Saltar ao contido

Arnobio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArnobio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento255 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
El Kef (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte327 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade tardía Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo III Editar o valor en Wikidata - século IV Editar o valor en Wikidata
AlumnosLactancio Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1183626

Arnobio de Sicca, morto contra o ano 330, foi un escritor latino-africano convertido ao cristianismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes da súa conversión era un coñecido retórico en Sicca Veneria (El Kef, Tunisia). Tras un soño premonitorio converteuse ao cristianismo. Para convencer ao bispo da cidade da súa verdadeira conversión escribiu unha obra apoloxética en sete libros, Adversus Gentes, única obra súa que se conserva.