Saltar ao contido

Arthur Honegger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArthur Honegger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Oscar-Arthur Honegger Editar o valor en Wikidata
10 de marzo de 1892 Editar o valor en Wikidata
Le Havre, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1955 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Vincent Cemetery (en) Traducir, 8 Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio de París
Universidade de Artes de Zurique (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor de música clásica, compositor de bandas sonoras, profesor de música, musicólogo, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorConservatorio de París
École Normale de Musique Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, sinfonía e Sardana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCharles-Marie Widor e Vincent d'Indy Editar o valor en Wikidata
AlumnosMarius Constant, Yves Ramette (pt) Traducir, Bohuslav Martinů e Ginette Martenot (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAndrée Vaurabourg (1926–) Editar o valor en Wikidata
ParellaClaire Croiza Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Онеггер Артюр)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.543) Editar o valor en Wikidata
Sitio webarthur-honegger.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006131 Allocine: 37019 Allmovie: p94772
BNE: XX884566 Spotify: 0QDRLNPr0wXKeR5ThXZAUp Musicbrainz: 7bcfc64a-ce4a-4065-947c-d037bca1e230 Songkick: 119585 Discogs: 361807 IMSLP: Category:Honegger,_Arthur Allmusic: mn0001203141 WikiTree: Honegger-75 Find a Grave: 8640946 Editar o valor en Wikidata
Arthur Honegger en 1928.

Arthur Honegger, nado en Le Havre (Francia) o 10 de marzo de 1892 e finado o 27 de novembro de 1955 en París (Francia), foi un compositor suízo e parisiense de adopción (xa que conservou a nacionalidade suíza toda a súa vida). Formou parte do grupo chamado Les Six (Os Seis).

As súas obras máis interpretadas son a súa composición para orquestra (Movemento Sinfónico Nº1) Pacific 231 (1923), que imita o son dunha locomotora de vapor; o seu Movemento Sinfónico Nº2 Rugby (1928), que imita o son dun partido de rugby (zigzagueos na música e os enfados entre os equipos); e tamén son famosas as súas sinfonías, en especial o primeiro movemento da Nº3 litúrgica ('Dies Irae'). A raíz da composición de Pacific 231 unha vez declarou: "Sempre amei as locomotoras con gran paixón. Para min, son seres vivos aos que amo, igual que outros aman ás mulleres ou aos cabalos".

Compositor prolífico e desexoso de ilustrar a transformación da sociedade, sobre todo pola técnica ou o deporte, Honegger escribiu para o teatro, a radio e o cine, así como para a sala de concertos: ballets, cancións, concertos, música de cámara, música de cine, óperas, oratorios, sinfonías.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Le Havre como Oscar-Arthur Honegger (se ben nunca empregou o seu primeiro nome). En 1911, dous anos despois de se matricular no Conservatorio de Zürich (Suíza), s'être inscrit au Conservatoire de Zúric, Honegger o abandonou para estudar no Conservatorio de París, onde estudou violín e coñeceu a Darius Milhaud e Jacques Ibert. Foi alumno de Charles-Marie Widor e Vincent d'Indy. En 1918, abandonou o Conservatorio tendo xa composto melodías, o seu primeiro cuarteto e un poema sinfónico, Le Chant de Nigamon.

Entre a primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial, Honegger foi un compositor prolífico. Compuxo a música para o filme épico Napoleón' de Abel Gance (1927). Unha das súas óperas, Jeanne d'Arc au bûcher (1935), està considerada como o seu traballo máis refinado. Ademais das óperas que escribiu en solitario, colaborou con Jacques Ibert na composición da ópera l'Aiglo (1937) así como na composición da opereta Les Petites Cardinal. Durante este período de tempo escribiu tamén Danse de la Chèvre (1921), unha peza para solo de frauta adicada a René Le Roy, unha peza viva e xuvenil. Moi atado á renovación do repertorio, recibiu a influencia de Igor Stravinski, sobre o cal escriu unha ensaio en 1939.

Honegger estivo sempre en contacto con Suíza, mais co inicio da Guerra e a invasión nazi, encontrouse atrapado en París. Uniuse á Resistencia francesa, aínda que nunca tivo excesivos problemas cos nazis, que lle permitiron seguir traballando sen demasiadas interferencias. Porén, a Guerra foi un duro golpe para o compositor. A pesar diso, dende o inicio da Guerra ata o momento da súa morte escribiu as súas últimas catro sinfonías (dende a segunda ata a quinta), as máis interpretadas.

Arthur Honegger morreu na súa casa en novembro de 1955 vítima dun ataque ao corazón, e está enterrado no Cemiterio de Saint-Vincent do barrio parisiense de Montmartre.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]
  • En 1992 fixéronse selos de correos en Alemaña coa imaxe de Honegger para conmemorar o centenario do nacemento do compositor suízo.
  • A imaxe de Honegger é empregada nos billetes de 20 francos suízos dende 1996

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]