Arteria carótide interna
A arteria carótide interna[1] (TA: arteria carotis interna, A12.2.06.001) é a segunda rama da arteria carótide común.[2]
Segmentos
[editar | editar a fonte]Terminologia Anatomica (obra que contén a nomenclatura anatómica vixente) actualmente divide a arteria en catro partes: «cervical», «petrosa», «cavernosa» e «cerebral».[2][3] Porén, un sistema de clasificación da carótide interna máis recente, proposto por Bouthillier,[4] describe nela sete segmentos anatómicos. Usado a miúdo clinicamente polos neurocirurxáns, neurorradiólogos e neurólogos, este segundo sistema, de nomenclatura clínica, baséase na aparencia anxiográfica da arteria e a súa relación coa anatomía circundante, en contraste co sistema embriolóxico de clasificación. Adicionalmente, existe outro sistema de clasificación, máis antigo, baseado no traballo de Fischer de 1938, que tamén se usa comunmente, e por último existen tamén esquemas de clasificación baseados na anatomía embriolóxica da arteria carótide.
Os segmentos da arteria carótide interna son os seguintes:
- Segmento cervical ou C1, idéntico á comunmente coñecido como porción cervical.
- Segmento petroso ou C2.
- Segmento lacerum ou C3.
- C2 e C3 comprenden a comunmente coñecida como porción petrosa.
- Segmento cavernoso ou C4, case idéntico á que se adoita coñecer como porción cavernosa.
- Segmento clinoideo ou C5. Este segmento non está identificado nalgunhas clasificacións máis antigas e encóntrase entre as xeralmente coñecidas como porción cavernosa e porción cerebral ou supraclinoidea.
- Segmento oftálmico ou supraclinoideo ou C6.
- Segmento comunicante ou terminal ou C7.
- C6 e C7 xuntos comprenden a comunmente coñecida como porción cerebral ou supraclinoidea.
Traxecto
[editar | editar a fonte]A arteria carótide interna é unha rama terminal da arteria carótide común. Nace aproximadamente a nivel da terceira vértebra cervical ou no bordo superior da cartilaxe tiroide, cando a carótide común se bifurca nesta arteria e a máis superficial arteria carótide externa.
Desde a súa orixe no bordo superior da cartilaxe tiroide (C4 ou cuarta vértebra cervical), a carótide interna ascende algo oblicua cara a atrás á rexión carotídea superior, logo atravesa o espazo retroestíleo xunto co paquete vásculo-nervioso do pescozo (desde ese punto cara a arriba forman dito paquete a carótide interna, a vea xugular interna e o nervio vago) e tamén xunto cos pares craneiais 9º, 11º, 12º, os ganglios da cadea xugulocarotídea e o ganglio cervical superior da cadea simpática cervical; penetra no conduto carotídeo (porción intrapetrosa) e describe aquí dúas curvas que a levan enriba do orificio rasgado anterior na cavidade cranial. Dentro do cranio, ten un traxecto intradural no interior do seo cavernoso. Termina na apófise clinoide anterior, dividíndose en catro ramas terminais moi diverxentes: a arteria cerebral anterior, a arteria cerebral media, a arteria comunicante posterior e a arteria coroidea anterior. A arteria cerebral anterior e a arteria comunicante posterior, xunto coa comunicante anterior e a cerebral posterior, forman o círculo arterial cerebral ou polígono de Willis.
Ramas
[editar | editar a fonte]Ramifícase na arteria carotidotimpánica, arteria oftálmica, arteria comunicante posterior, arteria coroidea anterior, arteria cerebral anterior e arterias cerebrais medias.[2]
Non emite ningunha rama colateral na porción cervical. Na porción intrapetrosa emite o ramo carotidotimpánico, no seo cavernoso emite unha rama anastomótica para a arteria vidiana, outra anastomótica para a menínxea media, e, finalmente, na apófise clinoide anterior, emite unha rama importantísima, a arteria oftálmica.
As seguintes son as ramas da arteria carótide interna, listadas por segmento:[5]
- C1: Ramas da porción cervical: Ningunha.
- C2: Ramas da porción petrosa:
- C3: Ramas da porción lacerum: Ningunha.
- C4: Ramas da porción cavernosa:
- Ramas do tronco meningohipofisario:
- Rama basal tentorial
- Rama marxinal tentorial
- Rama menínxea - axuda a subministrar sangue ás meninxes da fosa cranial anterior.
- Ramas da apófise basilar (clivus) - pequenas ramas que regan a apófise basilar (ou clivus)
- Arteria hipofisaria inferior
- Ramas capsulares - regan a parede do seo cavernoso
- Rama do tronco inferolateral:
- Ramas para o ganglio trixémino - proporcionan sangue ao ganglio do trixémino
- Arteria do foramen rotundum
- Ramas para os nervios
- Ramas do tronco meningohipofisario:
- C5: Ramas da porción clinoidea: Ningunha.
- C6: Ramas da porción oftálmica:
- C7: Ramas da porción comunicante:
- Arteria comunicante posterior
- Arteria coroidea anterior
- Arteria cerebral anterior (rama terminal)
- Arteria cerebral media (rama terminal)
Distribución
[editar | editar a fonte]A carótide interna rega o oído medio, cerebro, glándula pituitaria, órbita e plexo coroideo.[2]
Plexo carotídeo
[editar | editar a fonte]O tronco simpático forma un plexo de nervios arredor da arteria chamado plexo carotídeo. O nervio carotídeo interno nace do ganglio cervical superior e forma este plexo, que segue a carótide interna cara ao interior do cranio.
Patoloxía
[editar | editar a fonte]A ateroesclerose dos primeiros 2 cm da arteria carótide interna é a que con máis frecuencia causa un accidente isquémico transitorio.[6] A arterite de Takayasu é a forma de vasculite que con maior frecuencia afecta a arteria carótide.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Diagrama da circulación arterial na base do cerebro.
-
Tenda do cerebelo (tentorium cerebelli) vista desde arriba.
-
Sección horizontal do oído esquerdo; metade superior da sección.
-
Tuba auditiva, aberta por un corte ao longo do seu eixe maior.
-
Posición e relación do esófago na rexión cervical e no mediastino posterior. Visto desde detrás.
-
Duramáter humana (reflexións).
-
Anxiograma por resonancia magnética.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carótide.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Arteria carótida interna". Diccionario enciclopédico ilustrado de medicina Dorland 1 (27ª ed.). McGraw Hill Interamericana. 1996. ISBN 84-7615-983-8.
- ↑ "“Internal Carotid Artery” (Medical Neuroscience)". Loyola University medical education network.
- ↑ Bouthillier, Alain; van Loveren, Harry; Keller, Jefferey (marzo de 1996). "Segments of the internal carotid artery: a new classification". Neurosurgery 38 (3): 425–432. PMID 8837792. doi:10.1097/00006123-199603000-00001.
- ↑ Osborn, Anne (1999). Diagnostic Cerebral Angiography (2nd ed.). Philadelphia, PA, USA: Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 0-397-58404-0.
- ↑ Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006). "Capítulo 364. Enfermedades cerebrovasculares". Harrison online en español (en castelán). McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arteria carótide interna |
- Anatomía das arterias carótides en vídeos (en castelán).