Armand Lunel
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Armand Joseph Lunel ![]() 9 de xuño de 1892 ![]() Aix-en-Provence, Francia ![]() |
Morte | 3 de novembro de 1977 ![]() Mónaco ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e xudaísmo ![]() |
Ocupación | escritor, historiador, libretista, profesor universitario ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Armand Lunel, nado en Aix-en-Provence o 9 de xuño de 1892 e finado en Mónaco o 3 de novembro de 1977, foi un escritor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Armand Lunel naceu no seo dunha familia xudía orixinaria de Comtat-Venaissin, os cales tiñan raíces na zona da Provenza desde había polo menos cinco séculos. Lunel estudou na Universidade de Mónaco onde nun futuro ensinaría Dereito e Filosofía na Mónaco mesma. Lunel escribiu extensivamente sobre os xudeus da Provenza.
Recibiu o Premio Renaudot en 1926 pola súa novela Nicolo Peccavi.
Tamén é coñecido como o último falante coñecido de Shuadit, lingua xudeorromance extinta do sur de Francia. É considerada como un dialecto do occitano.
Obras
[editar | editar a fonte]- L'imagerie du cordier, La Nouvelle Revue Française, París, 1924.
- Nicolo-Peccavi o L'affaire Dreyfus à Carpentras, Gallimard, París, 1926.
- Le balai de sorcière, Gallimard, París, 1935.
- Jérusalem à Carpentras, Gallimard, 1937.
- Les amandes d'Aix, Gallimard, París, 1949.
- La belle à la fontaine, A. Fayard, París, 1959.
- J'ai vu vivre la Provence, A. Fayard, París, 1962.
- Juifs du Languedoc, de la Provence et des États français du Pape, Albin Michel, París, 1975.
- Les chemins de mon judaïsme et divers inédits, presentado por Georges Jessula, L'Harmattan, París, 1993.