Antonio Santiago Seijo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Viveiro, España ![]() |
Morte | 20 de agosto de 1941 ![]() Viveiro, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , xornalista ![]() |
Familia | |
Irmáns | José Santiago Seijo ![]() |
Antonio Santiago Seijo, nado en Viveiro e finado no mesmo concello o 20 de agosto de 1941, foi un comerciante e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante e dono dunha librería en Viveiro, foi correspondente administrativo de El Ideal Gallego,[1] e La Voz de Galicia en Viveiro. Foi presidente da sociedade recreativa Liceo Popular,[2] e en 1927 foi elixido vogal da Cámara de Comercio de Lugo.[3] Foi director de El Landro.[4] Finou en Viveiro o 20 de agosto de 1941.[5]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou na Agualada con Gumersinda Martínez Cabuelo en 1935,[6] e foi pai de Concepción, Álvaro, José, Antonia, Manuela, Josefa, Venancia, Hortensia, Dolores e Antonio Santiago Martínez.