Saltar ao contido

Gran Pirámide de Gizeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Pirámide de Gizeh

Tipopirámide de caras lisas, xacemento arqueolóxico, Marabilla do Mundo Antigo, atracción turística, Pirámides de Exipto e tumba Editar o valor en Wikidata
Parte deNecrópole de Gizeh e Sete marabillas do mundo Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura do antigo Exipto Editar o valor en Wikidata
Material usadocalcaria e granito Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 29°58′45″N 31°08′03″L / 29.97915, 31.13422
EstadoExipto
GobernaciónGovernación de Guiza Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGizeh Editar o valor en Wikidata
Altitude95 m Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación2560 a. C. Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura137,5 m e 146,7 m Editar o valor en Wikidata
Volume2.583.283 m³ Editar o valor en Wikidata
Superficie53.061,12 m² Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Arquitecto/aHemiunu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Encargado porQueops Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops[Cómpre referencia]. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2 600 000 bloques de pedra cun peso medio de 2,5 toneladas por bloque,[1] aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso.[2] Orixinalmente, estaba recuberta por uns 27.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Os turcos otománs utilizaron o revestimento da pirámide para construír diversas edificacións no Cairo.[2] A Gran Pirámide foi a estrutura máis alta realizada polo ser humano ata a construción da Torre Eiffel en 1889.

Cámaras e pasaxes interiores

[editar | editar a fonte]
Sección Sur-Norte
  1. Acceso orixinal, na cara Norte, actualmente obstruído
  2. Acceso actual, ordenado abrir por Al-Mamun
  3. Bloques de granito, selando o acceso á pasaxe superior
  4. Pasaxe que comunica coa Cámara subterránea
  5. Cámara subterránea
  6. Pasaxe de acceso á Gran Galería
  7. Cámara da Raíña
  8. Pasaxe que comunica coa Cámara da Raíña
  9. Gran Galería
  10. Cámara do Rei e cámaras de descarga
  11. Antecámara
  12. Pasaxe perforada que comunica coa Gran Galería e a Cámara subterránea
7-10 Canais de ventilación
Sección Sur-Norte.

Imaxes do interior

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]