Saltar ao contido

Antonio Usero Torrente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Usero Torrente

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1879 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ferrol
1924 – 1930
← Rafael Romero FilgueiraJosé Lloveres Martínez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosÁngel Usero Tiscar Editar o valor en Wikidata
IrmánsMatías Usero Editar o valor en Wikidata


Antonio Usero Torrente, nado en Ferrol o 17 de abril de 1879[1] e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1969, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial de Infantaría de Mariña e irmán de Matías Usero Torrente. Abandonou os estudos militares para cursar Farmacia por libre na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade Central de Madrid. Foi elixido concelleiro de Ferrol entre 1916 e 1920. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Ferrol en marzo de 1924.[2] Durante o seu mandato realizouse a traída de augas desde A Fervenza e a rehabilitación da antiga prisión para destinala a Instituto de Ensinanza Media.


Predecesor:
Rafael Romero Filgueira
 
Alcalde de Ferrol
 
1924 - 1930
Sucesor:
José Lloveres Martínez

Visa persoal

[editar | editar a fonte]

Casado con María del Carmen Tíscar Casanova, tivo catro fillos e tres fillas: Pilar, Carlota, Matías, Antonio (tamén farmacéutico), María del Carmen, Ángel (psiquiatra) e Francisco Usero Tíscar (farmacéutico e avogado).[3]

  1. Llorca, G. (2018). Ferroláns. Embora. p. 454. 
  2. El Ideal Gallego, 22-3-1924, p. 3.
  3. "Antonio Usero Torrente". Geneanet. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 06 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]