Saltar ao contido

Antonov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
An-225 o avión de carga máis grande do mundo.

Antonov, ou Complexo Científico/Técnico Aeronáutico Antonov (Antonov ASTC) (en ucraíno:Авіаційний науково-технічний комплекс імені Антонова, АНТК ім. Антонова), antigamente a Compañía de Deseño Antonov, é unha compañía de deseño e fabricante de aeronaves e provedora de servizos aeronáuticos con base en Kíiv, Ucraína (desde 1952) con particular experiencia no campo da construción de aeronaves moi grandes, tanto para uso comercial (carga e pasaxe) coma para defensa.

O nome da compañía vén do enxeñeiro ruso Oleg Antonov (nado en Troitsi, Moscova, en 1906), que a fundou o 31 de maio de 1946, e principal deseñador do Antonov An-2. An-8, An-24, An-22 e outros lendarios avións. É unha empresa de propiedade estatal. A compañía carece das instalacións necesarias para a construción total dalgunhas naves, como resultado das restricións impostas polo goberno central da Unión Soviética que repartía a construción da industria militar entre as súas diferentes rexións. Tal distribución minimizou os riscos de guerra interna, e evitaba que as repúblicas desenvolveran unha autosuficiencia económica. Dado isto, os avións Antonov eran con frecuencia construídos polas compañías Khárkiv (Ucraína), Novosibirsk (Rusia) e Tashkent (Uzbekistán).

An-22.

Os avións Antonov van desde o *desgarbado Antonov An-2, (biplano demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento Antonov An-28, ata os enormes estratéxicos Antonov An-124 e Antonov An-225 (este último o maior avión xamais construído e o maior en servizo, verdadeiro xigante dos ceos). Outros menos famosos serven coma transporte de pasaxeiros de curto, mediano e longo alcance, especialmente en Rusia e Europa Oriental. O An-70 exteriormente se asemella ó Airbus A400M.

As actividades do complexo Antonov inclúen:

Aeronaves

[editar | editar a fonte]
Nave Nome Designación OTAN Primeiro voo Observación
A-40 Krylayaty Tank 1942 Tanque alado
An-2 Colt 31 de agosto de 1947 Biplano monomotor multiúsos
An-3 Colt Conversión a turbinas do An-2
An-4 Colt An-2 con flotadores
An-6 Meteo Colt Avión de recoñecemento baseado no An-2
An-8 Camp 1955 Transporte militar lixeiro
An-10 Ukraina Cat marzo de 1957 Transporte medio a turbinas
An-12 Cub 16 de decembro de 1957 Transporte militar a turbinas, baseado no An-10
An-14 Pchelka Clod 1958 Bimotor lixeiro
An-22 Antei Cock febreiro de 1965 Transporte pesado para longas distancias
An-24 Coke 20 de outubro de 1959 Dobre turbina
An-26 Curl 1969 Dobre turbina, baseado no An-24
An-28 Cash setembro de 1969 Transporte lixeiro de dobre turbina, baseado no An-14
An-30 Clank 1967 An-24 adaptado para fotografía aérea
An-32 Cline 1976 Dobre turbina, estrutura do An-26 con motor extra
An-38 1994 Transporte lixeiro de dobre turbina, An-28 ensanchado
An-70 16 de decembro de 1994 Transporte pesado, con 4 motores de turbohélice, para substituír o An-12
An-71 Madcap 12 de xullo de 1985 Avión de radar naval desenvolvido xunto co An-72
An-72 Cheburashka Coaler 31 de agosto de 1977 Transporte de moi curto alcance, emprega o Efecto Coanda
An-74 Cheburashka Coaler 1983 Versión civil do An-72
An-88 Proxecto para avión de radar, no completado
An-124 Ruslán Cóndor 1982 Transporte militar; o maior avión xamais producido en masa
An-140 18 de setembro de 1994 Avión a turbinas de curto alcance para aeroliñas
An-148 17 de decembro de 2004 Desenvolvemento rexional a chorro do An-140, con motores fronte baixo as ás.
An-174 An-74 agrandado con motores fronte baixo as ás.
An-180 en desenvolvemento Avión a turbinas de mediano alcance para aeroliñas, arredor de 175 pasaxeiros
An-204
An-218 postergado Turbohélice grande para aeroliñas
An-225 Mriya Cossack 21 de decembro de 1988 Derivado do transporte militar An-124
OKA-38
SKV

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]