Pobo taíno
Pobo taíno | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: Poboación mestiza | |
Rexións principais: | |
O Caribe | Cuba, República Dominicana, Haití, Xamaica, Porto Rico |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua taína |
Relixión | relixión tradicional |
Grupos relacionados | pobo caribe |
Os taínos[1] foron un pobo arauaco procedentes da área de Venezuela, que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco antillano. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os igneris e os máis antigos aínda arcaicos. O nome taíno significa "bo ou nobre" en arauaco.
Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os caribes, que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por caciques, a quen se lles pagaba tributo. Frei Bartolomé de las Casas no seu libro Historia Xeral das Indias relata que no ano de 1508 quedaban uns 60.000 taínos na illa da Española. Para 1531 a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de taíno, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo taíno |