Armando Vázquez Crespo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1938 (86 anos) Bermés, España |
Formación profesional | Teoloxía |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Adrián Vázquez Lázara |
Armando Vázquez Crespo, nado en Bermés (Lalín) o 4 de maio de 1938, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Comillas e titulado en xornalismo (1967).
En 1959 iniciou en Antena a serie Cousas do Tío Mingos durante sete anos asinando como Harmán do Carrio. Traballou en Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). En 1967 publicou a versión galega dunha selección das fábulas de Esopo, con introdución de Álvaro Cunqueiro e en 1968 a tradución da obra Camiño de Xosemaría Escrivá de Balaguer.
Obras
[editar | editar a fonte]- La España ausente, 1971.
- La Iglesia nace y muere en el Este, 1972.
- Quién es quién en la Iglesia española, 1978.
- A Comarca do Deza, 1989 (en colaboración con Daniel González Alén).
- Lalín, La tierra de Deza, 1991.
- Silleda, la Tierra de Trasdeza, 1991.
- Del Tajo a Somosierra, o el otro Madrid de los pueblos, 1996.
- Vila de Cruces. La tierra de Carbia, 2000.
- Carboeiro, el arte que renace de sus cenizas, 2001.
- Madrid, barrio a barrio, de villa a metrópoli, 2001.
- Feria Internacional Semana Verde de Galicia, 25 años, 2002.
- Treinta hombres que hicieron Madrid, 2008.
- Memoria do tempo en Deza, 2009.
- Unha historia de Bermés, 2017.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Olga Lázara Liñares, é pai de Adrián Vázquez Lázara.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 110. ISBN 978-84-96368-00-2.