Arquidiocese católica latina do Río de Xaneiro
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 6.498.837 (2017) (5.415,7 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua portuguesa | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Diocese | (Ecclesiastical Province of Rio de Janeiro (en) ) | |||
Superficie | 1.200 km² | |||
Comparte fronteira con | Diocese de Nova Iguaçu (pt) , noroeste Diocese de Duque de Caxias (pt) , norte Arquidiocese de Niterói (pt) , leste | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 27 de abril de 1892 | |||
Catedral | Catedral de São Sebastião do Rio de Janeiro (pt) | |||
Sitio web | arqrio.org.br | |||
A arquidiocese do Río de Xaneiro é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina no Brasil. En 2010 tiña 3 737 000 bautizados sobre unha poboación total de 6 158 000 habitantes. Actualmente o seu ordinario é Orani João Tempesta.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese inclúe a cidade do Río de Xaneiro, onde está a catedral de San Sebastián. O territorio está dividido en 252 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 19 de xullo de 1575 foi erixida a prelatura territorial de San Sebastián do Río de Xaneiro, coa bula In supereminenti militantis Ecclesiae do papa Gregorio XIII, en territorios da diocese de San Salvador. Orixinalmente era sufragánea do patriarcado de Lisboa.
O 16 de novembro de 1676 a prelatura territorial foi elevada a diocese coa bula Romani Pontificis de Inocencio XI, e converteuse en parte da provincia eclesiástica de San Salvador de Baía.
O 6 de decembro de 1745 cedeu porcións do seu territorio para erixir as prelaturas territoriais de Cuiabá e Goiás e as dioceses de Mariana e São Paulo.
O 7 de maio de 1848 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Porto Alegre.
O 27 de abril de 1892 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Niterói e, á vez, foi elevada á categoría de arquidiocese metropolitana, coa bula Ad universas orbis Ecclesias de León XIII.
O 15 de agosto de 1907 cedeu novamente territorio para a creación da abadía territorial de Nosa Señora de Monserrat do Río de Xaneiro. O 6 de maio de 2003 a abadía territorial foi suprimida, e os seus territorios foron integrados novamente na arquidiocese.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Prelados de São Sebastião do Río de Xaneiro
- Bartolomeu Simões Pereira (11 de maio de 1577 - 1603, finado)
- João da Costa (1603 - 1606, finado)
- Bartolomeu Lagarto (1606 - 1606, finado)
- Mateus da Costa Aborim (24 de xaneiro de 1606 - 1629, finado)
- Máximo de São João Pereira (administrador apostólico, 1629)
- Pedro Homem Albernaz (administrador apostólico, 1630 - 1631)
- Lourenço de Mendonça (22 de xullo de 1631 - 1637, renuncia)
- Pedro Homem Albernaz (1639 - 1643, finado)
- Antônio de Mariz Loureiro (8 de outubro de 1643 - 1657, finado)
- Manoel de Souza e Almada (1658 - 1671, finado)
- Francisco da Silveira Dias (administrador apostólico, 1671 - 1673)
- Manuel Pessoa de Figueiredo (15 de febreiro de 1673 - 28 de agosto de 1673, finado)
- Francisco da Silveira Dias (1673 - 14 de decembro de 1681, renuncia)
- Bispos de São Sebastião do Río de Xaneiro
- Manoel Pereira (16 de novembro de 1676 - 1680, renuncia)
- José de Barros Alarcão (19 de agosto de 1680 - 6 de abril de 1700, finado)
- Francisco de São Jeronymo de Andrade (8 de agosto de 1701 - 7 de marzo de 1721, finado)
- Antônio de Guadalupe (21 de febreiro de 1725 - 31 de agosto de 1740, finado)
- João da Cruz Salgado de Castilho (19 de decembro de 1740 - 4 de decembro de 1745, renuncia)
- Antônio de Nossa Senhora do Desterro Malheiro (15 de decembro de 1745 - 5 de decembro de 1773, finado)
- José Joaquim Justiniano Mascarenhas Castello Branco (20 de decembro de 1773 - 28 de xaneiro de 1805, finado)
- José Caetano da Silva Coutinho (26 de agosto de 1806 - 27 de xaneiro de 1833, finado)
- Manoel de Monte Rodrigues de Araújo (23 de decembro de 1839 - 11 de xuño de 1863, finado)
- Pedro Maria de Lacerda (24 de setembro de 1868 - 12 de novembro de 1890, finado)
- José Pereira da Silva Barros (12 de maio de 1891 - 1 de setembro de 1893, renuncia)
- Arcebispos metropolitanos de São Sebastião do Río de Xaneiro
- João Fernando Santiago Esberard (12 de setembro de 1893 - 22 de xaneiro de 1897, finado)
- Joaquim Arcoverde de Albuquerque Cavalcanti (31 de agosto de 1897 - 18 de abril de 1930, finado)
- Sebastião Leme da Silveira Cintra (18 de abril de 1930 - 17 de outubro de 1942, finado)
- Jaime de Barros Câmara (3 de xullo de 1943 - 18 de febreiro de 1971, finado)
- Eugênio de Araújo Sales (13 de marzo de 1971 - 25 de xullo de 2001, retirado)
- Eusébio Oscar Scheid (25 de xullo de 2001 - 27 de febreiro de 2009, retirado)
- Orani João Tempesta (27 de febreiro de 2009 - actualidade)