Arquitectura neoandina

A arquitectura neoandina (en aimará: Machaqa-Anti; en quechua: Musuq Antikunakaq) é un movemento arquitectónico contemporáneo principalmente situado en El Alto, Bolivia,[1][2] expresado nos numerosos cholets da cidade (termo orixinado pola combinación das palabras "cholo" e chalé)[3], así como en mansións pequenas e salóns de baile.[4] O arquitecto boliviano Freddy Mamani foi descrito como "o arquitecto máis coñecido" da arquitectura neoandina. Mamani é un enxeñeiro civil que comezou como simple traballador hai dúas décadas e construíu máis de 60 estruturas neoandinas no Alto dende 2005.[2][5][6][7]
A historiadora da arquitectura Elisabetta Andreoli describiu o estilo, representado en máis de 100 estruturas ao longo do horizonte de El Alto, como neoandino. Paola Flores sinalou que "a maioría [das estruturas neoandinas] foron construídas dende que o presidente Evo Morales, un aimará que foi o primeiro líder indíxena do país, asumiu o cargo en 2006. A súa aparición coincide cun modesto pulo económico unido a un aumento do orgullo aimará.[6]
O termo utilizouse por primeira vez nunha revista de arquitectura para facer referencia ao estilo do edificio da embaixada dos Estados Unidos en Lima, no Perú por Arquitectonica en 1996, e foi descrito como unha inspiración "bastante literal" na historia peruana, modelando a base do edificio sobre as estruturas das antigas cidades de Cuzco e Machu Picchu."[8]
É unha construción coas características dun edificio de 3 a 7 niveis destinados a usos comerciais ou vivendas e na última planta é construído un chalé. O cholet é xeralmente habitado polo propietario do inmoble.
Acollida
[editar | editar a fonte]En xeral, a arquitectura neoandina foi recibida con eloxios dos residentes en El Alto. Paola Flores sinala que os Alteños, ou veciños do Alto, "están en xeral satisfeitos coa súa contribución á arquitectura moderna", sinalando un veciño que afirmou "'Para min, é como un berro que di: "Aquí estamos! Isto é o que somos!" e outro que remarcou "Son unha muller aimara, orgullosa da miña cultura, feliz e chea de cor. Entón, por que a miña casa non debería mostrar o que son?".[6] Os edificios apareceron en Héroes del Brillo de Frederico Estol, unha colección de fotografía sobre os milleiros de limpabotas da Paz e El Alto.[9]
Os edificios foron descritos como "futurista" e "funky" por persoas alleas á cultura andina.[10][11] En particular, varios fixeron comparacións co lendario artista de banda deseñada Jack Kirby, e moitos chegaron á conclusión de que Kirby, tamén influenciado pola arquitectura e os patróns de América do Sur, e Mamani tiran das mesmas influencias.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cholet, o elemento característico da arquitectura neoandina.
-
Cholet na cidade de El Alto.
-
Detalle do teito da sala de festa dun cholet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jeanne Kim. "Bolivia’s “spaceship architecture” showcases the new wealth of indigenous people".
- ↑ 2,0 2,1 Nicolás Valencia. "Freddy Mamani y el surgimiento de una nueva arquitectura andina en Bolivia".
- ↑ "'Cholets', la nueva arquitectura boliviana, símbolo de la opulencia aymara".
- ↑ "Author picks". The Rough Guide to Bolivia. Apa Publications (UK). 2018. ISBN 9781786719980.
- ↑ Elisabetta Andreoli. "Party Halls in El Alto, Bolivia by Freddy Mamani Silvestre".
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Flores, Paola (5 de xullo de 2014). "From street stall to mini-mansion". Toronto Star.
- ↑ Allen, Eric (25 de xullo de 2018). "Architect Freddy Mamani Has Transformed El Alto, Bolivia, Into a Mecca of Modern Architecture". Architectural Digest.
- ↑ "United States Embassy Chancery Building". Architectural Record 184: 84. 1996.
- ↑ Abel-Hirsch, Hannah (20 de marzo de 2020). "Shine on, Shine Heroes". British Journal of Photography.
- ↑ Blair, Laurence. "These Vibrant, Futuristic Mansions Are Popping Up in Bolivia". National Geographic.
- ↑ Wainwright, Oliver (23 de outubro de 2018). "Party palaces and funky funhouses: Freddy Mamani's maverick buildings". The Guardian.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La arquitectura de Freddy Mamani Silvestre de Elisabetta Andreoli e Ligia D'Andrea (A Paz: El Alto, 2013)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Coñece o “cholet”, a mansión dos novos ricos bolivianos Arquivado 23 de outubro de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 21 de xuño de 2014 (en castelán)