Eparquía católica maronita de Ibadan
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Relixión | Igrexa católica | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Catedral | Our Lady of the Annunciation Cathedral, Ibadan (en) | ||
Sitio web | annunciation-eparchy.com |
A eparquía da Anunciación en Ibadan é unha sé da Igrexa católica maronita. O seu bispo actual é o libanés Simun Fadul.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas residentes no África Occidental e Central. A sé eparquial está na cidade de Ibadan, en Nixeria.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi erixida como exarcado apostólico de África Occidental e Central polo papa Francisco o 13 de xaneiro de 2014. Coa excepción dalgunhas eparquías coptas no Sudán, tratábase da primeira circunscrición eclesiástica católica oriental instituída no África subsahariana.
O primeiro exarca, sen carácter episcopal, foi Simun Fadul, até entón presidente de Cáritas do Líbano, e ao mesmo tempo foi nomeado visitador apostólico para os fieis maronitas residentes no África Meridional. O exarcado apostólico foi elevado a eparquía de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan o 28 de febreiro de 2018, pasando a ser unha eparquía inmediatamente suxeita ao patriarcado maronita de Antioquía.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Exarcas apostólicos de África Occidental e Central
- Simun Fadul (13 de xaneiro de 2014 - 28 de febreiro de 2018)
- Bispos de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan
- Simun Fadul (28 de febreiro de 2018 - actualidade)