Saltar ao contido

Pradairo de Montpellier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arce de Montpelier»)
Pradairo de Montpellier

Pradairo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Acer
Especie: A. monspessulanum
Nome binomial
'Acer monspessulanum'
L.
Flores do pradairo de Montpellier na primavera.

O pradairo de Montpellier (Acer monspessulanum) é unha especie de pradairo nativa da rexión mediterránea, estendida desde Marrocos e Portugal no oeste até Turquía e o Líbano no leste, cara ao norte chega até os montes Xura en Francia e ata Alemaña. En Galiza aparece coma ornamental.

Características

[editar | editar a fonte]

E unha árbore follosa de tamaño medio que medra até unha altura de 10–15 m (raramente acada os 20 m). O toro mide uns 75 cm de diámetro, con madeira cinsenta escura e suave nas árbores novas, e finamente estriada nos exemplares vellos. Entre as demais especies de pradairo distínguese polas súas pequenas follas trilobuladas duns 3–6 cm, dunha cor verde escuro, cun tacto un pouco poroso. As follas caen no outono, normalmente cara novembro. As flores xorden na primavera, agromando en péndulos amarelos duns 2–3 cm.

Existen numerosas subespecies e variedades, aínda que poucas son relevantes distintivamente. A máis coñecida é o Acer monspessulanum microphyllum de Turquía e o Líbano.

En Europa é unha especie moi rara fóra de parques e refuxios botánicos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]