Arauca, Arauca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Arauca | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 96.814 (2020) (16,57 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 5.841 km² | |||
Bañado por | río Arauca | |||
Altitude | 125 m | |||
Creación | 4 de decembro de 1780 | |||
Sitio web | arauca-arauca.gov.co… |
Arauca é unha cidade e concello colombiano, capital do departamento de Arauca. Atópase sobre a marxe sur do río Arauca. Limita con Venezuela polo norte, coa cal está conectada mediante a Ponte Internacional José Antonio Páez e comunícase por vía terrestre cara ó centro de Colombia mediante a Ruta dos Libertadores, que une ás cidades de Caracas e Bogotá.
Historia
[editar | editar a fonte]Arauca antes de 1780 era un casarío indíxena arauaco (que se atopaba no actual Parque Caldas). O 4 de decembro de 1780 chega o Juan Isidro Daboín, da Compañía de Xesús, proveniente de Barinas (Venezuela). Para estas mesmas datas constrúese a primeira parroquia en proximidades á catedral actual, e dáselle á vila o nome de "Villa de Santa Bárbara de Arauca".[1]
No 1816 a poboación de Arauca é escenario de paso e recrutamento das tropas lideradas por Simón Bolívar, constituíndose así por un lapso de catro meses como capital da República de Nova Granada. En 1899, as relacións colombo-venezolanas chegaron ó momento máis crítico, sendo Arauca tomada baixo control das tropas federais venezolanas co consentimento e a participación de membros liberais, quen participarían na Guerra dos Mil Días á beira do Xeneral Foción Soto e Rafael Uribe Uribe. No medio da consternación política e a hexemonía da elite conservadora, Antonio Laverde sublévase contra a autoridade conservadora boyacense, creando estrago á autoridade local e fomentando a secesión de Arauca con Boyacá; Laverde é militarmente derrotado e emigra a Venezuela. No ano 1911 é erixido correxemento por ordenanza departamental de Boyacá e por lei. Ese mesmo ano créase a Prefectura Apostólica, sendo o bispo francés Émile Larqueré o seu primeiro encargado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Página oficial de la Alcaldía Municipal - Institucional - Pasado, presente y futuro (consultado el 17 de diciembre de 2017).". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arauca, Arauca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)