Saltar ao contido

Turodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aquiflavienses»)

Os turodos (en latín: Turodi) ou aquiflavienses[1] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense que vivía no norte do actual Portugal, na rexión de Tras os Montes arredor de Chaves, e nas áreas fronteirizas da actual Galicia.

Castro de San Cibrao de Las.

O seu centro ou capital era Aquae Laiae (identificado co castro de San Cibrao de Las),[1] situado no tramo medio do río Miño, a 18 quilómetros da cidade de Ourense. O castro ocupa terreos pertencentes aos concellos de Punxín e de San Amaro, nas parroquias de San Xoán de Ourantes e San Cibrao de Las, identificado por Hidacio como municipium Lais na súa Crónica.[1]

Padrón dos pobos

[editar | editar a fonte]
Padrón dos pobos.

O nome deste pobo aparece nomeado como aquiflavienses no padrón dos pobos, unha columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves (Portugal), colocada sobre da mesma obra, que salva o río Támega. A epígrafe dedicatoria contén unha lista de dez dos pobos indíxenas galaicos bracarenses (citados como civitates no orixinal) da Gallaecia que colaboraran no erguemento da citada ponte.

Epígrafe

[editar | editar a fonte]

IMP CAES VESP AVG PONT / MAX TRIB POT X IMP XX PROCOS IX / IMP VESP CAES AVG F PONT TRIB / POT VIII IMP XIIII COS VI / ... / C CALPETANO RANTIO QUIRINALI VAL FESTO LEG AVG PR PR / D CORNELIO MECIANO LEG AVG / L ARRVNTIO MAXIMO PROC AVG / LEG VII GEM FEL / CIVITATES X / AQUEFLAVIENSES AOBRIGENS / BSALI COELERNI EQUAESI / INTERAMICE LIMICI AEBISOC / QUARQUERNI TAMAGANI

Tradución

Sendo Emperador César Vespasiano Augusto, Pontífice Máximo, con poder tribunicio por décima vez, Emperador vixésimo, pai da patria, cónsul por novena vez, sendo emperador tamén Tito Vespasiano César, fillo do Augusto, Pontífice, con poder tribunicio por oitava vez, Emperador Décimo cuarto, cónsul por sétima (...) sendo legado de Augusto o Propretor Caio Calpetano Rancio Quirinal Valerio Festo e sendo Legado do Augusto, Decio Cornelio Meciano e procurador do mesmo Augusto, Lucio Arruncio Maximo, a Lexión Sétima Xémina Félix e dez cidades, a saber: os Aquiflavienses, os Avobriguenses, os Bibalos, os Coelernos, os Equaesos, os Interamnicos, os Límicos, os Nebisocos, os Quarquernos e os Tamaganos (...).

A respecto das liñas que faltan hai acordo entre os especialistas en considerar que foran eliminadas referencias ao Emperador Domiciano en virtude de damnatio memoriae.

  1. 1,0 1,1 1,2 Alberro (1999), p. 66: "nombre obtenido tras la romanización del territorio en la época de los Flavios"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]