Llaqta
Aparencia

Llaqta é un termo que provén do quechua e define os antigos poboados dos Andes Centrais, especialmente aqueles que funcionaban como centros administrativos durante o Imperio Inca (séculos XV e XVI).
As llaqtas diferéncianse das cidades en que o groso da súa poboación era móbil e só residía nelas por tempadas antes de ser substituída por outro grupo de poboadores. Todos eran mitani ou persoas que acodían a cumprir co seu tributo en forma de traballo en beneficio do estado (na construción de camiños, pontes, edificios, socalcos para o cultivo, etc.). Nestes centros administrativos había, amais, grupos de funcionarios e persoal que se dedicaba a labores de culto.