Antonov An-30
Aparencia
Antonov An-30 | |
---|---|
Tipo | cartografía aérea, transporte e recoñecemento |
Fabricante | Antonov |
Deseñado por | Beriev |
Primeiro voo | 21 de agosto de 1967 |
Introducido | xullo de 1968 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Ucraína Forza Aérea de Bulgaria Forza Aérea de Romanía |
Produción | 1971 - 1980 |
Unidades construídas | 123 |
O Antonov An-30 (designación OTAN: Clank), é un desenvolvemento do Antonov An-24 deseñado para a cartigrafía aérea.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A primeira versión de recoñecemento aéreo do Antonov An-24 foi deseñada por Beriev e designada An-24FK. FK significaba fotokartograficheskiy (mapeo fotográfico).[1] O prototipo tratábase dun An-24A de produción convertido por Beriev en 1966. O An-24FK realizou o seu voo de estrea o 21 de agosto de 1967, coas probas de aceptación do estado completadas en 1970 e a certificación civil conseguida en 1974. Redesignado An-30, a produción comezou en 1971 na factoría de Antonov.[2] Fabricáronse 123 An-30 de produción entre 1971 e 1980 en Kíiv en dúas versións principais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gordon, Yefim; Komissarov, Dmitriy; Komissarov, Sergey (2003). Antonov's Turboprop Twins. Hinckley, UK: Midland Publishing. ISBN 1-85780-153-9.
- Gunston, Bill (1995). The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft 1875 – 1995. Londres: Osprey Aerospace. ISBN 1-85532-405-9.