Arturo Cervigón Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 13 de xaneiro de 1973 (77/78 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Arturo Cervigón Díaz, nado en Buenos Aires en 1895 e finado na Coruña o 13 de xaneiro de 1973,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico e profesor axudante de lingua inglesa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Masón. Estivo afiliado ao Partido Radical Socialista, despois ao Partido Radical e finalmente a Unión Republicana, sendo concelleiro en Santiago de Compostela en representación deste partido. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era director do Balneario de Villar del Pozo en Cidade Real. Foi destituído en novembro do seu posto na Universidade e sufriu multas e inhabilitación polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. Exerceu de médico en varios balnearios de Castela e deixou a profesión para dedicarse a administrar os bens familiares. Publicou algúns artigos sobre a historia do uso da auga na revista Galicia Clínica en 1963.
Obras
[editar | editar a fonte]- La colesterina en la diabetes y las aguas de Mondariz. Tesis doctoral, 1929.
- Manual de prácticas hidrológicas, 1931 (con Antonia Martínez Casado). Premio Salgado de la Real Academia Nacional de Medicina (1933).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 16-1-1973, p. 75.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) : do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-644-8. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la Cruzada en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. pp. 224–226. ISBN 84-8485-186-9.