Arquipélago de Zanzíbar
Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Océano Índico | |||
Localización | ||||
División administrativa | Zanzíbar, Tanzania | |||
| ||||
Bañado por | Océano Índico | |||
Composto por | Ilha de Mafia (pt) Vundwe Island (en) Mnemba Island (en) Uzi Island (en) Funzi Island (en) Chumbe Island (en) Fundo Island (en) Tumbatu (en) Bawe Island (en) Pemba Changuu (pt) Illa de Zanzíbar Latham (Tanzânia) (pt) Njao Island (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 135 m | |||
Superficie | 2.460 km² 2.654 km² | |||
Zanzíbar é un arquipélago do océano Índico localizado na costa de Tanzania, no seu levante, formado por tres illas principais (Unguja, Pemba e Mafia) con numerosas outras illas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase fronte á costa oriental de África, con tres illas principais, Unguja, Pemba e Mafia, acompañadas de varias illas máis miúdas, de illotes e arrecifes coralinos.
Unguja, erroneamente tamén chamada Zanzíbar, é a illa principal do arquipélago, situada no centro, separada de Tanzania polo canal de Zanzíbar e que ten a cidade máis grande do arquipélago: Zanzibar City. A illa de Pemba, separada de Tanzania pola canle de Pemba, é a illa principal da zona setentrional do arquipélago, mentres que a illa de Mafia, separada de Tanzania pola canle de Mafia, é a illa principal do sur.
As illas son pouco elevadas, sendo a altitude máxima do arquipélago de 130 metros en Koani, na illa de Unguja, e están rodeadas parcialmente por arrecifes de coral que forman lagoons. O seu litoral é en ocasións moi entrecortado, con moitas penínsulas e baías, que conforman moitos portos naturais.
Algunhas das outras illas máis grandes son:
Historia
[editar | editar a fonte]As illas de Unguja e Pemba formanron durante séculos parte dunha entidade independente (sultanato de Zanzíbar e estado Zanzíbar), colonizada polo Reino Unido (protectorado de Zanzíbar) e incorporada finalmente en Tanzania (Goberno Revolucionario de Zanzíbar). A illa de Mafia sempre estivo integrada á Tanzania continental (África Oriental Alemá, protectorado de Tanganyika e Estado de Tanganica).
Zanzíbar foi o lugar dunha das guerras máis curtas da historia, que durou trinta e sete minutos, durante un enfrontamento entre os soldados británicos e os soldados da illa de Zanzíbar.
Na formación de Tanzania pola asociación dos estados de Tanganyika e Zanzíbar, o arquipélago quedou englobado baixo un mesmo país e dividido en seis rexións: Pemba Norte e Pemba Sur, na illa de Pemba; Unguja Central/Sur, Unguja Norte e Unguja Urbana/Oeste, na illa de Unguja. As seis rexións forman a entidade administrativa autónoma do Goberno Revolucionario de Zanzíbar, mentres que a illa de Mafia inclúese na Rexión de Pwani.
Demografía
[editar | editar a fonte]A maioría dos habitantes e das infraestruturas das illas de Unguja e Pemba atópanse no oeste das illas, xa que o coral impide a agricultura nas partes orientais. A cidade principal do arquipélago e capital do Goberno Revolucionario de Zanzíbar é a cidade de Zanzibar (Zanzibar City), situada na illa de Unguja, que no 2002 contaba cunha poboación metropolitana de 205.870 habitantes.
Clima
[editar | editar a fonte]O arquipélago de Zanzíbar está suxeito a un clima ecuatorial caracterizado por dúas estacións de choivas: a máis importantes (masika) dura desde marzo até maio, e a outra, máis pequena (vuli) dáse a partir de mediados de outubro até decembro. Entre ambas hai unha estación seca, principalmente de xuño a outubro. O mes de febreiro é o máis cálido e o máis frío é agosto. As illas, a pesar de estar moi próximas ao ecuador, sálvanse do paso de ciclóns.
Agricultura
[editar | editar a fonte]As principais culturas das illas de Unguja e de Pemba son o cravo de olor (no oeste das illas), o arroz e o coco (só en Unguja). O leste das illas é pouco propicio para a agricultura debido á presenza de solo coralino.
As industrias de transformación do cravo e do coco encóntranse en Unguja, na cidade de Zanzibar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zanzibar |