Antonov An-26
Antonov An-26 | |
---|---|
Tipo | transporte |
Fabricante | Antonov |
Primeiro voo | 21 de maio de 1969 |
Estado | en activo |
Produción | 1969 - 1986 |
Unidades construídas | 1.403 |
Variantes | Antonov An-32 |
O Antonov An-26 (denominación da OTAN: Curl) é avión un bimotor turbohélice usado para o transporte militar, deseñado e producido na Unión Soviética dende 1989 ata 1986.[1]
Deseño
[editar | editar a fonte]Tras as exitosas operacións do transporte táctico An-24T en lugares pouco preparados, aumentou o interese por unha versión cunha maior rampla de carga retráctil, xa que a súa escotilla de carga ventral restrinxía o manexo da carga, e en particular dos vehículos, e facíao menos eficaz do esperado no lanzamento en paracaídas de homes e subministracións.[2] Os primeiros estudos para a rampla retráctil leváronse a cabo como parte do proxectado transporte medio An-40. Cando e lle deu o visto e prace ao An-26 en marzo de 1968 Antonov adoptou o deseño da rampla do An-40 para a fuselaxe do An-24, nacendo así o An-26. Prestóuse especial atención ás misións militares e a meirande parte dos primeiros An-26 foron entregados ao VT-A (o mando de aviación de transporte da forza aérea soviética).
Usando a meirande parte da estrutura do An-24, como a configuración das ás, os motores e a tren de aterraxe, o An-26 incluía equipo militar, como asentos de lona abatibles para paracaidistas, elevadores colgantes, ventás de observación e liñas estáticas de conexión de paracaídas. O An-26 realizou a súa estrea pública no 27º Paris Air Show de Le Bourget onde o segundo prototipo, CCCP-26184 (c/n00202), foi amosado na exposición estática.
O An-26 tamén se fabricou sen acordo de licenza na China por Xian Aircraft Factory como o Y-14, posteriormente cambiado para ser incluído na serie Xian Y7.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gordon, Yefim. Komissarov, Dmitry & Sergey. "Antonov's Turboprop Twins". Hinkley. Midland. 2003. ISBN 978-1-85780-153-8
- ↑ Gordon, Komissarov & Komissarov 2003, pp. 27, 41
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gordon, Yefim; Komissarov, Dmitry; Komissarov, Sergey (2003). Antonov's Turboprop Twins. Hinkley, UK: Midland. ISBN 978-1-85780-153-8.