José Santiago Seijo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Viveiro, España |
Morte | 25 de abril de 1945 (67/68 anos) Viveiro, España |
Alcalde de Viveiro | |
1936 – 1936 ← Eugenio Pérez Abadín – Balbino Cerdeiras → | |
Alcalde de Viveiro | |
1934 – 1935 ← Eugenio Pérez Abadín – Eugenio Pérez Abadín → | |
Alcalde de Viveiro | |
1930 – 1931 – Ramón Villar Ponte → | |
Alcalde de Viveiro | |
1913 – 1914 ← José Marqués González – José Marqués González → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, político |
Familia | |
Irmáns | Antonio Santiago Seijo |
José Santiago Seijo, nado en Viveiro en 1877 e finado na mesma vila o 25 de abril de 1945,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado en Viveiro. Integrado no maurismo, en 1912 organizou a Juventud Conservadora de Viveiro. Concelleiro de Viveiro, en novembro de 1913 foi nomeado alcalde por Real Orde,[2] posto no que permaneceu até agosto do ano seguinte. Foi director do semanario El Vivariense en 1914, e foi detido e procesado. Ao ano seguinte dirixiu Verdad y Justicia. Secretario do concello de Mondoñedo, foi nomeado secretario do concello de Viveiro en novembro de 1923.[3] Volveu ser nomeado alcalde de Viveiro ao rematar a ditadura de Primo de Rivera e tomou posesión o 14 de abril de 1930.
Foi elixido concelleiro o 12 de abril de 1931. Coa proclamación da Segunda República integrouse na ORGA facéndose co control da organización ao desprazar e marxinalizar ao sector de Ramón Villar Ponte. Presidiu o Partido Republicano Independiente de Viveiro, constituído en marzo de 1933,[4] que editou ese ano o semanario Vox Pópuli. Foi nomeado alcalde en abril de 1934 e permaneceu no cargo até setembro de 1935, cando foi destituído polo gobernador civil, sendo substituído no cargo polo primeiro tenente de alcalde Eugenio Pérez Abadín.[5] Foi reposto no cargo en xaneiro de 1936.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto e xulgado por rebelión, co resultado de sobresemento provisional. Saíu en liberdade o 14 de decembro de 1936, a disposición da autoridade gobernativa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nuevo Cal, Carlos (2005). A Segunda República en Viveiro in A represión franquista en Galicia. Congreso da Memoria. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
- Nuevo Cal, Carlos (2003). A represión fascista nas terras de Viveiro in A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Narón, 4 a 7 de decembro de 2003 (PDF). Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Marqués González |
Alcalde de Viveiro 1913 - 1914 |
Sucesor: José Marqués González |
Predecesor: Luís Carnicero García |
Alcalde de Viveiro 1930 - 1931 |
Sucesor: Ramón Villar Ponte |
Predecesor: Eugenio Pérez Abadín |
Alcalde de Viveiro 1934 - 1935 |
Sucesor: Eugenio Pérez Abadín |
Predecesor: Eugenio Pérez Abadín |
Alcalde de Viveiro 1936 |
Sucesor: Balbino Cerdeiras Rey |