Saltar ao contido

Provincia de Cidade Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Cidade Real
Provincia de Ciudad Real (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°N 4°O / 39, -4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Editar o valor en Wikidata
CapitalCiudad Real (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación492.591 (2021) Editar o valor en Wikidata (24,86 hab./km²)
Xeografía
Superficie19.813 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoQ56436434 Traducir (1.371 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Guadiana (360 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDiputación Provincial de Ciudad Real (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal13 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-CR Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES422 Editar o valor en Wikidata
Código INE13 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdipucr.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575382

A provincia de Cidade Real[1] (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa paisaxe está definida pola Meseta Central Ibérica na súa metade setentrional: trátase dun extenso altiplano de horizonte chairo apenas interrompido por outeiros de pouca altura. O sur da provincia está delimitado pola Serra Morena, na que o principal paso cara Andalucía está en Despeñaperros; mentres que no Norte érguense os Montes de Toledo, unha cadea montañosa non moi elevada.

Gran parte do territorio pertence á comarca da Mancha, arredor da cal aparecen as subcomarcas do Campo de Calatrava, o Campo de San Juan e o Campo de Montiel.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río Guadiana é a principal cunca hidrográfica; nace nas lagoas de Ruidera, na parte oriental da provincia, desaparecendo e volvendo a aparecer nos arredores da localidade de Villarrubia de los Ojos. Algúns dos seus afluentes importantes na provincia son o Cigüela, o Záncara e o Jabalón.

O clima da provincia é continental, caracterizado por invernos fríos e veráns moi calorosos.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]