Saltar ao contido

Antonov An-3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-3
Un An-3 en 1997
Tipoagrícola
FabricanteAntonov
Primeiro voo13 de maio 1980
Introducido1991
EstadoEn produción
Principais usuariosServizos agrícolas
Unidades construídas25
Custo unitario1 500,000 $
VariantesAntonov An-2

O Antonov An-3 é un avión soviético-ucraíno de tipo agrícola. É esencialmente un turbohélice desenvolvido a partir do Antonov An-2 para a súa actualización ou substitución. A versión básica de transporte (An-3T) compleméntase cunha versión de carga/pasaxe (An-3TK), unha versión grícola (An-3SH), e unha versión de loita contra incendios (An-3P), ademais dunha versión ambulancia. Está deseñado para levar pasaxeiros e carga, operando dende pistas pavimantadas ou sen pavimentar, incluídas superficies cubertas con ata 35 cm de neve usando esquís.

O seu primeiro voo de proba foi o 13 de maio de 1980, pero debido á falta de interese no proxecto, as probas de voo non se completaron ata 1991.

O proxecto foi revitalizado a finais dos anos 90 cando foi levado por Polyot State Aerospace Enterprise, e unha campaña de mercadotecnia comezou a comezos do ano 2000, aínda que as vendas foron limitadas. Está dispoñible en dúas versións, a versión básica agrícola (An-3SKh - "Selsko-Khosiajstwenni", Agricultural) e a versión de transporte civil (An-3T) capaz de transportar ata 12 pasaxeiros ou 1800 kg de carga.

Aínda que foi designado como An-3, este número non lle foi dado de forma secuencial. Antonov asignoullo porque o An-3 ía substituír o Antonov An-2. Outro intento de substituír o An-2 nas granxas soviéticas foi levado a cabo nos anos 70 co WSK-Mielec M-15 Belphegor, pero non tivo éxito.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]