Arquieparquía católica maronita de Tiro
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.796.714 (1970) | |||
Lingua usada | Lingua siríaca | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
A arquieparquía de Tiro (en latín: Archieparchia Tyrensis Maronitarum) é unha sé da Igrexa católica maronita inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Antioquía dos Maronitas. En 2010 tiña 42.500 fieis. O seu arcebispo é Xukrala Nabil al-Hax.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquieparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas do sur do Líbano. A sé arcebispal é a cidade de Tiro. O territorio está organizado en 22 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A eparquía de Tiro, xunto coa de Sidón, remóntase ao século XVI: o sínodo do Monte Líbano de 1736 instituíu canonicamente a eparquía de Tiro e Sidón, que foi a sé propia do patriarca entre 1819 e 1837. A comezos do século XX a eparquía de Tiro-Sidón foi dividida en dúas circunscricións distintas.
En 1965 a eparquía de Tiro foi elevada ao rango de arquieparquía.
O 8 de xuño de 1996 cedeu parte do seu territorio para erixir a arquieparquía de Haifa e Terra Santa.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Xukrala Khuri (31 de xaneiro de 1906 - 11 de febreiro de 1934, finado)
- Bulus al-Mauxi (19 de abril de 1934 - 25 de maio de 1955, elixido patriarca de Antioquía)
- Mikhail Dumit (21 de abril de 1956 - 11 de decembro de 1959, nomeado bispo de Sarba)
- Yusuf Khuri (11 de decembro de 1959 - 5 de febreiro de 1992, finado)
- Marun Khuri Sadir (1 de xuño de 1992 - 25 de setembro de 2003, retirado)
- Xukrala Nabil al-Hax (25 de setembro de 2003 - 1 de novembro de 2020, retirado)
- Xarbil Abadala (1 de novembro de 2020 - actualidade)