Pobos arauacos
Os pobos arauacos[1] son un grupo de pobos indíxenas de América do Sur, e historicamente do Caribe. Especificamente, o termo arauaco serviu para designar ó pobo lokono e ós taínos, que historicamente viviron nas Antillas Maiores e no norte das Antillas Menores, todos os cales falan linguas arauacas.
Lingua
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Linguas arauacas.
As linguas arauacas, orixinalmente faladas ó sur de Venezuela e ó leste do Brasil, espandíronse pola Amazonía e as costas e illas do Caribe. Cara a época do contacto cos europeos, as linguas arauacas eran a familia de linguas máis extensa de América do Sur. Os pobos arauacos chegaron até as chairas e costas de Colombia, Venezuela e as Güianas, dende onde varios grupos se espallaron polas Antillas e foron parte dos nativos que encontrou Cristovo Colón cando chegou a América na súa primeira viaxe. Os españois describíronos como persoas pacíficas, amables, para diferencialos dos grupos hostís, que chamaron caribes, e falaban linguas da familia caribe.
Entre as linguas arauacas pódense diferenciar entre as linguas arauacas setentrionais e as linguas arauacas meridionais. Estas últimas reteñen unha maior complexidade na morfoloxía verbal, e supostamente as que retiveron en maior grao ese aspecto do antergo común ou protoarauaco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de arauaco, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobos arauacos |