Machu Picchu
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Descubridor ou inventor | Hiram Bingham III Agustín Lizárraga | |||
Parte de | Santuario Histórico de Machu Picchu | |||
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Urubamba, Perú e Departamento de Cuzco, Perú | |||
Localización | Aguas Calientes | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.430 m | |||
Superficie | 32.500 ha | |||
Patrimonio Cultural do Perú | ||||
Punto histórico da enxeñaría civil | ||||
Identificador | machu-picchu | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1450 | |||
Data de disolución, retirada ou demolición | 1572 (Gregoriano) | |||
Sitio web | machupicchu.gob.pe | |||
Machu Picchu[1] (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella")[2] é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm,[3] altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.[4]
Segundo documentos de mediados do século XVI[5] Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.[6] Ámbolos usos, o de palacio e o de santuario, non serían incompatibles. Algúns expertos parecen descartar, emporiso, un suposto carácter militar, polo que os populares cualificativos de "fortaleza" ou "cidadela" poderían ser superados.[7]
Machu Picchu está considerada tamén coma unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría.[8] As súas peculiares características arquitectónicas e paisaxísticas e o veo de misterio que teceu arredor seu gran parte da literatura publicada sobre o sitio, convertérono nun dos destinos turísticos máis populares do Planeta.[9]
Machu Picchu foi declarado Santuario Histórico Peruano en 1981 e está na lista do Patrimonio da humanidade da UNESCO dende 1983,[10] como parte de todo o conxunto cultural e ecolóxico coñecido coa denominación santuario histórico de Machu Picchu.
O 7 de xullo de 2007 Machu Picchu foi declarada unha das Novas sete marabillas do mundo nunha cerimonia realizada en Lisboa (Portugal), que contou coa participación de máis de cen millóns de votantes no mundo enteiro a través dun concurso realizado en Internet.[11]
Localización xeográfica
[editar | editar a fonte]Localización
[editar | editar a fonte]Atópase a 13º 9' 47" latitude sur e 72º 32' 44" lonxitude oeste. Forma parte do distrito do mesmo nome, na provincia de Urubamba, no departamento de Cuzco, no Perú. A cidade importante máis próxima é Cuzco, actual capital rexional, capital histórica do país e antiga capital dos incas, a 130 km de alí.
As montañas Machu Picchu e Huayna Picchu son parte dunha gran formación orográfica coñecida coma batólito de Vilcabamba, na Cordilleira Central dos Andes peruanos. Atópanse na marxe esquerda do chamado Canón do Urubamba, coñecido antigamente como Valgada de Picchu.[12] Polo pé dos cerros, e practicamente rodeándoos, corre o río Vilcanota-Urubamba. As ruínas incas atópanse a medio camiño entre as cimas de ámbalas dúas montañas, a 450 metros de altitude por riba do nivel do val e a 2.438 metros sobre o nivel do mar. A superficie edificada é aproximadamente de 530 metros de longo por 200 de ancho e conta con 172 edificios na súa área urbana.
As ruínas, estritamente, están dentro dun territorio intanxible do Sistema Nacional de Áreas Naturais Protexidas polo Estado (SINANPE),[13] chamado santuario histórico de Machu Picchu, que se estende sobre unha superficie de 32.592 hectáreas, (80.535 acres ou 325,92 km²) da conca do río Vilcanota - Urubamba (o Willka mayu ou "río sacro" dos incas). O Santuario Histórico protexe unha serie de especies biolóxicas en perigo de extinción e varios estabelecementos incas,[14] entre os que Machu Picchu está considerado coma o principal.
Formas de acceso
[editar | editar a fonte]A zona arqueolóxica mesma só é accesible, se se quer dende os camiños incas que chegan ata ela, ou se se quer utilizando a estrada Hiram Bingham (que ascende a pendente do cerro Machu Picchu dende a estación de tren de Puente Ruínas, situada no fondo do canón). Ningunha das dúas formas exime ao visitante do prezo de ingreso ás ruínas.[15]
Esta estrada, emporiso, non está integrada na rede nacional de estradas do Perú. Nace na vila de Aguas Calientes, desde onde tan só se pode acceder por ferrocarril (unhas 3 horas dende Cuzco)[16] ou helicóptero (30 minutos dende Cuzco). A ausencia dunha estrada directa ao santuario de Machu Picchu é intencionada pois permite controlar o fluxo de visitantes á zona, que, dado o seu carácter de reserva nacional, é particularmente sensible aos xentíos. Iso, así a todo, non impediu o crecemento desordenado (criticado polas autoridades culturais) de Aguas Calientes, que vive para e polo turismo e conta con restaurantes e hoteis de diferentes categorías.
Para chegar a Machu Picchu polo principal Camiño Inca débese facer unha andaina duns 3 días. Para iso cómpre tomar o tren ata o km 82 da vía férrea Cuzco - Aguas Calientes, de onde parte o percorrido a pé.[17]
Algúns visitantes toman un autobús local dende Cuzco ata Ollantaytambo (vía Urubamba) e dende aí toman un transporte ata o mencionado km 82. Xa alí percorren as vías do tren ata cubrir os 32 km que hai ata Aguas Calientes.
Clima
[editar | editar a fonte]O tempo é cálido e húmido durante o día e fresco á noite. A temperatura oscila entre os 12 e os 24 graos centígrados. A zona é por regra xeral chuviosa (uns 1.955 mm anuais), especialmente entre novembro e marzo. As choivas, que son copiosas, altérnanse rapidamente con momentos de intenso brillo solar.[18]
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]O conxunto do sitio arqueolóxico foi construído sobre o batólito de Vilcabamba, composto de rochas intrusivas que datan aproximadamente duns 250 millóns de anos,[19] principalmente granito branco a agrisado, cortado por algunhas vetas de tonalitas e talcoxistos.
O macizo granítico está cortado por unha serie de fallas e diáclases que xogan un papel importante na conformación actual do relevo e na súa evolución. No Mapa Xeolóxico do Cuadrángulo de Machu Picchu (27-q) do Instituto Xeolóxico Mineiro e Metalúrxico do Perú obsérvanse dúas grandes fallas de rumbo rexionais que cortan a zona, chamadas Fallas Huayna Picchu e Machu Picchu, de orientación NE-SO. Estas fallas non tiveron actividade recente.[20]
Historia
[editar | editar a fonte]A Valgada de Picchu, situada a medio camiño entre os Andes e a foresta amazónica, foi unha rexión colonizada por poboacións montesas, non selváticas, provenientes das rexións de Vilcabamba e do Val Sagrado, en Cuzco, en busca da expansión das súas fronteiras agrarias. As evidencias arqueolóxicas indican que a agricultura practicouse na rexión dende polo menos o 760 a.C.[21] Produciuse unha explosión demográfica a partir do período Horizonte medio, dende o ano 900 da nosa era, por grupos non documentados historicamente pero que posiblemente estiveron vinculados á etnia Tampu do Urubamba. Crese que estes pobos poderían formar parte da federación Aiarmaca, rivais dos primeiros incas do Cuzco.[22] Os aiarmaca aparecen mencionados en diferentes crónicas do século XVI como antagonistas dos incas no período anterior ao ascenso de Pachacuti. Nese período expándese considerablemente a área agrícola "construída" (plataformas). Porén, a localización específico da cidade (a crista rochosa que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu) non presenta pegadas de ter edificacións antes do século XV.[23]
Época inca (1438-1534)
[editar | editar a fonte]Por volta de 1440, durante a súa campaña cara a Vilcabamba, a Valgada de Picchu foi conquistada por Pachacuti,[24] primeiro emperador inca (1438-1470). O lugar de Machu Picchu debeu impresionar ao monarca polas súas peculiares características dentro da xeografía sacra cusqueña.[25] e por iso mandaría a construír alí, por volta de 1450, un complexo urbano con edificacións de gran luxo civís e relixiosas.[26]
Crese que Machu Picchu tivo unha poboación móbil como a maioría das llaqtas incas, que oscilaba entre 300 e 1.000 habitantes[27] pertencentes a unha elite (posiblemente membros da panaca de Pachacuti)[28] e acllas. Demostrouse que a forza agrícola estivo composta por colonos mitimaes ou mitmas (mitmaqkuna) procedentes de diferentes recunchos do imperio.[29]
Machu Picchu non era de ningún xeito un complexo illado, polo que o mito da "cidade perdida" e do "refuxio secreto" dos emperadores incas carece de base. Os vales que confluían na valgada formaban unha rexión densamente poboada que incrementou espectacularmente a súa produtividade agrícola a partir da ocupación inca en 1440.[30] Os incas construíron alí moitos centros administrativos, os máis importantes dos cales foron Patallacta e Quente [31] e abundantes complexos agrícolas formados por socalcos de cultivo. Machu Picchu dependía destes complexos para a súa alimentación, pois os campos do sector agrario da cidade resultarían insuficientes para abastecer á poboación.[32] A comunicación intrarrexional era posible grazas ás redes de camiños incas: 8 camiños chegaban a Machu Picchu.[33] A pequena urbe de Picchu chegouse a diferenciar das poboacións veciñas pola singular calidade dos seus principais edificios.
Á morte de Pachacuti, e de acordo cos costumes reais incas, esta e o resto das súas propiedades persoais pasaría á administración da súa panaca, que debía destinar as rendas producidas ao culto da momia do defunto rei.[34] Presúmese que se mantivo esta situación durante os gobernos de Túpac Yupanqui (1470-1493) e Huayna Cápac (1493-1529).
Machu Picchu debeu perder en parte a súa importancia ao ter que competir en prestixio coas propiedades persoais dos emperadores sucesores. De feito, a apertura dun camiño máis seguro e amplo entre Ollantaytambo e Vilcabamba (o do Val de Amaybamba) fixo que a ruta da Valgada de Picchu fose menos empregada.[35]
Época de transición (1534-1572)
[editar | editar a fonte]A guerra civil inca (1531-32) e a irrupción española no Cuzco en 1534 deberon afectar considerablemente a vida de Machu Picchu. A masa campesiña da rexión estaba composta principalmente por mitmas, colonos de diferentes nacións conquistadas polos incas levados á forza a ese lugar. Os campesiños aproveitaron a caída do sistema económico cusqueño para retornar ás súas terras de orixe.[36] A resistencia inca contra os españois, dirixida por Manco Inca en 1536, convocou aos nobres das rexións próximas a integrar a súa corte no exilio de Vilcabamba,[37] e é moi probable que os principais nobres de Picchu abandonasen entón a cidade. Documentos da época indican que a rexión estaba chea de "despoboados" nese tempo.[38] Picchu seguiría habitada e o rexistro da súa existencia proba que foi considerada unha poboación tributaria da encomenda española de Ollantaitambo.[39] Iso non significa necesariamente que os españois visitasen Machu Picchu con frecuencia; de feito, sabemos que o tributo de Picchu era entregado aos españois unha vez por ano na vila de Ollantaitambo, e non "recollido" localmente.[40] De todas as maneiras, está claro que os españois sabían do lugar, aínda que non hai indicios de que apreciasen a súa importancia pasada. Os documentos coloniais ata mencionan o nome de quen era curaca (seica o último) de Machu Picchu en 1568: Juan Mácora.[4] Que se chame "Juan" indica que fora, polo menos nominalmente, bautizado, e, xa que logo, sometido á influencia española.
Outro documento[41] indica que o Inca Titu Cusi Yupanqui, que daquela reinaba en Vilcabamba, pediu que frades agostiños acudisen a evanxelizar "Piocho" cara a 1570. Non se coñece ningún lugar da zona que se oia parecido a "Piocho" que non sexa "Piccho" ou "Picchu", o que fai supor a Lumbreras que os famosos "extirpadores de idolatrías" poderían chegar ao sitio e ter que ver coa destrución e incendio do Torreón do Templo do Sol.[42]
O soldado español Baltasar de Ocampo escribiu a fins do século XVI sobre un poboado "no alto dunha montaña" de edificios "suntuosísimos" e que albergaba un grande acllahuasi (Casa das escolleitas) nos últimos anos da resistencia inca. A descrición breve que fai dos seus ambientes remítenos a Picchu. O máis interesante é que Ocampo di que se chama "Pitcos". O único lugar de nome parecido é "Vitcos", un sitio inca en Vilcabamba completamente diferente ao descrito por Ocampo. O outro candidato é, naturalmente, Picchu.[43] Non se sabe ata hoxe se se trata do mesmo lugar ou non. Ocampo indica que neste lugar se criou Túpac Amaru I, sucesor de Titu Cusi e último Inca de Vilcabamba.
Entre a colonia e a república (s. XVII-s. XIX)
[editar | editar a fonte]Tras a caída do reino de Vilcabamba en 1572 e a consolidación do poder español nos Andes Centrais, Machu Picchu mantívose dentro da xurisdición de diferentes facendas coloniais que cambiaron varias veces de mans ata tempos republicanos (dende 1821). Porén, xa se volveu un lugar remoto, afastado dos novos camiños e eixos económicos do Perú. A rexión foi practicamente ignorada polo réxime colonial (que non mandou edificar templos cristiáns nin administrou poboado ningún na zona), aínda que non polo home andino.
De certo, o sector agrícola de Machu Picchu non parece estar completamente deshabitado nin descoñecido: documentos de 1657[44] e de 1782[45] aluden a Machu Picchu, como terras de interese agrícola. Así a todo, as súas principais construcións, as da área urbana, non parecen que fosen ocupadas e foron gañadas pronto pola vexetación do bosque nubrado.
Machu Picchu no século XIX
[editar | editar a fonte]En 1865, no curso das súas viaxes de exploración polo Perú, o naturalista italiano Antonio Raimondi pasou ao pé das ruínas sen o saber e aludiu ao escasamente poboada que estaba daquela a rexión. Emporiso todo indica que foi por eses anos cando a zona empezou a recibir visitas por intereses distintos aos simplemente científicos.
Efectivamente, unha investigación divulgada en 2008 [46][47] revelou información sobre un empresario alemán chamado Augusto Berns que en 1867 non só "descubriría" as ruínas senón que fundaría unha empresa "mineira" para explotar os presuntos "tesouros" que albergaban (a "Compañía Anónima Explotadora das Huacas do Inca"). De acordo con esta fonte, entre 1867 e 1870 e coa autorización do goberno de José Balta, a compañía operaría na zona e logo vendera "todo o que atopou" a coleccionistas europeos e norteamericanos.[48]
Conectados ou non con esta presunta empresa (cuxa existencia espera ser confirmada por outras fontes e autores) o certo é que é neses momentos cando os mapas de prospeccións mineiras comezan a mencionar Machu Picchu. Así, en 1870, o norteamericano Harry Singer colocou por primeira vez nun mapa a localización do Cerro Machu Picchu e referiuse ao Huayna Picchu como "Punta Huaca do Inca". O nome revela unha inédita relación entre os incas e a montaña e mesmo suxire un carácter relixioso (unha huaca nos Andes Antigos era un lugar sacro).[49]
Un segundo mapa de 1874, elaborado polo alemán Herman Gohring, menciona e sitúa no seu sitio exacto as dúas montañas.[50]
Por fin en 1880 o explorador francés Charles Wiener confirmou a existencia de restos arqueolóxicos no lugar (afirma: "falóuseme doutras cidades, de Huayna Picchu e de Machu Picchu"), aínda que non deu chegado ao lugar.[51] De calquera xeito está claro que a existencia da presunta "cidade perdida" non se esqueceu, como se cría ata hai poucos anos.
Redescubrimento de Machu Picchu (1894-1911)
[editar | editar a fonte]As primeiras referencias directas sobre visitantes das ruínas de Machu Picchu indican que Agustín Lizárraga, un arrendatario de terras cusqueño, chegou ao sitio o 14 de xullo de 1902 guiando aos tamén cusqueños Gabino Sánchez, Enrique Palma e Justo Ochoa.[52] Os visitantes deixaron un graffiti cos seus nomes nun dos muros do Templo das Tres Fiestras que foi posteriormente verificado por varias persoas.[53] Existen informacións que suxiren que Lizárraga xa visitara Machu Picchu en compañía de Luís Béjar en 1894.[54] Lizárraga mostráballes as construcións aos "visitantes", aínda que a natureza das súas actividades ata o de hoxe non foi investigada.[55]
Hiram Bingham, un profesor norteamericano de historia interesado en atopar os últimos redutos incas de Vilcabamba oíu falar de Lizárraga aos seus contactos cos facendados locais.[56] Foi así como chegou a Machu Picchu o 24 de xullo de 1911 guiado por outro arrendatario de terras, Melchor Arteaga, e acompañado por un sarxento da garda civil peruana de apelido Carrasco.[57] Atoparon a dúas familias de campesiños vivindo alí: os Recharte e os Álvarez, quen usaban as plataformas do sur das ruínas para cultivar e bebían a auga dunha canle inca que aínda funcionaba e que traía auga dun manancial. Pablo Recharte, un dos nenos de Machu Picchu, guiou a Bingham cara á "zona urbana" cuberta pola maleza.[58]
Bingham quedou moi impresionado polo que viu e xestionou os patrocinios da Universidade Yale, a National Geographic Society e o goberno peruano para iniciar decontado o estudo científico do sitio.[59] Así, co enxeñeiro Ellwood Erdis, o osteólogo George Eaton, a participación directa de Toribio Recharte e Anacleto Álvarez xunto cun grupo de traballadores anónimos da zona, Bingham dirixiu traballos arqueolóxicos en Machu Picchu dende 1912 ata 1915, período no que se despexou a maleza e escaváronse tumbas incas nos extramuros da cidade. A "vida pública" de Machu Picchu empezou en 1913 coa publicación dun artigo na revista da National Geographic.
Aínda que está claro que Bingham non descubriu Machu Picchu no sentido estrito da palabra (ninguén o fixo dado que nunca se "perdeu" realmente), é indubidable que tivo o mérito de ser a primeira persoa en recoñecer a importancia das ruínas, estudándoas cun equipo multidisciplinario e divulgando os seus achados. Iso aínda que os criterios arqueolóxicos empregados non fosen os máis adecuados dende a perspectiva actual,[60] e malia, tamén, a polémica que ata hoxe envolve a máis que irregular saída do país do material arqueolóxico escavado[61] (que consta de polo menos unhas 46.332 pezas) e que ata 2009 non foi devolvido ao goberno peruano [62]
Machu Picchu dende 1915
[editar | editar a fonte]Entre 1924 e 1928 Martín Chambi e Juan Manuel Figueroa fixeron unha serie de fotografías en Machu Picchu que foron publicadas en diferentes revistas peruanas, masificando o interese local sobre as ruínas e converténdoas nun símbolo nacional.[63] Co transcorrer das décadas, e especialmente dende a apertura en 1948 dunha vía de carros que ascendía a pendente da montaña ata as ruínas dende a estación de tren, Machu Picchu converteuse no principal destino turístico do Perú. Durante os dous primeiros terzos do século XX, emporiso, o interese pola súa explotación turística foi maior que o de conservación e estudo das ruínas, o que non impediu que algúns investigadores notables avanzasen en resolver os misterios de Machu Picchu, destacando especialmente os traballos da Viking Found dirixida por Paul Fejos sobre os sitios incas da contorna de Machu Picchu ("descubrindo" varios establecementos do Camiño Inca a Machu Picchu) e as investigacións de Luís E. Valcárcel que relacionaron por primeira vez o sitio con Pachacuti. Foi o partir da década de 1970 cando novas xeracións de arqueólogos (Chávez Ballón, Lorenzo, Ramos Condori, Zapata, Sánchez, Valencia, Gibaja), historiadores (Glave e Remy, Rowe, Angles), astrónomos (Dearborn, White, Thomson) e antropólogos (Reinhard, Urton) se ocuparon da investigación das ruínas e do seu pasado.
O establecemento dunha Zona de Protección Ecolóxica ao redor das ruínas en 1981, a inclusión de Machu Picchu como integrante da Lista do Patrimonio Mundial en 1983, e a adopción dun Plan Mestre para o desenvolvemento sostible da rexión en 2005 foron os fitos máis importantes no esforzo por conservar Machu Picchu e a súa contorna. Con todo conspiraron contra estes esforzos algunhas malas restauracións parciais no pasado,[64] incendios forestais, como o de 1997 e conflitos políticos xurdidos nas poboacións próximas en prol dunha mellor distribución dos recursos obtidos polo Estado na administración das ruínas.
Feitos recentes
[editar | editar a fonte]- O 8 de setembro do 2000, cando se gravaba un comercial publicitario de cervexa cusqueña (Backus & Johnston), un guindastre que se estaba a utilizar caeu sobre o famoso Intihuatana ("reloxo solar"), rompendo preto de 8 cm da punta. O caso levou a unha demanda por parte do INC e a solicitude da respectiva indemnización, en 2005.[65]
- En xullo de 2003 a cantante Gloria Estefan visitou a cidadela e gravou nas súas paisaxes o videoclip con letra do cantautor peruano Gian Marco para o tema Hoy (Today) do álbum Unwrapped.
- O 10 de novembro de 2003 o Congreso do Perú emite a lei 28100 que establece que o 10% dos ingresos recadados polo ingreso ao Parque Arqueolóxico de Machu Picchu, administrado polo Instituto Nacional de Cultura, será destinado á municipalidade de Machu Picchu.[66]
- O 12 de xullo de 2006 o Congreso do Perú emite a lei 28778 para a repatriación dos obxectos arqueolóxicos que forman parte da colección Machu Picchu do museo Peabody da Universidade Yale nos Estados Unidos de Norteamérica, que foron autorizadas a saír do país polo Decreto Supremo 1529 do 31 de outubro de 1912 e por Decretos Supremo 31 do 27 de xaneiro de 1916.[67]
- En xuño de 2007 a actriz Cameron Diaz visitou a cidadela para facer un documental do programa 4Real da cadea CTV.
- En 2007 o goberno do Perú decretou o día 7 de xullo como o "Día do Santuario Histórico de Machu Picchu, Nova Marabilla do Mundo", debido a que o 7 de xullo de 2007 Machu Picchu foi nomeada como unha das Novas sete marabillas do mundo.
- En setembro de 2007 a Universidade Yale manifestou que devolverá 4.000 pezas arqueolóxicas atopadas por Hiram Bingham e que actuará como promotor da súa exhibición nun museo itinerante e finalmente nun museo no Cuzco.[68]
Descrición de Machu Picchu
[editar | editar a fonte]A área edificada en Machu Picchu é de 530 metros de longo por 200 de ancho e inclúe polo menos 172 recintos. O complexo está claramente dividido en dúas grandes zonas: a zona agrícola, formada por conxuntos de socalcos de cultivo, que se atopa no sur, e a zona urbana, que é onde viviron os seus ocupantes e onde se desenvolveron as principais actividades civís e relixiosas. Ámbalas zonas están separadas por un muro, un foso e unha escalinata, elementos que corren paralelos á costa leste da montaña.[69] Unha parte apreciable das ruínas son en realidade reconstrucións, como se aprecia comparando as imaxes obtidas na década de 1910 coas posteriores.
Zona agrícola
[editar | editar a fonte]As plataformas (socalcos de cultivo), de Machu Picchu aparecen como grandes chanzos construídos sobre a aba. Son estruturas formadas por un muro de pedra e un recheo de diferentes capas de material (pedras grandes e menores, cascallo, arxila e terra de cultivo) que facilitan a drenaxe, evitando que a auga se empoce neles (téñase en conta a gran pluviosidade da zona) e se esborralle a súa estrutura. Este tipo de construción permitiu que se cultivase sobre eles ata a primeira década do século XX. Outras plataformas de menos ancho atópanse na parte baixa de Machu Picchu, ao redor de toda a cidade. A súa función non era agrícola senón a de servir coma muros de contención.
Cinco grandes construcións sitúanse sobre as plataformas ao leste do camiño inca que chega a Machu Picchu dende o sur. Foron utilizadas coma cortes ou almacéns. Ao oeste do camiño atópanse outros dous grandes conxuntos de plataformas: uns concéntricos de corte semicircular e outros rectos.
Zona urbana
[editar | editar a fonte]Un muro duns 400 metros de longo divide a cidade da área agrícola. Paralelo ao muro corre un "foso" usado coma a principal drenaxe da cidade. No alto do muro está a porta de Machu Picchu que contaba cun mecanismo de peche interno.
A zona urbana foi dividida polos arqueólogos actuais en grupos de edificios denominados por un número entre o 1 e o 18. Aínda ten vixencia o esquema exposto por Chávez Ballón en 1961 que a divide nun sector hanan (alto) e outro hurin (baixo) de acordo coa bipartición tradicional da sociedade e a xerarquía andina. O eixo físico desa división é unha praza alargada, construída sobre socalcos en diferentes niveis de segundo o declive da montaña.
O segundo eixo en importancia da cidade forma cruz co anterior, atravesando practicamente todo o ancho das ruínas de leste a oeste. Consiste en dous elementos: unha ancha e longa escalinata que fai as veces de "rúa principal" e un conxunto de elaboradas fontes de auga que corre paralelo a ela.
Na intersección de ámbolos dous eixos están situadas a residencia do inca, o templo-observatorio do torreón e a primeira e máis importante das fontes de auga.
Sector Hanan
[editar | editar a fonte]- Conxunto 1
O Conxunto 1 inclúe estruturas relacionadas coa atención a quen chegaba á cidade pola porta (unha "área vestibular"),[70] cortellos para camélidos, talleres, cociñas e habitacións. Todo iso á beira leste do camiño, nunha sucesión de rúas paralelas que baixan pola costa da montaña. A construción máis importante, o edificio vestibular, tiña dous pisos e varios accesos. Á man esquerda do camiño de ingreso hai habitacións de menor rango que estarían relacionadas co traballo nas canteiras, situadas nas inmediacións deste sector. Todas as construcións son de aparello común e moitas delas estaban recebadas e pintadas.
- Templo do Sol
Accédese a el por unha portada de dobre porta, que permanecía pechada (hai restos dun mecanismo de seguridade). A edificación principal é coñecida coma "o Torreón", de bloques finamente labrados. Foi usada para cerimonias relacionadas co solsticio de xuño.[71] Unha das súas fiestras amosa pegadas de ter ornamentos incrustados que foron arrincados nalgún momento da historia de Machu Picchu, destruíndo parte da súa estrutura. Ademais hai pegadas dun grande incendio no lugar. O Torreón está construído sobre unha gran rocha debaixo da que hai unha pequena cova que foi forrada completamente con cachotaría fina. Crese que foi un mausoleo e que nos seus grandes nichos repousaban momias. Lumbreras mesmo especula con que hai indicios para afirmar que puido ser o mausoleo de Pachacuti e que a súa momia estivo aquí ata pouco despois da irrupción española en Cuzco.[72]
- Residencia Real
Das construcións destinadas a vivenda esta é a máis fina, grande e mellor distribuída de Machu Picchu. A súa porta de acceso dá á primeira fonte da cidade e, cruzando a "rúa" formada pola grande escalinata, ao Templo do Sol. Inclúe dúas habitacións de grandes linteis monolíticos e muros de pedra ben labrada. Unha desas habitacións ten acceso a un cuarto de servizo cunha canle de desaugadoiro. O conxunto inclúe un curral para camélidos e un socalco privado con vista á beira leste da cidade.
- Praza sacra
Chámaselle así a un conxunto de construcións dispostas ao redor dun patio cadrado. Todas as evidencias indican que o lugar estivo destinado a diferentes rituais. Inclúe dous dos mellores edificios de Machu Picchu, que están formados por rochas labradas de gran tamaño: O Templo das Tres fiestras, cuxos muros de grandes bloques poligonais foron ensamblados coma un crebacabezas, e o Templo Principal, de bloques máis regulares, que se cre que foi o principal recinto cerimonial da cidade. Encostada a este último está a chamada "casa do sacerdote" ou "cámara dos ornamentos". Hai indicios que suxiren que o conxunto xeral non se terminou de construír.
- Intihuatana
Trátase dun outeiro cuxos flancos foron convertidos en socalcos, tomando a forma dunha gran pirámide de base poligonal. Inclúe dúas longas escaleiras de acceso, ao norte e ao sur, sendo esta última especialmente interesante por estar nun longo treito tallada nunha soa rocha. No alto, rodeada de construcións de elite, atópase a pedra Intihuatana (onde se amarra o Sol), un dos obxectos máis estudados de Machu Picchu, que foi relacionado cunha serie de lugares considerados sacros dende o que se establecen claros aliñamentos entre acontecementos astronómicos e as montañas circundantes.[73]
Sector Urin
[editar | editar a fonte]- Rocha sacra
Chámaselle así a unha pedra de face plana colocada sobre un amplo pedestal. É un fito que marca o extremo norte da cidade e é o punto de partida do camiño a Huayna Picchu.
- Grupo das tres portadas
É un amplo conxunto arquitectónico dominado por tres grandes kanchas dispostas simetricamente e comunicadas entre si. As súas portadas, de idéntica factura, dan á praza principal de Machu Picchu. Inclúe vivendas e talleres.[74]
- Grupo dos morteiros ou acllahuasi
É o conxunto máis grande da cidade malia o que tivo unha soa porta de entrada, algo que podería suxerir que se tratase do Acllahuasi (ou casa de mulleres escolleitas) de Machu Picchu, dedicadas ao servizo relixioso e á artesanía fina. Inclúe unha famosa habitación de pedra ben labrada en cuxo piso se atopan dous afloramentos rochosos tallados en forma de morteiros circulares supostamente para moer grans. Algúns autores pensan que estes se enchían con auga e neles reflectíanse os astros. O conxunto inclúe evidencias dun uso ritual, hai altares e mesmo unha cancha construída ao redor dunha gran rocha. Parte dos seus ambientes evidencian ser residencias de elite.[75]
- Grupo do cóndor
É un amplo conxunto de construcións, de trazo non sempre regular, que aproveita os contornos das rochas. Inclúe algunhas covas con evidencias de uso ritual e unha gran pedra tallada no centro dun amplo patio na que moitos cren ver a representación dun cóndor. Ao sur do "cóndor" atópanse vivendas de elite, que tiveron o único acceso privado a unha das fontes de Machu Picchu. Entre as vivendas e o patio do cóndor identificáronse claros restos de construcións dedicadas a criar cobaias (Cavia porcellus).
- Escalinata das fontes
É un conxunto formado por unha grande escaleira xunto á que corre un sistema de dezaseis caídas artificiais de auga, das que a maioría están coidadosamente talladas en bloques poligonais e rodeadas de quenllas labradas na rocha. A auga provén dun manancial nas alturas do Cerro Machu Picchu que foi canalizado en tempos incas. Un sistema adicional no alto da montaña recolle filtracións da choiva da montaña e derívaas á canle principal.[76]
Zonas das canteiras
[editar | editar a fonte]Na parte superior, inmediatamente logo de ingresar pola rúa principal, atópanse seis ambientes comunicados por unha escaleira. Trátase de construcións rústicas que seguramente serviron como vivendas dos gardiáns da porta principal e tamén dos canteiros, entalladores e escultores da pedra, pois que a canteira está moi preto deste agrupamento.
Nas escavacións arqueolóxicas realizadas atopáronse potas, pratos, aríbalos para auga, cuncas, un muíño de pedra e terra queimada. Destes restos dedúcese que se cociñaba para gran cantidade de persoas e se preparaba chicha, (escavacións de Julinho Zapara). En relación con esta zona tamén se atoparon moitas ferramentas e pedras moi duras.
Esta zona de canteiras mostra diversidade de rochas talladas ou semitalladas, con cortes para a construción, entre as que destacan canles, entrantes e saíntes, rochas a medio cortar e ramplas para mobilizalas. Os recintos desta área están directamente relacionados cos provedores de material de construción para as diferentes zonas ou agrupamentos da cidade de Machu Picchu.
Orixinalmente toda a área onde se asentou a cidade de Machu Picchu era unha gran canteira á que os xeólogos chaman "o caos de granito". As rochas, que eran transformadas en poliedros líticos e transportadas á obra, son de diferentes calidades e alí recibían o acabado e o tallado final. O puído realizaríase logo de estar a pedra colocada no paramento, por exemplo no templo dos animais.
Como detalle curioso hai que indicar que existe unha pedra con fendas ou rachaduras feitas para extraer pedras novas durante algunhas das restauracións. Algúns guías mal informados adoitan amosala sinalando que se colocaban troncos húmidos nas rañuras e cando se expandían producían a fractura. Tal explicación é posible só na imaxinación.[Cómpre referencia]
Aspectos construtivos
[editar | editar a fonte]Enxeñería hidráulica e de chans
[editar | editar a fonte]Unha cidade de pedra construída no alto dun "istmo" entre dúas montañas e entre dúas fallas xeolóxicas, nunha rexión sometida a constantes terremotos e, sobre todo, a copiosas choivas todo o ano supón un reto para calquera construtor: evitar que todo o complexo se esborralle. Segundo Alfredo Valencia e Keneth Wright o segredo da lonxevidade de Machu Picchu é o seu sistema de drenaxe.[77] En efecto o chan das súas áreas non teitadas está provisto dun sistema de drenaxe que consiste en capas de grava (pedras trituradas) e rochas para evitar o empozamento da auga das choivas. 129 canles de drenaxe[77] esténdense por toda a área urbana, deseñados para evitar salpicaduras e erosión, desembocando na súa maior parte no "foso" que separa a área urbana da agrícola, que era en realidade o desaugadoiro principal da cidade. Calcúlase que o 60% do esforzo construtivo de Machu Picchu estivo en facer as cimentacións sobre socalcos enchidos con cascallo para unha boa drenaxe das augas sobrantes.[77]
Orientación das construcións
[editar | editar a fonte]Existe sólida evidencia de que os construtores tiveron en conta criterios astronómicos e rituais para a construción de acordo cos estudos de Dearborn, White, Thomson e Reinhard, entre outros. De certo a aliñación dalgúns edificios importantes coincide co acimut solar durante os solsticios de xeito constante e polo tanto nada casual,[78] cos puntos de orto e ocaso do sol en determinadas épocas do ano e cos cumes das montañas circundantes.[79]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Materiais
- Todas as construcións conservadas son de granito abrancazado, composto nun 60% por feldespato, un 30% de cuarzo e un 10% de mica.[80][81] Todo o material procedía das canteiras situadas nos contornos do complexo inca.
- A rocha ten entre 6 e 7 graos de dureza na escala de Mohs. Na época inca traballábase con barras e outras ferramentas de bronce (non se usaba ferramentas de ferro no antigo Perú) e percusores de rochas máis duras. As rochas foron alisadas por abrasión con area.[82]
- Morfoloxía
- Case todos os edificios son de planta rectangular. Hainos dunha, dúas e ata de oito portas, normalmente nun só dos lados longos do rectángulo. Existen poucas construcións de planta curva ou circulares.
- Son frecuentes as construcións chamadas huairanas. Estas teñen só tres muros. Nestes casos no espazo do "muro faltante" aparece ás veces unha columnata de pedra para soster unha viga de madeira que servía de soporte ao teito. Tamén existen huairanas dobres, dúas huairanas unidas por un muro medianeiro, ás que se chama masmas.
- As construcións habitualmente seguen o esquema das kanchas, é dicir catro construcións rectangulares dispostas ao redor dun patio central unidas por un eixo de simetría transversal.[83] A este patio dan todas as portas.
- Muros
O aparello dos muros de pedra era basicamente de dous tipos.
- De pedra corrente unida con morteiro de barro e outras substancias. Hai evidencias de que estas construcións, que son maioría en Machu Picchu, estiveron recebadas cunha capa de arxila e pintadas (en cores amarelo e vermello polo menos),[84][85] aínda que a temperá desintegración dos teitos fixéronas vulnerables á permanente choiva da zona e por tanto non se conservaron.
- De pedra finamente labrada nas construcións de elite. Son bloques de granito, sen recebado e perfectamente tallados en forma de prismas rectangulares (paralelepípedos, coma os ladrillos) ou poligonais. As súas caras exteriores podían ser almofadadas, é dicir protuberantes, ou ben perfectamente lisas. Nestes casos a unión dos bloques parece perfecta e fixo supor que non ten ningún tipo de morteiro; pero de feito si o ten, é unha fina capa de material aglutinante que se atopa entre pedra e pedra aínda que é invisible por fóra.[86] O esforzo destas realizacións nunha sociedade sen ferramentas de ferro (só coñecían o bronce, moito máis brando) é notable.
- Teitos
Non se conservou ningún teitume orixinal, pero hai consenso en afirmar que a maioría das construcións tiñan teito a dúas ou catro augas (houbo mesmo un teito cónico sobre o "Torreón") e estaba formado por unha armazón de troncos de Alnus acuminata (unha especie de ameneiro andino)[87] amarrado e cuberto por capas de ichu (Stipa ichuun). A fraxilidade deste tipo de palla e a copiosidade das choivas na rexión fixo necesario que estes teitumes tivesen grandes inclinacións de ata 63º.[88] Así a altura dos teitos duplicaba moitas veces a altura do resto do edificio.
- Portadas, fiestras e nichos
- Como é clásico na arquitectura inca a maioría das portadas, fiestras e nichos (chamados falsas fiestras ou armarios) teñen forma trapezoidal, máis ancha na base que no lintel. Os linteis podían ser de madeira ou de pedra (adoito dun único gran bloque). As portadas dos recintos máis importantes eran de dobre porta e nalgúns casos incluían un mecanismo de peche interior.[89]
- As paredes interiores de gran parte das construcións teñen nichos en forma trapezoidal, amais das fiestras. Bloques cilíndricos ou rectangulares sobresaen a miúdo dos muros coma grandes saíntes dispostos en forma simétrica cos nichos e as fiestras, cando as hai.
Contorna e camiños incas
[editar | editar a fonte]Machu Picchu, coma parte integrante dunha rexión de gran movemento económico en tempos de Pachacuti, estaba integrado na rede de camiños incas do Imperio. Usando estas vías pódese, ata o de hoxe, acceder a outros complexos incas próximos que revisten grande interese. Ao norte, polas bifurcacións do camiño de Huayna Picchu pódese chegar ao chamado Templo da Lúa ou á cima da montaña onde hai construcións incas. Ao oeste está o camiño que leva a Intipata e pasa pola famosa "ponte removible". Outro camiño, polo que ascendeu Agustín Lizárraga, leva ata o río e a San Miguel.[90]
Ao sur, ademais, atópase a ruta máis coñecida e a principal de todas, que é a ruta de excursionismo a pé (trekking) máis popular do Perú e máis famosa de América.[91] O Camiño Inca a Machu Picchu é un percorrido de entre 3 e 4 días que atravesa o que a finais do século XV foi a principal ruta de acceso a Machu Picchu, que empezaba no Complexo de Llactapata[90] e pasaba polos centros cerimoniais de Sayacmarca, Phuyupatamarca e Wiñay Wayna, para terminar no "tambo" de Intipunku, a "garita" de ingreso aos dominios de Machu Picchu e punto final do percorrido.[92]
Miscelánea
[editar | editar a fonte]- Hiram Bingham levou 5.000 pezas arqueolóxicas á Universidade Yale, produto das escavacións en Machu Picchu. Durante moito tempo foron reclamadas polo goberno peruano ata que no 2007 se chegou a un acordo. Esperábase a súa devolución a finais de 2009,[93] así a todo, esta non se deu. A Universidade Yale confirmou a devolución das pezas no 2011, ao conmemorarse o centenario do redescubrimento de Machu Picchu por Bingham.
- En maio de 2005, a antiga cidade xordana de Petra "irmandouse" coa de Machu Picchu.[94]
- Gloria Estefan gravou nesta construción inca o videoclip da súa canción "Hoy" composta polo peruano Gian Marco.[95]
- O grupo musical chileno Los Jaivas inmortaliza o poema de Pablo Neruda Alturas de Machu Picchu filmando un clip das cancións en Machu Picchu no ano 1980.[96]
- Nun cómic de Superman, aparece Machu Picchu, nunha escena onde Superman se encontra reflexionando, logo se inicia unha batalla, onde unha das paredes queda destruída.[97]
- É común que se divulgue entre os turistas que se se mira de costado pódese apreciar a cara dun home (moitas veces referido como un Inca). Con todo, non é crible esta similitude que se trata de divulgar, sendo máis o resultado de fotos trucadas que se venden ás veces aos turistas ou se publican por Internet.[98]
- Millán Picouto incluíu O soño do Machupikchu, terceira traxedia nun acto e en verso da Triloxía Incaica, nas súas obras completas "O macrocosmos", Linteo, 2021. ISBN 978-84-123801-1-8
Nova marabilla do mundo
[editar | editar a fonte]O día 7 de xullo de 2007, Machu Picchu resultou elixida como unha das novas sete marabillas do mundo, unha iniciativa privada de New Open World Corporation (NOWC), creada polo suízo Bernard Weber, non necesitando o aval de ningunha institución ou goberno para proseguir cos seus fins electorais e permitir seleccionar as marabillas clasificadas pola votación de máis de cen millóns de electores.[99][100] Esta votación foi apoiada polo goberno de Alan García Pérez, a través do Ministerio de Relacións Exteriores e o do sector Turismo; esta difusión tivo os seus froitos nunha gran participación do pobo peruano no seu conxunto e tamén no ámbito internacional.[101] Ao coñecerse os resultados, o presidente Alan García declarou por decreto supremo, o 7 de xullo como "Día do Santuario histórico de Machu Picchu", para recordar a importancia do santuario para o mundo, recoñecer a participación do pobo peruano na votación e promover o turismo.[102]
As "Novas sete marabillas do mundo moderno" elixíronse por votación popular baixo criterios estéticos, económicos, turísticos e recreativos máis que pola súa importancia histórica ou o seu mérito artístico, polo que non contan co apoio de institucións como UNESCO.[103] Porén, a distinción conta con grande eco, o que deriva nun importante reclamo suplementario para a captación de turismo. De feito, Machu Picchu constitúe hoxe en día o principal destino turístico do Perú con 600,000 visitantes por ano (segundo MINCETUR) e un dos máis desexados polos viaxeiros de todo o mundo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Amencer nubrado sobre Machu Picchu dende Inti Punku, no tramo final do Camiño Inca do sur da cidade.
-
Detalle dunha ventá trapezoide que estivo posiblemente recebada e pintada.
-
Colcas ou depósitos sobre as plataformas do sector agrícola.
-
A chamada Pedra do Cóndor no Conxunto 17.
-
Meteoroloxía inca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Machu Picchu". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1268.
- ↑ Teofilo Laime Acopa, Dicionario Bilingüe, Iskay simipi yuyay k'ancha, Quechua – Castellano, Castellano – Quechua: machu - adx. e s. m. Viejo. Hombre de mucha edad (Úsase tamén para animais). - machu - s. m. Anciano. Viejo. pikchu - s. Pirámide. Sólido puntiagudo de varias caras. || Cono. Ch'utu. machu pikchu - s. A gran cidadela pétrea que foi quizais un dos máis grandes monumentos relixiosos do incanato, entre o val do Cuzco e a selva virxe (JAL). || Monumento arqueolóxico situado no departamento actual do Cuzco, xunto ao río Urubamba, nun cumio case inaccesible (JL).
- ↑ "Historic Sanctuary of Machu Picchu" (en inglés). Consultado o 14 de xullo do 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Glave & Remy 1983, p. 247
- ↑ Un documento xudicial de 1568 exhumado por Glave e Remy (1983) e ampliado por Rowe (1990) alude ao carácter privado de varios centros poboados da rexión de "Picchu" en tempos incas, que incluía a Machu Picchu. A propiedade persoal era unha potestade exclusiva dos gobernantes incas e é un tema sobre o que traballou amplamente María Rostworowski (1993 : 105 - 146). Sobre o carácter "privado" de Machu Picchu hai certo consenso (Rowe, Burger, Lumbreras, Wright, Valencia, Rostworowski, Reinhard), aínda que Kauffmann disinte abertamente (Kauffman 2006: 62)
- ↑ Alfredo Valencia en Burger et. al. 2006 : 81
- ↑ Nada indica un uso militar: a área agrícola e a orixe das fontes de auga de Machu Picchu están extramuros da cidade, polo que Machu Picchu non resistiría un asedio longo; a muralla non é moi alta e o "foso" é en realidade un desaugadoiro (Kenneth R. Wright; Alfredo Valencia, William L. Lorah. "Ancient Machu Picchu Drainage Engineering" (en inglés). Archived from the original on 02/01/2011. Consultado o 30/03/2013., aínda que o tema xa fora suxerido por Buse (1962). Os inimigos máis próximos dos incas en tempos de Pachacuti estaban no val do Apurímac (Rowe 1990, 142 ; Rostworowski 2004, 53), do que Machu Picchu estaba separado pola inmensa rexión de Vilcabamba. Os establecementos incas con usos militares arqueoloxicamente coñecidos na rexión (como Marcaypiri, Salapunko e Huilca Raccay, explorados polo Proxecto Cusichaca (Kendall 1987 : 98) difiren na súa natureza e construción de Machu Picchu. A partir do tipo de restos humanos achados nas tumbas de Machu Picchu, Lumbreras afirma: "todo indica que a poboación non incluía guerreiros" Machu Picchu nova <http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades.htm Arquivado 2007-02-27 en Wayback Machine.>. Kauffman coincide indicando que "non podería dicirse que era unha fortaleza. E en caso de ser así, contra quen?" (Kauffmann 2006: 62)
- ↑ O 20 de setembro de 2006, e no marco da XXX Convención Panamericana de Enxeñeiros, declarouse a Machu Picchu (e ao complexo inca de Tipón) Monumento Histórico da Enxeñaría civil
- ↑ Outros datos sobre a súa popularidade: en 2006, no Reino Unido, os lectores británicos de Wanderlust elixiron Machu Picchu como a primeira marabilla do mundo. <[1]> (www.thisistravel.co.uk/ ... in_article_id=45530 Arquivado 2007-03-15 en Wayback Machine.). Ese mesmo ano, unha enquisa da NHK sobre os destinos favoritos entre os xaponeses dos sitios do Patrimonio Mundial deixou a Machu Picchu en primeiro lugar <[2] Arquivado 2007-02-11 en Wayback Machine.>. A revista Travel at Home (EEUU) inclúe un tour a Machu Picchu coma un dos dez mellores para viaxar só no mundo (o interesante é que todos os demais sitios na lista son resorts): (www.rpp.com.pe/portada/nacional/47114_1.php)
- ↑ UNESCO World Heritage Centre (ed.). "Historic Sanctuary of Machu Picchu" (en inglés). Consultado o 29 de outubro do 2017.
- ↑ "En un espectacular mega show, presentaron "Las Nuevas Siete Maravillas del Mundo"". Clarín (en castelán) (Buenos Aires). 7.7.2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2014.
- ↑ Glave & Remy 1983, p. 4
- ↑ O Sistema de Parques Nacionais do Perú está baixo control do Instituto Nacional de Recursos Naturais, ver : "Instituto Nacional de Recursos Naturales". INRENA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ Establecementos como Patallacta, Quente e Torontoy no fondo do Val, e as ruínas de Runkuracay, Sayaqmarca, Phuyupatamarca, Wiñay Wayna, Intipata e moitas outras nas ladeiras das montañas próximas, ademais dunha rede de camiños incas e antigos complexos agrícolas
- ↑ A inicios de 2007 cobrábase US$ 20,00 para visitantes estranxeiros; US$ 10 para peruanos. Hai descontos para estudantes.
- ↑ Machu Picchu: Ruta en bus,"Información de utilidad: el pueblo de Aguas Calientes" (en castelán). Consultado o 18 de xullo do 2015.
- ↑ Machu Picchu: Transporte turístico, Ruta Camiños do Inca
- ↑ Enjoy Machu Picchu, Machu Picchu: Clima
- ↑ Mapa geológico del cuadrángulo de Nachupicchu instrusivos Permo-Triásicos (en castelán)
- ↑ Machu Picchu: Problemas de conservación de un sitio inca de Ceja de Selva Arquivado 2011-08-17 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Kendall, 1994: 102
- ↑ Kendall, 1994: 103.
- ↑ Valencia e Gibaja, 1992: 319
- ↑ Segundo Rowe, iso recollese nas crónicas do século XVI de Martín de Murúa e de Miguel Cabello Valboa (Rowe 1990: páx. 143)
- ↑ O tema foi estudado en Reinhard (1991) onde o autor atopa abundantes indicios de aliñacións e relacións visibles dende Machu Picchu entre montañas consideradas sacras, huacas e o percorrido do sol en datas clave do calendario andino.
- ↑ A data provén de dúas fontes: por unha banda os documentos presentados por Glave e Remy (1983) e John Rowe (1990), que suxiren que Pachacuti fixo construír Machu Picchu na década de 1450, e por outro, o datado radiocarbónico obtido por Reinaldo Chohfi e Rainer Berger no recinto 6 das Colcas de Machu Picchu (Valencia e Gibaja 1992: 317).
- ↑ WaterHistory.org (ed.). "Ancient Machu Picchu Drainage Engineering" (en inglés). Consultado o 1/02/2014.
- ↑ Lumbreras 2005 : http://machupicchu.perucultural.org.pe/presentacion.htm Arquivado 2011-06-25 en Wayback Machine.
- ↑ Os estudos osteolóxicos de Eaton en 1912 e a súa revisión por Verán (Burger et. al. 2003) son concluíntes en canto a que había en Machu Picchu poboadores, tanto da costa norte peruana como do altiplano boliviano. Este feito tamén foi notado por Chávez Ballón (1961) no seu coñecido estudo sobre a cerámica de Machu Picchu. A explicación máis razoable é que se trataba de mitmaqkuna ou mitimaes, colonos recrutados polo estado por cuestións políticas (castigo ou premio) para habitar e traballar en certas zonas do imperio afastadas das súas terras de orixe
- ↑ Os traballos do Proxecto Cusichaca (Kendall, 1988: 100) indican que se producía un 90% de excedentes agrícolas na área. Que se facía deles? Todo indica que abastecían ao aínda máis poboado Valle Sagrado e á relativamente próxima capital inca en Cuzco
- ↑ Marca,Kendall, 1988: 99
- ↑ Valencia e Gibaja: 324
- ↑ Valencia e Gibaja 1992: 22
- ↑ Un documento de 1568, o mesmo usado para identificar Machu Picchu coa propiedade persoal de Pachacuti, relata que as terras da Valgada de Picchu foron dedicadas a cerimonias de culto aos mortos (Rowe 1990: páx. 152), o que é coherente coa teoría da propiedade persoal de Pachacuti
- ↑ Rowe, 1990: páx. 143
- ↑ Valencia y Gibaja 1992, 324 ; Kauffman 2006, 64; Lumbreras 2006 : http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades1.htm Arquivado 2008-08-21 en Wayback Machine.
- ↑ Kauffman, 1990: páx. 67
- ↑ Un funcionario español, na súa viaxe ao reino de Vilcabamba en 1565, describiu as inmediacións da ponte de Choquechaca -camiño principal da zona nos primeiros tempos coloniais- como cheo de "despoblados". Rowe, 1990: páx. 140
- ↑ Cuxo primeiro encomendeiro foi nada menos que o conquistador Hernando Pizarro (Glave & Remy 1983, p. 6)
- ↑ Rowe, 1990: páx. 142
- ↑ Ibídem.
- ↑ "Machu Picchu". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 23 de xullo de 2011.
- ↑ Valcárcel 1968
- ↑ Glave & Remy 1983, p. 191
- ↑ Sobre o que se publicou un informe no número 1.745 da revista Caretas de Lima
- ↑ Keys, David (3 de xuño de 2008). "Machu Picchu fue descubierto en 1867, cuarenta y cuatro años antes de lo que se creía" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 23-07-2011.
- ↑ "Un empresario saqueó Machu Picchu casi medio siglo antes del descubrimiento 'oficial' de la ciudadela". El País (en castelán). 6 de xuño de 200. ISSN 1134-6582. Consultado o 9 de xullo de 2019.
- ↑ A investigación sobre Berns, a cargo de Paolo Greer, refire unha lista de 57 contactos europeos e norteamericanos de posibles compradores, segundo o diario ABC de España.
- ↑ A Machu Picchu la descubrió uno pero se la atribuyó otro Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Mariana Mould de Pease úsao como portada do seu libro de 2003, no que revela a existencia de ámbolos mapas [3][4] Arquivado 2010-06-23 en Wayback Machine.
- ↑ Wiener 1993: 362; Kauffman Doig 2006: 18
- ↑ Mould 2003, 57
- ↑ Hiram Bingham atopou o graffiti en 1911 como el mesmo o recoñece no seu libro de 1922 Inca Land. Explorations in the Highlands of Peru (en inglés). Luís Cossío viuno en 1912. Posteriormente sería borrado por Bingham por obvios fins de conservación, aínda que hai quen con suspicacia suxire que simplemente quixo eliminar a Lizárraga da historia, quedando el só como único "descubridor". Nas súas notas persoais, en todo caso, Bingham chama a Lizárraga "descubridor de Machu Picchu" (Mould 2003: 56) aínda que os autores contemporáneos cuestionen a idoneidade dese título
- ↑ "Machu Picchu A descoberta da "Cidade Perdida dos Incas"" (en portugués). Consultado o 24/05/2014.
- ↑ Mould de Pease cita numerosos indicios de que ao seu xuízo débese investigar a historia de Lizárraga dada a súa suposta afección a "coleccionar" tesouros; Mould 2003.
- ↑ Hiram Bingham (1922). "Searching for the lasst Inca capital". Explorations in the Highlands of Peru (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro do 2016.
- ↑ Bingham, 1963: 259
- ↑ Bingham, 1963: 263
- ↑ Bingham, 1913: 567
- ↑ criterios que, así a todo, predominaban na nacente arqueoloxía de entón; segundo Lumbreras en http://machupicchu.perucultural.org.pe/desarque1.htm Arquivado 2008-09-14 en Wayback Machine.
- ↑ Ao redor de 5.000 pezas arqueolóxicas foron espoliadas con destino á Universidade Yale nos EE.UU. con fins de estudo a cambio de que se devolvesen ao Perú e se divulgasen os estudos practicados e as fotografías tomadas (Mould de Pease 2003 : 58). Aínda que houbo disposicións legais que permitiron o inicuo saqueo (o decreto supremo do 31 de outubro de 1912, asinado polo entón presidente Augusto B. Leguía), estas contraviñan a lexislación peruana entón vixente.
- ↑ Sobre a posición peruana véxase [5] Véxase tamén [6] Arquivado 2011-08-15 en Wayback Machine. Perú pedirá a Universidade Yale a devolución de 46.332 pezas arqueolóxicas inventariadas extraídas de Machu Picchu. Andina, Axencia Peruana de Noticias. 16.4.2008(en castelán)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2005. Consultado o 24 de outubro de 2005.
- ↑ descritas criticamente por Valencia e Gibaja 1992: 275
- ↑ LaUltima.com, Pedirán indemnización por 60 millones de soles por dañar Intihuatana
- ↑ Congreso del Perú (2003). Congreso del Perú, ed. "Lei 28100" (PDF). Lima - Perú. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2011.
- ↑ Congreso del Perú (13 de xullo do 2006). Congreso del Perú, ed. "Lei 28778" (PDF). Lima - Perú. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2011.
- ↑ Yale to return Peruvian artefacts. BBC News. 17/07/2007 (en inglés)
- ↑ "Infografía descritiva de distribución de construcións en Machu Picchu. El Comercio, 25.4.2011". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2011. Consultado o 23 de xullo de 2011.
- ↑ Lumbreras, 2006: http://machupicchu.perucultural.org.pe/dscseccion2.htm Arquivado 2008-01-09 en Wayback Machine.
- ↑ Ziegler 2003; Reinhard 1997
- ↑ "Machu Picchu". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2008. Consultado o 24 de xullo de 2011.
- ↑ Véxase Reinhard, 1997
- ↑ Valencia y Gibaja, 1992: 312
- ↑ Valencia y Gibaja, 1992: 313
- ↑ O módulo: Arquitectura, Machu Picchu, sección escalinatas Arquivado 2008-01-01 en Wayback Machine.
- ↑ 77,0 77,1 77,2 Wright, Valencia y Lorah; 2000, http://www.waterhistory.org/histories/machupicchu/
- ↑ Ziegler, 2003 en http://www.adventurespecialists.org/mapi1.html Arquivado 2007-07-26 en Wayback Machine.
- ↑ Reinhard, 1991: 41-62
- ↑ "Qosqo: Capital Sagradas de los Inkas" (en castelán).
MATERIALES Y TECNOLOGÍA LITICA INKASICA
- ↑ Ancient Machu Picchu Drainage Engineering (en inglés)
- ↑ Agurto, 1987: 131
- ↑ Bouchard, 1991: 442
- ↑ As escavacións de Julihno Zapata no Conxunto 1 atoparon restos dabondo desta pintura (Valencia e Gibaja, 39X)
- ↑ O testemuño de Luís Rodríguez, quen traballou nas investigacións de 1911-1915 revela que durante os traballos de escavación de Bingham atopáronse varios recebados vermellos (Mould de Pease, 2003: 214)
- ↑ Bouchard, 1991: 436; Valencia e Gibaja, 1992
- ↑ Agurto, 1987: 193-197
- ↑ De acordo cos traballos de Eulogio Cabada no Grupo das Tres Portadas. (Agurto, 1987: 189)
- ↑ El portal de Machu Picchu (ed.). "Informacion Viaje a Machu Picchu" (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2015.
- ↑ 90,0 90,1 machupicchu.pe (ed.). "Caminos Incas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2015.
- ↑ El País, ed. (29 de agosto de 2013). "El Camino Inca en siete pasos" (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2015.
- ↑ "El Camino del Inca" (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2016.
- ↑ elmundo.es, A Universidade Yale devolverá a Perú pezas de Machu Picchu (en castelán)
- ↑ Terra, Petra, a cidade de pedra Arquivado 2012-10-30 en Wayback Machine.(en castelán)
- ↑ LT24online.com.ar, Gloria Estefan grava escenas para un vídeo clip en Machu Picchu(en castelán)
- ↑ Historia. 1981-1987 Arquivado 2016-10-04 en Wayback Machine.(en castelán)
- ↑ "El Comercio" (ed.). "Superman loita no medio das pedras de Machu Picchu" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 05 de agosto de 2011.
- ↑ Exemplo de imaxe modificada do Wayna Picchu para asemellarse á cara dun home: Machu Picchu Arquivado 2011-09-05 en Wayback Machine.
- ↑ Páxina oficial de "new7wonders"; As 7 marabillas elixidas
- ↑ elcomercio.com (só texto), "Machu Picchu, una nueva maravilla mundial" (en castelán).
- ↑ Diario oficial "El Peruano", Recoñecemento mundial a grandeza de Machu Picchu
- ↑ Peru.com, especial: Machu Picchu, unha marabilla
- ↑ A UNESCO declara que a elección das novas sete marabillas "non é científica",
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Machu Picchu |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AGURTO CALVO, Santiago (1987). CAPECO, ed. Estudios acerca de la Construcción, Arquitectura y Planeamiento incas. Lima.
- BINGHAM, Hiram (1923). The Riverside Press, ed. "INCA LAND. Explorations in the Highlands of Peru". Cambridge, EEUU. Consultado o 2007.
- BINGHAM, Hiram (1964). Zig Zag, ed. La ciudad perdida de los incas. Historia de Machu Picchu y sus constructores. Santiago de Chile.
- BOUCHARD, Jean-François (1991). "La arquitectura Inca". En Sociedad Estatal Quinto Centenario. Los incas y el antiguo Perú. Madrid.
- BURGER, Richard e Lucy Salazar, editores (2004). Yale University Press, ed. Machu Picchu: Unveiling the Mystery of the Incas. New Haven.
- BUSE DE LA GUERRA, Hermann (1961). Nueva Crónica, ed. Machu Picchu. Lima.
- Glave, Luis Miguel; Remy, María Isabel (1983). Centro de Estudios Rurales Andinos Bartolomé de las Casas, ed. Estructura Agraria y vida rural en una región Andina. Ollantaytambo entre los siglos XVI y XIX. Cusco.
- Kauffman Doig, Federico (2006). Cartolan, ed. Machu Picchu, tesoro inca. Lima.
- KENDALL, Ann (1994). Southern Peru Copper Corporation, ed. Proyecto arqueológico Cusichaca, Cusco : investigaciones arqueológicas y de rehabilitación agrícola. Lima.
- LUMBRERAS, Luis (2006). Fundación Telefónica, ed. "Machu Picchu". Lima, Perú. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2011. Consultado o 2007.
- Mould de Pease, Mariana (2003). CONCYTEC, ed. Machu Picchu y el código de ética de la Sociedad de Arqueología Americana : una invitación al diálogo intercultural. Lima.
- REINHARD, Johann (1991). nuevas Imágenes, ed. Machu Picchu, the Sacred Center. Lima.
- ROSTWOROWSKI, María (1993). Instituto de Estudios Peruanos, ed. Ensayos de Historia Andina: Elites, etnias, recursos. Lima.
- ROWE, John H. (1990). "Machu Picchu a la luz de los documentos del siglo XVI". Histórica XIV (1).
- VALCARCEL, Luis E. (1964). EUDEBA, ed. Macchu Pichu: El más famoso monumento arqueológico del Perú. Buenos Aires.
- VALENCIA, Alfredo e Arminda GIBAJA (1992). Municipalidad del Cusco, ed. Machu Picchu: la investigación y conservación del monumento arqueológico después de Hiram Bingham. Cusco.
- WIENER, Charles (1993). Instituto Francés de Estudios Andinos / Universidad Nacional Mayor de San Marcos [ed. original, 1880], ed. Perú y Bolivia: relato de viaje. Lima.
- WRIGHT, Kenneth, Alfredo VALENCIA e William L. LORAH (1999). Journal of Irrigation and Drainage Engineering, Vol. 125, No. 6, ed. "Ancient Machu Picchu Drainage Engineering". Consultado o 2007.
- Wright, Ruth M.; Valencia Zegarra, Alfredo (2004). Johnson Books, ed. The Machu Picchu Guidebook. ISBN 1-55566-327-3.
- ZAPATA, Antonio (1999). PROMPERU, ed. Guía de Machu Picchu. Lima.
- ZIEGLER, Gary e J. McKim MALVILLE (2003). "Machu Picchu, Inca Pachacuti’s Sacred City: A multiple ritual, ceremonial and administrative center". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2007. Consultado o 2006.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Declaración do Santuario Histórico de Machu Picchu como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (en inglés)
- Machu Picchu - Facts & Summary en HISTORY.COM (en inglés)
- Time Photos - Machu Picchu: 100 Years Since Its Rediscovery
- El Portal a Machu Picchu (en castelán) (en inglés)
- El País. Suplemento El Viajero, 2.8.2008 Arquivado 10 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- Artigo sobre o saqueo de Machu Picchu (en castelán)