Saltar ao contido

Parque Natural do Arquipélago Chinijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Natural do Arquipélago Chinijo
Imaxe
Tipoparque natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLas Palmas, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 29°14′20″N 13°29′56″O / 29.2389, -13.4989
Características
Superficie460,05 km² Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 196046 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1986 Editar o valor en Wikidata
A illa de La Graciosa desde Haría, en Lanzarote.

O parque natural do Arquipélago Chinijo é un espazo natural protexido español situado ao norte da illa canaria de Lanzarote. Este espazo natural ten a marca en superficie na Unión Europea, con 700 quilómetros cadrados. A súa importancia vénlle dada grazas á enorme biodiversidade, sobre todo nesas zonas onde se aglutinan a maior parte dos taxons endémicos, tanto exclusivos de Lanzarote e os seus illotes como doutras illas das Canarias.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

No Parque Natural do Arquipélago Chinijo atopámonos con dúas entidades xeomorfolóxicas perfectamente diferenciadas:

  • Os Cantís de Famara, formando parte do macizo de Famara que se corresponden cun escudo volcánico parcialmente erosionado. Estes riscos constitúen unha excelente mostra das emisións fisurais basálticas que conformaron o basamento insular de Lanzarote, presentando idades comprendidas entre os 5 e 10 millóns de anos.
  • A illa de La Graciosa, os illotes de Montaña Clara e Alegranza, e os Roques del Este e del Oeste conforman un conxunto volcánico, moi ben conservado (orixinado durante o Cuaternario) e que se atopa apoiado sobre unha plataforma submarina de menos de 200 m de profundidade que acaba ao noroeste de Alegranza.

Flora terrestre

[editar | editar a fonte]

O parque natural conta con 120 especies de liques, número similar ao doutras zonas comparables do Arquipélago Canario.

Uns 390 taxons de flora vascular localízanse no espazo protexido. Uns 62 son endémicos canarios, que representan o 12% do total para toda Canarias, e o 78,5% dos endemismos presentes en Lanzarote e os seus illotes. Destácanse algúns como Bupleurum handiense, Caralluma burchardii ou Euphorbia balsamifera.

Fauna terrestre

[editar | editar a fonte]
A Cryptella canariensis é unha especie de lesma endémica das Canarias e está presente no parque natural.

Atopáronse máis de 390 taxons, moitos deles endémicos. Existen 44 taxons endémicos exclusivos deste parque natural. Entre as especies ameazadas citar ao gasterópodo C. Ryptella famarae incluído como "vulnerable" no Catálogo de Especies Ameazadas das Canarias.

No espazo atopámonos con tres especies endémicas de Fuerteventura, Lanzarote e os seus illotes: Tarentola angustimentalis, Gallotia atlantica e Chalcides simonyi.

Este espazo é de vital importancia para a nidificación de aves mariñas, rapaces e outras aves moi escasas. Polo que está catalogado desde 1994 como Zona de especial protección para as aves. Algunhas destas aves son: Pandion haliaetus, Falco pelegrinoides, Chlamydotis undulata e Oceanodroma castro.

A musaraña ou muraño das Canarias (Crocidura canariensis), especie endémica, é o único mamífero terrestre autóctono que cría en devandito espazo, as demais especies son introducidas. Nalgún dos illotes localizáronse algúns exemplares que poderían corresponder ó morcego Pipistrellus kuhlii, aínda que non se comprobou a súa reprodución.

Flora e fauna mariñas

[editar | editar a fonte]

As augas do arquipélago son igualmente ricas en especies exóticas subtropicais, tanto animais como vexetais, cabe destacar a lapa, a estrela de mar espiñenta, lagostas e meros. En flora destaca o alga Codium.

Algúns cetáceos son observables nas augas do parque, sobre todo en meses de migración, algúns como Balaenoptera acutorostrata, Grampus griseus ou Delphinus delphis.

Tamén se ten constancia de que hai escasos exemplares de foca monxe do Mediterráneo no espazo natural, especie en crítico perigo de extinción.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]