Arquipélago Chinijo
Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Canarias | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Canarias | |||
Localización | ||||
División administrativa | Teguise, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Composto por | ||||
O arquipélago Chinijo é un arquipélago que se atopa no nordés das illas Canarias, fronte á costa norte da illa de Lanzarote. É un espazo natural protexido e constitúe a reserva mariña máis grande de Europa con 700 quilómetros cadrados.[1]
Intégrano a illa de La Graciosa (a única habitada) e os illotes de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, todas pertencentes ao municipio de Teguise.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O termo chinijo significa "pequeno" e é propio do léxico de Lanzarote, onde principalmente se utiliza para referirse cariñosamente aos nenos. A denominación de chinijo para referirse ao arquipélago comeza a usarse ao redor de 1980 en mapas turísticos, ensaios divulgativos e outras publicacións.5 Con todo, non se popularizou na sociedade lanzaroteña, sendo común chamar ao arquipélago Los Islotes ("Os Illotes").
O termo islote en Lanzarote pode facer referencia a dous accidentes xeográficos: insular, referido ao arquipélago Chinijo e outros illotes da costa de Arrecife e de Tinajo, e volcánico, para pequenos espazos de terra cultivable que quedaron rodeados de roca volcánica.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado sobre unha ampla plataforma submarina de menos de cen metros de profundidade, aínda que nalgúns puntos pode chegar a alcanzar os douscentos metros. Posúe unhas 19.270 hectáreas que pertencen ao municipio lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas.
Conta cos espazos protexidos da Reserva Natural Integral dos Illotes e o Parque Natural do Arquipélago Chinijo. O parque tomou a súa condición de espazo protexido en 1986, e foi reclasificado e recoñecido como zona de especial protección para as aves en 1994.
Demografía
[editar | editar a fonte]A única illa habitada do arquipélago Chinijo é La Graciosa, cunha poboación de 737 habitantes en 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A xoia mariña do arquipélago Chinijo. Reportaxe no diario El País.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arquipélago Chinijo |