Arsenio Muñiz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 Mugardos, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1949 (40/41 anos) Mugardos, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Arsenio Muñiz Fernández, nado en Mugardos cara 1908 e finado no mesmo concello o 1 de xaneiro de 1949, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Falanxista de Mugardos. A noite do día 1 de xaneiro de 1949, os guerrilleiros Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira entraron no Café Mugardés en busca do exalcalde Manuel Vázquez Fariña, que estaba acompañado por Muñiz. Atascouse a pistola, Manuel Vázquez puido fuxir pola parte de atrás, e foi Muñiz quen recibiu os disparos e morreu. A Garda Civil, como represalia, asasinou dous días despois catro traballadores: Florentino Iglesias Varela, Francisco Loureda Silvar, Juan Fuentes e Antonio Martínez Ferro, aos que se lles aplicou a lei de fugas no cemiterio de Catabois.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez Ferro, Manuel; Sobrino Ceballos, Juan J. (2004). "Riqueche. Vida e morte dun guerrilleiro antifranquista" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (11): 125–156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2021.