Saltar ao contido

Conversa:Copa Galicia de fútbol

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

O nome da competición desta competición é Xunta de Galicia.--Miñato 18:48, 20 outubro 2006 (UTC)

Movida de Copa Xunta de Galiza a Copa Xunta de Galicia. Motivo: Criterios sobre o uso de Galicia e Galiza nos títulos de páxinas. Se o nome da Copa fora Xunta de Galiza podería manterse, como é Copa Xunta de Galicia debe mudarse. --Moderador 19:00, 20 outubro 2006 (UTC)

A Copa Xunta de Galicia e a Copa Galiza son competicións diferentes asi que non sei porque comparten o mesmo artículo. Estase a desinformar. Aparte, a Copa Xunta non foi un torneo oficial, mentres que a Copa Galiza si que o é. Para máis información rogo que consulten a versión en castelán do artículo, xa que encontrase actualizado e alí poden encontrar as diferenzas.--83.165.34.109 21:05, 19 maio 2008 (UTC)

A Copa Galiza non foi un torneo oficial. Os únicos torneos oficiais en Galicia e en España son os organizados pola R.F.E.F. e/ou as federacións territoriais (F.G.F. incluida). Polo tanto, nin a Copa Xunta de Galicia nin a Copa Galiza foron de carácter oficial, senón amigable. Entrementres, a Copa Galicia que existiu dende 1936 até finais dos anos 1981-90 si que foi oficial porque a promovía a F.G.F. Saúdos.--193.153.3.32 00:47, 26 de xullo de 2011 (UTC)

Desculpa, 83.165.34.109. Se entendes que a información que se dá non é correcta, podes corrixila. Creo que, se ben mudou lixeiramente o nome, tanto os promotores, como a estrutura da competición, como os equipos que participan evidencian que é a mesma competición. Un saúdo. --Xabier Cid 21:46, 19 maio 2008 (UTC)
  • Parecen continuadoras, se miras na wikipedia española, por exemplo, Copa del Rey de Fúbot podes ver que o artigo fai referencia a todas as copas de España desde 1903 aínda que cambiasen de nome, e verás que se inclúen a de 1910 e 1913 que non foron oficiais. Quero dicir que non necesariamente que leven diferente nome ou que non sexan oficiais indica que fose outra competición, o que non quere dicir tampouco que teñan que ir necesariamente no mesmo artigo.--Arco de Rayne 21:52, 19 maio 2008 (UTC)

Aclaración definitiva para todo o mundo: Na temporada 2006/07 disputouse a ÚNICA edición da COPA XUNTA DE GALICIA, que ganou o R.C. Celta. Posteriormente, nas temporadas 2007/08 e 2008/09 disputáronse as DÚAS ÚNICAS edicións da COPA GALIZA, que ganaron R.C. Celta (en 2007/08) e máis o Cen. Cult. D. Cerceda (en 2008/09). Quere dicir que son competicións diferentes ou a mesma con dous nomes? A resposta é sinxela. A Copa Xunta de Galicia NON FOI OFICIAL (a asemblea da FGF non a aprobou como tal). Pero a Copa Galiza SI FOI OFICIAL, porque a organizou a FGF co patrocinio da Dirección Xeral de Deportes da Xunta.

Na historia de "copas galegas" oficiais temos estas tres:

A COPA GALICIA, que naceu en 1935/36, se celebraba só ás veces e desapareceu nos anos oitenta.

A COPA FGF, que se disputou só na temporada 1946/47.

A COPA GALIZA, que tivo dúas edicións, 2007/08 e 2008/09.

E no capítulo de "copas galegas" non oficiais temos esta:

A COPA XUNTA DE GALICIA, que só tivo unha edición, 2006/07.

--Antywyky (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 15:40 (UTC)[responder]


Mellorar artigo

[editar a fonte]

Fai falla mellorar este artigo. Se podo, eu mesmo tentarei facelo, aínda que non vai ser doado:

  • As antigas Copas Galicia e a Copa Federación Galega de Fútbol (que non se citan no artigo), xogadas entre os anos corenta e oitenta, son de certo oficiais porque foron organizadas pola FGF. Aínda así, non é fácil atopar información das mesmas.
  • A Copa Xunta de Galicia (2006), da que só se disputou unha edición, disque non é oficial porque non foi aprobada pola Asemblea da FGF.
  • As Copas Galiza (2008 e 2009), parace ser que si son oficiais, aínda que algúns sosteñen que non. O ideal sería atopar información para confirmalo.
  • En principio todas son competicións diferentes, pero máis alén do seu nome e da oficialidade coido que poderían estar todas no mesmo artigo dividido en seccións, xa que realmente son competicións sucesoras unhas das outras. Coa Copa Cataluña pasa algo parecido (houbo Copa Generalitat -oficial e non oficial- e mais Copa Catalunya -oficial-) e na wikipedia en catalán agruparon tódalas copas baixo o título Copa Catalunya, facendo seccións para cada copa. É diferente o caso do Campionato de Galicia de fútbol, que tamén servía como clasificación para a Copa do Rei e cando foi suprimido deu lugar á Serie A Rexional (actual Preferente Autonómica), mais sen os equipos que participaban en divisións estatais.

A miña idea é estruturalo coma no exemplo da Copa Cataluña, é dicir, introducir o artigo cos precedentes (comentar un anaco sobre o Campionato de Galicia) e despois dividilo en seccións (Copa Galicia, Copa Federación Galega de Fútbol, Copa Xunta de Galicia e Copa Galiza) tal e como fixeron eles no citado artigo. O título do artigo podería continuar a ser o actual, xa que é o nome do último torneo disputado. Jorges65 (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 20:45 (UTC)[responder]

Actualización

[editar a fonte]

Ben, pois actualicei con bastante información. Algúns puntos que quero destacar:

- Que eu saiba, xógaronse edicións da Copa Galicia durante os 80 (posiblemente entre 1981-82 e 1989-90), pero é máis difícil atopar fontes fiabéis porque non hai tantas hemerotecas dispoñíbeis na rede.

- Descoñezo se a mediados ou finais dos anos 70 se disputou algunha edición máis, por desgraza non dispoño desa información.

- Tentei inseri-los contidos de tódalas copas nun mesmo artigo, pero se xulgades que é mellor dividilo en varios, non teño problema.

- Parece que a Copa Galiza si foi verdadeiramente oficial (polo menos iso é o que se desprende do seu regulamento), polo que así a sinalei.

Coido que non me esquezo de nada máis. Recompilar información deume moito choio, pero penso que paga a pena. Jorges65 (conversa) 8 de abril de 2014 ás 05:02 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Copa Galiza de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 09:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Copa Galiza de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de setembro de 2018 ás 05:47 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 25 ligazóns externas en Copa Galiza de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 22:45 (UTC)[responder]

Melloras

[editar a fonte]

Xa están os campións das edicións dos anos 80, ademáis da Copa Xunta do 89.

Cambio de título

[editar a fonte]

Mudei o título porque a medida que se foron incorporando datos da competición é evidente que hai moitas máis edicións da "Copa Galicia", que das outras denominacións. Ademais de que me parece coherente, xa que a Copa Galicia de fútbol feminino que se segue a disputar na actualidade leva esa denominación. En calquera caso se alguén considera que é mellor recuperar o título anterior non hai problema. Outra opción seria dividir as copas en cadanseu artigo.

Copa feminina

[editar a fonte]

Creei un novo artigo para a Copa feminina porque fica menos confuso cun artigo de seu, xa que hai moitas edicións e mesmo varias categorías.

Sobre a oficialidade

[editar a fonte]

O que eu coñezo é:

  • A Copa Xunta de Galicia de 2006 non se consideraría oficial por non ser aprobada pola asemblea da Federación Galega de Fútbol.
  • A Copa Xunta de Galicia de 1989 gañada polo Barco segundo comprobei na hemeroteca de La Voz de Galicia era "patrocinada pola Xunta de Galicia e organizada pola Federación Galega de Fútbol". Semella a mesma fórmula que as Copas Galiza de 2008 e 2009.
  • A Copa Galicia e Copa Federación Galega de Fútbol son oficiais sen ningún tipo de dúbida, xa que mesmo aparecen nos anuarios da Real Federación Española de Fútbol.

Saúdos. -- Jorges65 (conversa) 4 de setembro de 2020 ás 05:41 (UTC)[responder]

División do artigo

[editar a fonte]

Finalmente decidín dividir o artigo en dúas partes: as copas organizadas pola FGF (Copa Galicia e Copa FGF) e as copas organizadas por iniciativa da Xunta de Galicia.

O feito máis importante que me levou a tomar a decisión é que, consultando os regulamentos da Copa Xunta e Copa Galiza (que me custou moito encontrar a causa das ligazóns mortas), e mais consultando a hemeroteca e revisando as informacións de como se foron conformando as dúas devanditas copas fica bastante claro que son de facto a mesma competición, co mesmo espírito mais co nome cambiado. Os dous torneos se crean por iniciativa da Xunta de Galicia participando activamente na organización do torneo, unha é precursora da outra polo que hai unha continuidade entre elas, e a Xunta era quen daba cartos como premio aos participantes. Era máis ben un proxecto para crear unha Copa Cataluña en versión galega, por iso ao principio a atención centrouse fundamentalmente na participación dos equipos de primeiras categorías.

Por outra parte, as antigas Copa Galicia e Copa FGF eran organizadas directamente pola Federación e de feito figuran nos anuarios da RFEF como competicións oficias da FGF. A maior parte destas copas estaban destinadas para os equipos de categorías máis baixas, un dos obxectivos semella que era alongar o calendario da tempada (algo parecido ao que foi a Copa da Liga), as copas eran convocadas de acordo a vontade da Federación e/ou os equipos e non dependían de que fosen financiadas polas insitucións...

A miña opinión é que observando a natureza das competicións obsérvase que son diferentes na súa natureza (organización, orixe, etc) e é moi complicado agrupalas e fican mellor en cadanseu artigo.

Unha aperta. Jorges65 (conversa) 31 de decembro de 2022 ás 10:40 (UTC)[responder]