Arquidiocese católica latina de México
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.265.309 (2019) ![]() | |||
Lingua usada | lingua castelá ![]() | |||
Relixión | Igrexa católica ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 7.998 km² ![]() | |||
Comparte fronteira con | Arquidiocese de Toluca (pt) ![]() Diocese de Nezahualcóyotl (pt) ![]() Diocese de Iztapalapa (pt) ![]() Diocese de Xochimilco (pt) ![]() Diocese de Ecatepec (pt) ![]() Arquidiocese de Tlalnepantla (pt) ![]() Diocese de Cuautitlán (pt) ![]() Diocese de Azcapotzalco (pt) ![]() Diocese de Cuernavaca (pt) ![]() ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 12 de febreiro de 1546 ![]() | |||
Catedral | Catedral Metropolitana da Cidade de México ![]() | |||
Sitio web | arquidiocesismexico.org.mx… ![]() | |||
![]() ![]() |
A arquidiocese de México (en latín: archidioecesis Mexicana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina en México. En 2004 tiña 6.999.402 fieis bautizados sobre unha poboación total de 8.605.239 habitantes. Dende 1995 o seu arcebispo é Norberto Rivera.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue por enteiro o Distrito Federal de México. A sé rcebispal é a Cidade de México, onde está a catedral da Asunción da Virxe María. O territorio está dividido en 431 parroquias, agrupadas en 8 vigairías.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese de México foi erixida polo papa Clemente VII coa bula Sacri Apostolorum ministerio do 2 de setembro de 1530, en territorios da diocese de Tlaxcala.
O 11 de agosto de 1536 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Michoacán.
O 12 de febreiro de 1546 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana. Dende entón, ten cedido territorios de xeito sucesivo para erixir as dioceses de Querétaro e Tulancingo e Chilapa (1836), California Inferior (1874), Cuernavaca (1891), Toluca (1950), Tlaxcala (1959), Texcoco (1960), Tula (1961), e Tlalnepantla (1964).