Saltar ao contido

Illa de Zanzíbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Unguja»)
Modelo:Xeografía físicaIlla de Zanzíbar
Imaxe
Tipoilla
división administrativa Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Zanzíbar Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArquipélago de Zanzíbar Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaZanzíbar, Tanzania Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 6°08′03″S 39°18′59″L / -6.1342, 39.3164
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións37 (ancho) × 83 (lonxitude) km
Superficie1.575 km² Editar o valor en Wikidata

Unguja (tamén coñecida como Illa de Zanzíbar ou simplemente Zanzibar, na Lingua grega antiga Menuthias, Μενουθιάς - como é chamada no Periplo do Mar Eritreo, en grego: Περίπλους τὴς Ἐρυθράς Θαλάσσης -) É a illa máis grande e máis poboada do arquipélago de Zanzíbar, e é a illa máis grande e máis poboada do Arquipélago de Zanzíbar, en Tanzania.

Artigo principal: Historia de Zanzíbar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Unguja é unha illa montañosa, de 83 km. de longo (norte-sur) e 37 km no seu punto máis largo (este-oeste), cunha superficie total de ao redor de 1.666 km².[1] Atópase na metade sur do Arquipélago de Zanzíbar, no océano Índico, preto da segunda illa máis grande do arquipélago, Pemba. Unguja e o territorio continental de Tanzania están separados pola Canle de Zanzíbar.

Unguja está rodeada por unha serie de illas e illotes menores, só dúas delas, Tumbatu e Uzi Uzi, sendo habitados. Outras illas menores ao redor de Unguja son Bawe, Chapwani, Changuu, Chumbe, Kizingo, Kwale, Latham, Mautani, Miwi, Mnemba, Mwana wa Mwana, Nianembe, Popo, Pungume, e Ukanga.

Política

[editar | editar a fonte]

Unguja e as illas circundantes divídense en tres rexións: Zanzíbar Central/Sur (capital: Koani), Zanzíbar Norte (capital: Mkokotoni), Zanzíbar Urbana/Oeste (capital: Zanzibar, cidade). Unguja pertence a Zanzíbar, que é definida pola Constitución de Tanzania como unha parte de Tanzania cun alto grado de autonomía. O goberno local de Zanzíbar baséase na Cidade de Pedra de Zanzíbar, na costa oeste de Unguja.

Poboación

[editar | editar a fonte]

No censo de 2012, a poboación total de Unguja era 896.721 habitantes, sobre todo concentrada na rexión urbana de Zanzíbar.[2] O principal asentamento na illa é a cidade de Zanzíbar, que serve como capital da illa de Zanzíbar, e que inclúe a famosa e histórica Cidade de Pedra, así como outras zonas poboadas como Michenzani. Outros asentamentos importantes en Unguja son Mbweni, Zanzibar, Mbweni, Mangapwani, Chwaka e Nungwi.

As persoas de Unguja falan sobre todo o kiunguja (lingua de Unguja), que é o dialecto da lingua Suahili que foi utilizado como modelo principal para a definición do Suahili estándar.[3]

Economía

[editar | editar a fonte]

Unguja é a illa do Arquipélago de Zanzíbar que conta coa industria turística máis desenvolvida. Isto representa unha parte substancial da economía de Unguja. Outras actividades relevantes son a agricultura (incluída a produción de especias), como o cravo, e a pesca. Ao longo da costa leste, a maioría das aldeas tamén dependen da agricultura de algas mariñas.

  1. Zanzibar (2007). Zanzibar strategy for growth and reduction of poverty (ZSGRP). Revolutionary Government of Zanzibar. p. 2. Consultado o 15 December 2011. 
  2. "Population Distribution by Administrative Units, United Republic of Tanzania, 2013, page 2" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  3. Kiunguja

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]