ↑ "La Voz de Galicia". 29 de xuño de 1987: 21.
- ↑ "La Voz de Galicia". 27 de xuño de 1988: 41.
- ↑ "La Voz de Galicia". 20 de xuño de 1988: 28.
- ↑ "La Voz de Galicia". 10 de xullo de 1989: 21.
- ↑ "La Voz de Galicia". 17 de xullo de 1989: 22.
- ↑ "La Copa Federación comienza el próximo 18". La noche nº 8.114 (en castelán). 8 de maio de 1947. p. 3.
- ↑ "El Ferrol, campeón de la Copa Federación Gallega, al empatar con el Deportivo (2–2)". Ciudad: Semanario de Pontevedra nº76 (en castelán). 7 de xullo de 1947. p. 3.
- ↑ "Mañana comienza a jugarse la Copa Federación". La Región nº 11.504 (en castelán). 13 de maio de 1953. p. 4.
- ↑ "No se jugará la Copa Federación Gallega". La Región nº 11.505 (en castelán). 14 de maio de 1953. p. 4.
- ↑ 71,0 71,1 Real Federación Española de Fútbol (1954). "Federación Gallega. Clasificación de los clubs en las competiciones oficiales - Temporada 1952-53". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1954. p. 229.
- ↑ "Mi mayor alegría deportiva fue conseguir el ascenso con el Brigantium a la Tercera División nacional". El Pueblo Gallego nº 13.724 (en castelán). 16 de agosto de 1962. p. 15.
Desde septiembre de 1952, fecha en la que se fundó el Brigantium, hasta junio de 1956 pertenecí a él, figurando entonces en la serie A regional. Quedamos en la cuarta posición el primer año, y conquistamos la Copa Federación de Fútbol en lucha con el Deportivo A, Fabril, Astano, Eumesa, etcétera.
- ↑ "El Arenal participa en la Copa Federación". La Noche nº 10.348 (en castelán). 30 de abril de 1954. p. 5.
- ↑ Real Federación Española de Fútbol (1955). "Federación Gallega. Clasificación de los clubs en las competiciones oficiales - Temporada 1953-54". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1955. p. 215.
- ↑ "Puenteareas venció al Racing Villalbés por 3-1". El Progreso nº 14.583 (en castelán). 22 de xuño de 1954. p. 4.
- ↑ "El Racing Villalbés, campeón del torneo Copa Federación". El Progreso nº 14.589 (en castelán). 29 de xuño de 1954. p. 4.
- ↑ "Celta, Pontevedra y Orense disputarán la Copa Federación". El Pueblo Gallego nº 18.620 (en castelán). 15 de abril de 1962. p. 7.
- ↑ "La Copa Federación Gallega, conquistada por el Orense". Hoja del lunes nº 782 (en castelán). A Coruña. 4 de xuño de 1962. p. 5.
- ↑ "La Voz de Galicia". 9 de xuño de 1984: 17.
- ↑ "La Voz de Galicia". 25 de xaneiro de 1987: 44.
- ↑ Este mediodía se monta la primera Copa Galiza para equipos femeninos El Correo Gallego
- ↑ Dirección Xeral para o Deporte. Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia; Fundación Deporte Galego. "PRIMEIRA COPA XUNTA DE GALICIA PARA CLUBES DE FUTBOL" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de xaneiro de 2007. Consultado o 29 de decembro de 2022.
- ↑ Federación Galega de Fútbol. "Copa Galiza de Fútbol - Tempada 2008/2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de abril de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2022.
Patrocinada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e organizada pola Federación Galega de Fútbol, a “Copa Galiza de Fútbol”[...]
- ↑ 84,0 84,1 "Copa Galicia". Faro de Vigo. 20 de xaneiro de 1982. p. 38.
Por iniciativa de la Peña de exdirectivos de la S.D. Compostela, y con la conformidad de los clubs de categoría nacional afiliados a esta Federación Territorial Gallega, se acuerda organizar para la actual temporada, la Competición "Copa Galicia", con las siguientes normas: [...] 6.'.— Las eliminatorias que coincidan con compromisos oficiales de alguno de los clubs, serán aplazadas en una semana, para dar lugar al cumplimiento de dicho compromiso oficial. [...] 8.'.— En la resolución de las incidencias que puedan ocurrir con ocasión de los partidos de la "Copa Galicia", intervendrá el Comité Territorial de Competición de la Federación Gallega de Futbol, de acuerdo con lo previsto en el artículo 81 del Reglamento de Régimen Disciplinario, de la R.F.E.F., para partidos amistosos [...]
- ↑ "La Voz de Galicia". 20 de xaneiro de 1982: 53.
- ↑ 86,0 86,1 "El Celta se adjudicó la "Copa Galicia"". Hoja del lunes nº 1.823. A Coruña. 31 de maio de 1982. p. 18.
- ↑ "La Voz de Galicia". 1 de xuño de 1982: 54.