Arthur Uther Pendragon
Arthur Pendragon en Stonehenge no 2010. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1954 (70 anos) Wakefield, Yorkshire, Inglaterra |
Actividade | |
Ocupación | Druída |
Páxina web | warband.org.uk |
Arthur Uther Pendragon, nado como John Timothy Rothwell o 5 de abril de 1954,[1] é un activista ecoloxista, líder neodruída moi coñecido nos medios de comunicación xa que se autoproclama como reencarnación do Rei Artur.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pendragon naceu no seo dunha familia de clase obreira e seu pai era sarxento do exército británico, onde se alistou el tamén ata que se lesionou nun salto de paracaídas, debido a seu gusto polas motos rematou sendo xefe dunha banda de moteiros (coñecida como os sepultureiros) e nos 80 mudou o seu nome polo do nome do rei Artur (conformado mediante o nome Artur seguido do nome do pai do rei Artur, Uther Pendragon, como seus apelidos) sendo coroado a finais dos 90 como rei druída polos representantes doutras cinco ordes neodruídas.
Activismo
[editar | editar a fonte]Arthur Uther Pendragon comezou a ser coñecido en todo o Reino Unido debido ás súas protestas ante o monumento de Stonehenge para que o goberno abrise o lugar ao público nas datas dos solsticios[3] e equinoccios mediante campañas de presión, acampadas de protesta etc conseguindo que Patrimonio abrise o monumento en 1999. En 2011 encetou unha batalla legal para que os restos humanos de enterramentos prehistóricos do lugar fosen soterrados en canto rematasen as investigacións sobre eles e que non se exhibisen no centro de visitas, foi detido máis de 30 veces por defender os seus propios puntos de vista fronte á burocracia estatal conseguindo que lle permitiran vestir no cárcere preventivo a súa túnica neodruída ao negarse a vestir o uniforme da cadea.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Presentouse no 2010 como candidato independente polo concello de Salisbury,[4][5] repetindo de novo en 2015[6], 2017[7] e 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pendragon & Stone 2003, p. 6.
- ↑ Pendragon & Stone 2003, pp. 38–39.
- ↑ Pendragon & Stone 2003, p. 108.
- ↑ Mayall, Roy (27 de abril de 2010). The Guardian, ed. "All hail Salisbury's King Arthur".
- ↑ BBC News, ed. (26 de abril de 2010). "Minute Manifesto: King Arthur Pendragon (Independent)".
- ↑ Merrill, Jamie (22 de marzo de 2015). The Independent, ed. "Election 2015: Meet the top 12 wacky candidates seeking your vote in May".
- ↑ Salisbury Journal, ed. (11 de maio de 2017). "General Election 2017 Meet the Six Salisbury Candidates".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pendragon, Arthur Uther; Stone, C. J. (2012). The Trials of Arthur: Revised Edition. Thorsons. ISBN 978-0956416315.